1154 [= Tav 77,14]
Foi-s’agora meu amig’e por én

Foi-s’agora meu amig’e por én
á-mi jurado que polo meu ben
me quis e quer mui melhor d’outra ren;
mais eu ben creo que non ést’assi,
ante cuid’eu que moira el por mí
e eu por el, en tal ora o vi.
Quando se foi, viu-me triste cuidar,
e logo disse, por me non pesar,
que por meu ben me soube tant’amar;
mais eu ben [creo que non ést’assi,
ante cuid’eu que moira el por mí
e eu por el, en tal ora o vi].
Aquel dia que se foi mi jurou
que por meu ben me sempre tant’amou
e amará, pois migo começou;
mais eu ben creo que non ést’assi,
[ante cuid’eu que moira el por mí
e eu por el, en tal ora o vi].
Par San Servando, sei que sera assi:
de morrer eu por el, e el por min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1150, V 743

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 340 [= LPGP 504-505]); Cohen (2003: 378); Littera (2016: I, 587).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 259); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 224-225); Camargo et alii (1990: 38-39); Burgazzi (2015: 35-36).

Variantes manuscritas


5 moira] moyta BV   9 soube tant’amar] semp̃ tantamã(**) / (eamara poys migo começou) V   10 mais eu ben] mays eu ben (cr) V   13 jurou] uirou V   14 me] om. B   20 morrer] moirer B

Variantes editoriales


En Littera o refrán está constituído unicamente polos vv. 5-6 de cada estrofa.

7 triste cuidar] trist’e cuidar Nunes   20 min] mi Nunes

Paráfrasis


(I) Foise agora o meu amigo e por iso me xurou que polo meu ben me quería e quere moito máis que a ningunha outra cousa; mais eu creo que non é así, antes penso que morrerá el por min e eu por el, conforme o vin.
(II) Cando se foi, viume moi triste, e daquela dixo, por non me causar pesar, que polo meu ben me soubo amar tanto; mais eu creo que non é así, antes penso que morrerá el por min e eu por el, conforme o vin.
(III) O día que se foi xuroume que polo meu ben me amou e amará sempre tanto, pois comigo comezou (a relación amorosa); mais eu creo que non é así, antes penso que morrerá el por min e eu por el, conforme o vin.
(1) Por San Servando, sei que será así: morrerei eu por el e el por min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10B 10B (= Tav 19:19) + 10b 10b

Encontros vocálicos: 19 sera‿assi

Notas


Texto
  • 7

    Nótese a diferente actuación editorial a respecto da segmentación (Nunes) ou non segmentación (Cohen, Littera) de triste nas secuencias triste + cuidar. Véxase nota a 809.12.

  • 19

    Neste caso San Servando refírese directamente ao santo venerado na súa ermida, talvez no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Sin resultados