694 [= RM 79,23]
Foi-s’o meu amigo d’aqui noutro dia

Foi-s’o meu amigo d’aqui noutro dia
coitad’e sanhud’, e non soub’eu ca s’ia;
mais, ja que o sei, e por Santa Maria,
e que farei eu, louçãa?
Quis el falar migo e non ouve guisado,
e foi-s’el d’aqui sanhud’e mui coitado
e nunca depois vi el nen seu mandado:
e que farei [eu], louçãa?
Quen lh’ora dissesse quan trist’oj’eu sejo
e quant[o] oj’eu, mui fremosa, desejo
falar-lh’e vee-l’! E, pois que o non vejo,
e que farei [eu], louçãa?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 679, V 281

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 103 [= LPGP 535]); Cohen (2003: 164); Littera (2016: I, 609).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 111); Braga (1878: 54); Machado & Machado (1952: III, 354).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 162); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 121).

Variantes manuscrites


1 noutro] nontro B   3 Santa] sancta BV   4 louçãa] louçaa BV   5 Quis] Que V   9 quan] q̅n V   10 oj’eu] oleu V

Variantes éditoriales


4 louçãa] louçana Cohen, Littera   5 migo] migu’ Nunes   8 louçãa] louçana Cohen, Littera   10 quant[o]] quant’ Nunes   12 louçãa] louçana Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Foise o meu amigo de aquí o outro día coitado e sañudo, e eu non souben que se ía; mais xa que o sei, e por Santa María, que farei eu, louzá?

(II) El quixo falar comigo e non tivo oportunidade, e foise de aquí sañudo e moi coitado, e nunca despois o vin a el nin un recado seu: e que farei eu, louzá?

(III) Quen lle dixese agora o moi triste que eu estou e canto eu hoxe, fermosa, desexo falarlle e velo! E pois non o vexo, que farei eu, louzá?

Métrique


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 11’a 7’B (= RM 11:7)

Encontros vocálicos: 5 migoe

Notes


Texte
  • 1

    Nótese a similitude deste verso inicial co incipit de 831.1 (Pero da Ponte) e 1124.1 (Pero de Berdia): Foi-s’o meu amigo d’aqui.

  • 4

    Como acontece nunha cantiga de Vaasco Gil (véxase nº 679) e noutra de Martin de Caldas (véxase nº 1215.2), onde se rexistra irmãa (<irmaa> BV) no primeiro verso de cada estrofa e mais no refrán, tamén nesta cantiga aparece un inédito louçãa (<louçaa> BV) que contrasta vivamente co sistemático uso do arcaísmo louçana en diversas cantigas de amigo, especialmente no refrán (582.3, 704.3, 1289.3, 1294.3).

    Por outro lado, no refrán a copulativa introduce a interrogación, a semellanza do que con frecuencia acontece noutras cantigas. Cfr., por exemplo, e se o verei, velida? (705.r). Cfr. nota a 3.21.

  • 9

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé