843 [= RM 138,1]
Foste-vos vós, meu amigo, d’aqui

Foste-vos vós, meu amigo, d’aqui
noutro dia sen vo-lo eu mandar,
e ei-vo-l’ora ja de perdoar
porque veestes chorar ante min?
E, quant’é esto, pass’agor’assi,
mais outra vez non engueedes én.
Meu talan era de vos non parcir
porque vos fostes sen meu grad’enton,
e ora sodes cobrad’en perdon,
que me veestes mercee pedir;
e non quer’ora máis depos est’ir,
mais outra vez non engueedes én,
ca, se vos ora fui perdoador,
mesura foi que mi-o fezo fazer,
ca me veestes chorand’, e dizer:
«por Deus, mercee, mercee, senhor»;
e, quant’é, ora serei sofredor,
mais outra vez non engueedes én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 847, V 433

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 225 [= LPGP 882]); Cohen (2003: 306); Littera (2016: II, 425).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 161-162); Braga (1878: 82); Machado & Machado (1953: IV, 168); Cohen (1991: 37-38).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 222).

Varianti manoscritte


5 e] et V   7 parcir] partir V   9 sodes] ssedes V   10 que] por q̄ B : por que V; pedir] pedar V   11 e] et V   13 fui] ssuy V   14 foi] ssoy V   15 veestes] ueiestes V   16 por] poi B : per V; mercee, mercee] m’çeē m’çee B : merzee merzee V   17 e] et V; sofredor] ssoff’ do(o)r B : ssoffedor V   18 outra] ent̃ B

Varianti editoriali


1 Foste-vos] Foste<s> vos Cohen : Foste[s]-vos Littera   4 veestes] vẽestes Cohen; min] mi Nunes   5 agor’assi] agora, si Cohen   6 engueedes] [m]’engue[n]edes Cohen, Littera   10 que me veestes] porque me veestes Nunes : ca me vẽestes Cohen   12 engueedes] [m]’enguenedes Cohen, Littera   15 veestes chorand’, e dizer] vẽestes chorand’, e dizer Nunes : vẽestes chorando dizer Cohen : veestes chorando dizer Littera   18 engueedes] [m]’enguenedes Cohen, Littera

Parafrasi


(I) Fóstesvos, meu amigo, de aquí o outro día sen volo eu mandar, e agora teño que volo perdoar porque viñestes chorar ante min? E, canto a isto, que sexa agora así, mais non vos afagades a iso outra vez.

(II) O meu desexo era non vos perdoar porque vos fostes sen o meu permiso, e agora obtedes perdón porque me viñestes pedir mercé, e non quero xa ir alén disto, mais non vos afagades a iso outra vez, (III) porque, se agora vos perdoei, foi a mesura a que mo fixo facer, pois viñestes chorando e dicindo «por Deus, mercé, mercé, señora»; e, canto a isto, agora soportareino, mais non vos afagades a iso outra vez.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C (= RM 136:1)

Encontros vocálicos: 14 mi͜-o

Note


Testo
  • 1

    Este verso de Reimondo constitúe tamén o incipit dunha cantiga de Martin de Padrozelos (1261.1). Porén, nesta ocorrencia a forma verbal no encontro co pronome átono vos mostra unha asimilación fonética de /s/ que volvemos achar en 971.3 (foste-vos i escudeiro chamar). Unha asimilación fonética similar aparece tamén no encontro de vos ou pois con lhe (véxase nota a 106.14).

  • 5

    Véxase a segmentación de Cohen, estabelecendo un adverbio de afirmación (agor’assi > agora, si), que contrasta vivamente coa exclusiva presenza deste tipo de adverbios no inicio dos parlamentos (véxase 593.2; 594.4, 10 e 16; 1240.12).

  • 6

    O hapax enguear (‘vezar, afacerse, acostumarse’) é voz controversa e de etimoloxía escura, relacionada por Carolina Michaëlis con engar, documentada desde Gil Vicente (véxase Michaëlis 1895b: 151-155). A forma engar é recollida en Bluteau: «engar com alguem. (Termo do vulgo) Pegar com alguem [...] Engar. (Termo de Caçador) Quando as rezes continuão em pastar em huma seara usaõ os caçadores do verbo Engar, v. g. Engou os grãos, engou os chicharos, engou as favas»; e, de novo, arredor da variante ingar: «Dizse do animal, a que se deu de comer, vem outra vez; ou do homem, que continua, no que tem achado conveniencia» (cfr. CLP, s.v. engar).

    En calquera caso, a lección dos códices é unánime e dificilmente se pode xustificar unha forma enguenar como variante de enganar (Cohen, Littera), nunca documentada na lingua medieval ou moderna, e que esixiría, outrosí, a integración do pronome me. Acreditamos que as marcas interpretadas por Cohen como abreviatura de nasal en <enguéédes> nos vv. 12 e 18 son, na realidade, plicas herdadas do antígrafo, o mesmo que sucede con <uééstes> no v. 15 ou <m’céé> no v. 16 (nótese como na primeira aparición de mercee esas plicas xa foron convertidas na indicación gráfica dunha inexistente nasalidade (<m’çeē>).

  • 7

    A voz talan (‘desexo, vontade, inclinación’)  é palabra de orixe galo-románica, seguramente provenzal (cfr. prov. talan ~ talen,  fr. talant, do lat. talentum), que escurece o uso de talante (só en 924.21 e 1334.11). Véxase García-Sabell Tormo (1990: s.v. talan).

    O verbo parcir ‘perdoar’ (< parcere ‘aforrar, economizar; deixar de, omitir; perdoar etc.’) semella unha voz minoritaria e propia do rexistro poético, pois presenta só cinco atestacións na poesía profana (76.20, 752.8, 827.8 e 10) e outros seis rexistros nas Cantigas de Santa Maria (véxanse CSM 28.33, 115.168, 145.57, 174.25, 175.91 e 272.52). Non se recollen ocorrencias desta voz na produción prosística medieval.

  • 9

    Nótese a variante (minoritaria) sedes na copia do Cancioneiro da Vaticana, fronte á maioritaria e xeral sodes. Véxase nota a 732.8

  • 10

    Sendo posíbel a medida bisilábica de mercee (que só atestamos en 4.11), parece máis pertinente considerar a existencia dun erro de copia, que introduce un por, substituindo que (causal) con porque: deste modo, e eliminando o elemento espúrio, o texto mantén todo o sentido e, aliás, restáurase o acento na 4ª sílaba. A escrita errada de porque en lugar de que está documentada en varias pasaxes dos cancioneiros. Así, 316.12 e 310.12 (B vs. A), ou 1377.14 (BV).

    En calquera caso, non semella defendíbel, desde o punto de vista ecdótico, a emenda de porque con ca, emenda que Cohen realiza na súa edición.

  • 15

    Interpretamos veestes (fronte a un posíbel vẽestes) a partir de <uééstes> B (con plicas) e <ueiestes> V (véxase nota ao v. 6).

    É desnecesaria a emenda que Cohen (e Littera) realiza neste verso, pois dizer vai coordinado con fazer (v. 14): mesura foi que mi-o fezo fazer, / ..., e dizer: / ...

     

Cerca
    Nessun risultato trovato