12 [= RM 111,4]
Eu, que nova senhor filh[ei]

Eu, que nova senhor filh[ei],
mal me soube d’afan guardar,
pois ela nunca soub’amar,
atal senhor que vos direi;
mais pero direi-lh’ũa vez
que faça o que nunca fez.
Quen omen sabe ben querer
ja máis servid’én sera,
ca bõa dona vi eu ja
por amar mil tanto valer;
por én lhi direi ũa vez
que faça o que nunca fez.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 39

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 649 [= LPGP 705]); Miranda (2004: 155); Cohen (2010b: 20-21); Marcenaro (2012a: 76); Littera (2016: II, 204-205).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 12); Cotarelo Valledor (1933: 21); Machado & Machado (1949: I, 53); Rios Milhám (2017: I, 12).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 37); Diogo (1998: 7).

Variantes manuscrites


1 filhei] filh-- B   8 ja] ca B

Variantes éditoriales


Os versos 5 e 11, con leve variación elocutiva e perfecta igualdade semántica, son considerados refrán nas edicións de Michaëlis, Cohen e Marcenaro.

4 atal ... vos] a tal ... vus Michaëlis   8 máis] mais [mal] Cohen; servid’én] servid[a] én Michaëlis, Marcenaro : servid[o] én Miranda   10 por] per Miranda

Paraphrase


(I) Eu, que tomei unha nova señora, mal me souben protexer do sufrimento, pois ela nunca soubo amar, tal muller que vos direi; con todo, direille, por unha vez, que faga aquilo que nunca fixo.  

(II) Quen sabe amar a un home, mellor servida será por iso, pois eu xa vin algunha muller nobre valer por mil precisamente por saber amar; por iso lle direi, por unha vez, que faga aquilo que nunca fixo.

Métrique


Cantiga de amor, do tipo de refrán. Consta de dúas estrofas singulars de seis octosílabos agudos.
Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8c 8C (cfr. RM 160:367)
Encontros vocálicos: 8 ma·is

Notes


Texte
  • 3

    O significado deste verso é ambiguo, pois o desenvolvemento conceptual da cantiga permite interpretar que ela é o suxeito de soube ou, tamén, o contrario, considerando ela un CD sen preposición (véxase nota a 10.1).

  • 4

    A introdución da preposición de que Littera realiza vén esixida polo carácter interrogativo que estes editores atribúen ao verso.

  • 5

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 8

    A emenda da forma manuscrita <ca> en ja considera o alto número de ocorrencias en que nos apógrafos italianos, e particularmente en B, se localiza o erro <c>/<i>. Así, véxase, en B, <ca> ja (854.6, 1596.17, 1620.5) e, inversamente, <Iantar> cantar (1635.9).
    Por outra parte, existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). A partir deste feito, son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría. En calquera caso, para a correcta interpretación do verso e da pasaxe, deberase ter en conta que o adverbio ja vai ligado a sabe ben querer (v. 7), face a máis, que modifica servida.

  • 10

    A locución mil tanto equivale a ‘mil veces máis’ (véxase tamén 964.20), como outros numerais + tanto que se poden achar na restante produción medieval: dous/duas tanto ~ dous atanto ‘dúas veces máis, duplicado’ nas Cantigas de Santa Maria (CSM 411.26), na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (Lorenzo 1975: I, 528), na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: III, 113; IV, 125) ou na versión portuguesa da Crónica Troiana (Nunes 1986: s.v.) etc.; tres tanto ~ tres tanto mays na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (Lorenzo 1975: I, 527) ou na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 81); cem tanto (Miranda 2016: 261), entre outros exemplos.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé