238 [= RM 148,9]
Fiz meu cantar e loei mia sennor

Fiz meu cantar e loei mia sennor
máis de quantas outras donas eu vi,
e, se por est’an queixume de min
as outras donas ou mi an desamor,
ajan de seu quen delas diga ben
e a quen façan muito mal por én,
ca ben assi faz a min mia sennor
e máis fremosa dona nen mellor
de quantas oj’eu sei, per bõa fe,
e vejan que faran, ca j’assi é;
e, se me por aquest’an desamor,
ajan de seu quen as lo’e enton
nunca lles por én façan se mal non,
ca non faz a min a minna mellor.
E, se m’eu ei de mi-a loar sabor,
non an por én por que se mi assannar;
mais ar ajan de seu quen as loar
e a quen ajan por én desamor
com’a min faz aquela que eu ja
loarei sempre: sei ben que non á
de fazer a min ben niun sabor,
ca, se m’algun ben quisesse fazer,
ja que-que[r] m’én fezera entender
des quant’á que a fillei por sennor!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 132, B 253

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 268-269 [= LPGP 922-923]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 128-129); Littera (2016: II, 481-482).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 107); Carter (2007 [1941]: 79-80); Marques Braga (1945: 251-252); Machado & Machado (1950: II, 20-21); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 238).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 245-246); Diogo (1998: 110-111).

Variantes manuscritas


1 Fiz] (S)Fiz B   3 queixumede mí] quexume de / min A   7 min] mj B   8 e] A B   9 bõa] boa A   10 j’assi] ia si A : iaassi B   11 me] mj B; aquest’an] aq̄sto am B   13 lles] les A   16 se mi assannar] xima’ssanhar B   19 aquela] a q̄lla A   20 ben] om. B   21 fazer] faz B; niun] nē huū B

Variantes editoriales


3 min] mi Michaëlis, Littera   8 e] A Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro : a Littera   10 j’assi] ja ‘si Michaëlis, Littera : ja si Lorenzo Gradín & Marcenaro   12 lo’e] loe Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   17 quen as] quen-nas Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   20 sempre] sempr’, e Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro : sempr’e Littera   21 niun] nẽum Littera   24 quant’á] quand’á Michaëlis

Paráfrasis


(I) Fixen o meu cantar e louvei a miña señora máis que cantas outras mulleres eu vin, e, se por isto teñen queixa de min as outras mulleres ou me teñen desamor, teñan de seu quen fale ben delas e a quen fagan moito mal por iso, porque así me fai a min a miña señora (II) e máis fermosa dona e mellor de cantas hoxe eu coñezo, sen dúbida, e vexan o que farán, porque é así; e, se por isto me teñen desamor, teñan de seu quen as louve e entón nunca por iso lles fagan outra cousa agás mal, pois a min a miña (señora) non me fai cousa mellor.

(III) E se eu teño gusto en a louvar non teñen por que se enfadar comigo; mais teñan tamén de seu quen as louvar e a quen teñan desamor como a min me fai aquela que eu xa sempre louvarei: sei ben que non ten ningún desexo de me facer ben, (IV) porque, se algún ben me quixese facer, algo diso me faría xa entender desde que a tomei por señora.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= RM 161:94)

Encontros vocálicos: 4 mian; 15 mi-‿a; 16 miassannar

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 8

    Todos os editores optan pola lección de B, ao tempo que desligan as dúas estrofas; porén, o texto subministrado por A, coa copulativa inicial do v. 8, é perfectamente admisíbel, con continuidade do discurso.

  • 10

    Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-; cfr. as representacións ja ‘si ~ ja si doutros editores), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’alguen (92.24), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.

  • 12

    A segmentación da copulativa en lo’e facilita a sintaxe e evita a aparición de cláusulas sen conxunción de enlace sen enlace sintáctico.

  • 13

    Neste verso, xunto con 89.3 e 5, 252.6 e 317.16, en A rexístrase aparentemente a forma le(s) para o pronome lle(s), hipotético testemuño da forma arcaica do pronome (procedente do lat. ĭllī), que se atesta por veces en textos prosísticos e mais nas Cantigas de Santa Maria. Na realidade, é dificil determinar se se trata dun lapso de escrita con omisión de <l> (cfr., por exemplo, <filei> por <fillei> en 132.9 e 10, 133.4, ou <alur> por <allur> en 403.3) ou se verdadeiramente son formas reais. Cfr. nota a 423.18.

  • 19

    No Cancioneiro da Ajuda, é certamente esporádica a grafía etimoloxizante <ll> /l/, que achamos en fala <falla> (65.6) e aquela <a q̄lla>~<a quella> (238.19, 429.18). Cfr. nota a 1.28. En calquera caso, a grafía <ll> en aquela debe ser unha grafía etimolóxica máis do que un hipotético castelanismo.

  • 20

    Fronte aos editores anteriores, non segmentamos a copulativa en sempre porque o final da composición, a partir de sei, funciona como conclusión da cantiga (vv. 20-24).

  • 23

    En liña coas edicións precedentes, a emenda que-que[r] revélase como a alternativa máis coherente para resolver a intelixibilidade do texto. A forma verbal quer (P3 do presente indicativo) formou historicamente diversos pronomes indefinidos, algúns deles exclusivos da lingua medieval, como que-quer ‘algo, calquera cousa, sexa o que for’, que tamén aparece noutras cantigas como tal pronome (24.2355.21, 719.14, 887.21, 958.19, 1244.13) ou facendo parte da locución pronominal al que-quer ‘outra cousa calquera’ (141.12, 254.6, 684.9), que constitúe a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16).

Buscar
    Sin resultados