1124 [= RM 122,3]
Foi-s’o meu amigo d’aqui

Foi-s’o meu amigo d’aqui
sanhudo porque o non vi,
e pesar-mi-á; mais oi
un verv’antig’, onde mi ben
verdadeir’é, ca diz assi:
«Quen leve vai leve x’ar ven».
 
 
 
 
5
 

Manuscripts


B 1121, V 713

En B, após unha lacuna de oito versos (aproximadamente) marcada con +, aparecen copiados os seguintes dous versos:
          Per hūo soyllo prazer
          Pesares uy ia mays de myll.
Despois destes rexístrase novo espazo en branco, que precede o cambio de folio.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 321 [= LPGP 803-804]); Cohen (2003: 353); Littera (2016: II, 331).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 183);  Montero Santalha (2004).

Manuscript variants


2 sanhudo] nhudo V

Editorial variants


Nunes acrecenta dous versos no final da cantiga:
     «Per un soilo prazer
     pesares vi já mais de mil».

En Cohen, pola súa parte, aparecen cancelados:
     |Per †hũo soyllo† prazer <vil>
     pesares vi ja mais de mil|

3 pesar-mi-á] pesar-mi-á [én] Nunes : pesar m’ ia Cohen, Littera   4 antig’, onde mi ben] antigo, de mi ben Nunes : antig’, e de mi ben Cohen

Paraphrase


(I) Foise o meu amigo de aquí sañudo porque non o vin e hame pesar, mais ouvín un proverbio, que é ben certo para min, que di así: «Quen lixeiro vai (tamén) lixeiro volve».

Metrics


Esquema métrico: 8a 8a 8a 8b 8a 8b (= RM 13:53)

Encontros vocálicos: 3 -mi͜-a, ma·is

Notes


Text
  • *

    No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, após un espazo en branco –correspondente a seis liñas e marcado polo copista cunha cruz (+)–, aparecen dous versos, probabelmente pertencentes a un texto tardío incrustado neste final da columna b do folio:
              <Per hūo soyllo prazer
              Pesares uy ia mays de myll>.

    Estes versos foron acrecentados por Nunes á cantiga de Pero de Berdia, a pesar do problema lingüístico da forma <soyllo> e da inexistencia destes dous versos no Cancioneiro da Vaticana, que é un indicio do seu carácter tardío.

  • 1

    O íncipit deste texto é compartido con outra cantiga de amigo, de Pedro da Ponte (831.1). Cfr. tamén Foi-s’o meu amigo d’aqui noutro dia, verso inicial dun poema de Joan Soarez Coelho (694.1).

  • 3

    Coa contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as emendas dos editores neste verso (integración de én, Nunes; pesar-m’-ia en Cohen e Littera), ambas inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 4

    Semella que nin Nunes nin Cohen foron conscientes da posibilidade interpretativa que permiten as leccións de B (<antigõ de>) e de V (<antigon de>) a través da deglutinación do pronome relativo onde: ‘mais ouvín un proverbio, que me é ben verdadeiro’.

    O vervo (‘proverbio popular’) que aparece na cantiga tamén se rexistra como elemento importante noutras composicións, con frecuencia no sintagma verv’antigo1  (Filgueira Valverde 1992: 168-169). Véxase 633.1, 697.16, 1312.4, 1389.2, 1407.19, 1521.7, 1640.4.

  1. ^

    Na Crónica Geral de Espanha de 1344 recibe o nome de palavra antiga, sinónimo do sintagma consagrado na lírica trobadoresca: querote dizer hũa palavra antiga que diz assy: «Sempre homem merca bem com o torpe e com o coytado» (Cintra 1952-1990: III, 383).

Search
    No results