769 [= RM 70,26]
Fostes, amig’, oje vencer

Fostes, amig’, oje vencer
na voda en bafordar ben
todo-los outros, e praz-m’én;
ar direi-vos outro prazer:
a leva do parecer da voda,
per boa fe, eu mi-a levo toda.
E, poi-los vencedes assi,
nunca devian a lançar
vosc’, amigo, nen bafordar;
ar falemos logo de mí:
a leva do pare[cer da voda;
per boa fe, eu mi-a levo toda].
E muito mi praz do que sei:
que vosso bon prez verdad’é,
meu amigo; e, per bõa fe,
outro gran prazer vos direi:
a leva do pa[recer da voda,
per boa fe, eu mi-a levo toda].
A toda-las donas pesou,
quando me viron sigo estar,
e punharon de s’afeitar;
mais praza-vos de como eu vou:
a leva [do parecer da voda,
per boa fe, eu mi-a levo toda].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 752, V 355

Edicions


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 96 [= LPGP 450-451]); Nunes (1973 [1928]: 168-169); Cohen (2003: 242); Littera (2016: I, 524-525).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 137-138); Braga (1878: 67-68); Machado & Machado (1953: IV, 60-61); Domingues (1992: 51); Cohen (1996: nº 13).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 38-39).

Variants manuscrites


2 en] eu BV   5 voda] noda B   6 levo] leno V   7 -los] lus V   8 lançar] lancar B : lanzar V   10 logo] loguo BV   11 do] de B   20 viron] ui tō V   22 eu] en V

Variants editorials


5 a leva do] alevad’ o Nobiling   6 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling   11 a leva do] alevad’o Nobiling   12 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling   17 a leva do] alevad’o Nobiling   18 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling   22 eu] en Nunes   23 a leva [do] alevad’o Nobiling   24 boa] bõa Nobiling, Cohen, Littera; mi-a levo] mh-alevo Nobiling

Paràfrasi


(I) Amigo, hoxe vencestes a todos os outros no manexo da lanza (nos torneos celebrados) na voda, e estou moi gozosa por iso; tamén vos direi outro motivo de gozo: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.

(II) E xa que así os vencedes, nunca máis debían competir contra vós, amigo, no manexo das lanzas; falemos tamén logo de min: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.

(III) E moito me agrada o que sei: que a vosa fama é verdadeira, meu amigo; e, abofé, direivos outro motivo de gozo: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.

(IV) A todas as damas lles pesou, cando me viron estar entre elas, e fixeron canto puideron por se enfeitar; mais sentide gozo por como eu vou: o premio á beleza da voda, abofé, lévoo eu todo.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 9’C 9’C (= RM 160:312)

Encontros vocálicos: 6 mi͜-a; 12 mi͜-a; 15 amigo;e; 18 mi͜-a; 20 sigoestar; 22 comoeu; 24 mi͜-a

Notes


Text
  • 2

    Bafordar ‘tirar lanzas en xogos de cabalaría’ (tamén en 478.30, 723.2, 1365.15) é sinónimo de lançar a tavolado (véxase v. 27). Ambas as dúas formulacións aparecen decote unidas en diversas narracións medievais de teor cabaleiresco:

    Os castelãos a hũu cabo alançauã et quebrantauã os tauolados, et os outros tragiã armas et bufurdauã (...) Et forõ y grandes alegrias ademays de lãçar a taualados et de bofurdar et correr touros et de jogar tavolas et açedrẽches et moytos iograres (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 138, 176).

    Mays todos cada día andauã ante ela bufurdando et lançando o trauado (...) Et os caualeyros lançauã a trauados et bufurdauã (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 720, 721).

    Vaasco Gonçalvez Peixoto, que foi de boas manhas em lançar a cavalo a tavolado e em bafordar e em nas outras cousas que perteencem a fidalgo (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: III, 42).
     
    E baffordavã e britavã tavolados e filhavã escudos e lanças (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: III, 80).

  • 5

    O substantivo leva é o ‘acto de levar ou conseguir’ e de aí ‘premio’, ‘vitoria’; só volve aparecer nunha cantiga de Afonso Sanchez (381.11):

              Se foss’eu o que vos leva,

              levar-vos-ia en bon dia,

              ca non faria mal leva

              d’outra, e máis vos diria:

              porque vós levades leva

              das outras en melhoria,

              por én son eu o que leva

              por vós coitas noit’e dia.

  • 7

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<lus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 8

    Lançar refírese ao mesmo xogo cabaleiresco, como mostra a aparición de bafordar e lançar nos vv. 8-9, así como nunha cantiga afonsina (478.27):

              Nen de lançar a tavolado
              pagado
              non sõo, se Deus m’ampar
              (ad’eu), nen de bafordar.

    A mesma referencia (burlesca) a lançar aparece en varias cantigas de Lopo Lias (1360.23, 1362.14, 1364.1 e 7).

  • 21

    Afeitar ‘enfeitar’ é documentación única na lírica trobadoresca.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat