I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 399); Zilli (1977: 109-110 [= LPGP 416-417]); Cohen (2003: 462); Littera (2016: I, 482).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 286-287); Braga (1878: 157); Machado & Machado (1956: V, 341).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 63); Torres (1977: 72); Pena (1990: 120); Jensen (1992: 150); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 94); Magalhães (2007: 106).
4 Eu] en V 9 vos] uos BV; e] et V 10 terrei] teirey B 16 á] al B
3 vos ... vos] vus ... vus Zilli 6 vos] vus Zilli 8 vos] vus Zilli 9 vos] vós Zilli 10 vos] vus Zilli 12 vos] vus Zilli 15 avemos] avemus Zilli 16 vos] vus Zilli 18 vos] vus Zilli
(I) –Filla, de boa vontade querería saber do voso amigo e mais de vós unha cousa: como vos vai ou como o levades.
–Quérovolo eu, miña nai, dicir: quérolle eu ben e el quéreme ben a min, e ben vos digo que non hai máis nada aí.
(II) –Filla, non sei se hai máis niso, se non, mais véxovos sempre falar con el e véxovos chorar a ambos.
–Non vos hai niso, madre, outro motivo: quérolle eu ben e el quéreme ben a min, e ben vos digo que non hai máis nada aí.
(III) –Se mo ocultardes, filla, pesarame, pois, se hai niso algo máis, sexa como for, daquela precisamos doutra resolución.
–Eu xa vos dixen, madre, todo canto aí hai: quérolle eu ben e el quéreme ben a min, e ben vos digo que non hai máis nada aí.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:103)
Encontros vocálicos: 10 madre,‿i; 13 mi͜-o, -mi͜-á
O encontro de quer co pronome persoal lo/a(s) de terceira persoa en función de CD xera un conglomerado que-lo (quer-lo > quel-lo > que-lo) que rara vez se rexistra nos textos medievais.
Na lingua trobadoresca os pronomes persois oblicuos, tónicos, poden ser utilizados en función de complemento directo sen preposición: nótese no verso este uso en el, coordinado co clítico vos (e vejo-vos chorar e el chorar).
Nótese a inhabitual colocación do adverbio i tras pausa (Non vos terrei, madre, i outra razon) que permite a sinalefa. Cfr. nota a 905.1.
A locución a como quer ‘sexa como for, de calquera modo’ só se atesta noutra cantiga máis (1474.10).