355 [= RM 44,2]
Gradesc’a Deus que me vejo morrer

Gradesc’a Deus que me vejo morrer
ante que máis me soubessen meu mal,
ca receei saberen-mi-o máis d’al;
e os que cuidan máis end’a saber,
praz-me muito porque non saben ren
de que moiro nen como nen por quen.
De m’entenderen avia pavor
o que m’eu sei eno meu coraçon;
mas ja que moir’, assi Deus me perdon,
os que viveren, pois eu morto for,
praz-me muito porque non s[aben] r[en
de que moiro nen como nen por quen].
Pero choravan estes ollos meus
con mui gran coita, sempre me calei,
que nunca dix’ũa cousa que sei;
mais, como quer que mi-o aja con Deus,
praz-me muito porque non saben r[en
de que moiro nen como nen por quen].
E ben tenno que me fez Deus i ben
porque mia coita non forçou meu sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 219, B 386

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 422-423 [= LPGP 302]); Littera (2016: I, 333); Bruno (2022: 92-94).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 141); Carter (2007 [1941]: 128); Machado & Machado (1950: II, 172); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 355).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 183).

Variantes manuscritas


1 morrer] moirer B   2 máis] mas A; me] om. B   3 ca] que B   4 cuidan máis end’] euydam en mays B   5 -me muito porque non saben ren] mi muyto deque non sa<...> B   6 de que] de (i)comeu B; quen] que B   8 m’eu sei eno meu coraçon] eu sei nomen coracō B   9 mas] mays B; moir’, assi Deus me] moyra se ds̄ mi B   10 viveren, pois eu] hi uyuem pois en en B   11 me] mi B; porque] de que A   13 choravan] chorā B   14 me] men B   15 ũa] uħa B   16 mi-o] o B   17 me] mi B   19 ben tenno que me] be tenheu q̄mj B   20 forçou meu] forcou o B

Variantes editoriais


2 máis] mas Bruno   14 me calei] m'eu calei Bruno   15 ũa] ua Littera   19 tenno] tenh’eu LitteraBruno   20 mia] mi-a MichaëlisBruno

Paráfrase


(I) Agradezo a Deus que me vexo morrer antes de que me soubesen máis do meu mal, pois máis que ningunha outra cousa receei que mo soubesen; e a respecto dos que pensan que saben máis diso, práceme moito porque nada saben de que morro nin como nin por quen.

(II) Tiña pavor de se decataren do que eu sei no meu corazón; mais xa que morro, así Deus me perdoe, a respecto dos que vivan, despois de eu morrer, práceme moito porque nada saben de que morro nin como nin por quen.

(III) Aínda que choraban estes meus ollos con gran coita, sempre calei, que nunca dixen unha cousa que sei; mais, como queira que mo resolva con Deus, práceme moito porque nada saben de que morro nin como nin por quen.

(1) E considero que Deus me fai ben niso porque a miña coita non forzou o meu xuízo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:56)

Encontros vocálicos: 3 -mi-‿o; 16 mi-‿o

Notas


Texto
  • 2

    É moi esporádico o erro de copia (por omisión) en A no adverbio de cantidade máis, pois só volve aparecer <mas> como adverbio en 277.16 e 305.r1.

    Canto á omisión de me en B, talvez foi inducida polo eventual valor bisilábico de máis (véxase nota a 12.8).

  • 3

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 4-6

    Nestes versos e mais nos vv. 10-12 detéctase a frecuente concordancia ad sensum de moitas pasaxes das cantigas, neste caso provocado polo enlace entre a estrofa e o refrán: ‘e (d)os que cuidan...’. E no v. 10 volve acontecer o mesmo, coa reiterada omisión da preposición de: ‘e (d)os que viveren...’. Véxase nota a 250.3-4.

  • 7-8

    Nótese o hipérbato nestes dous versos: ‘avia pavor de m’entenderen / o que m’eu sei ...’.

  • 10

    As diverxentes leccións de A e B mostran a dupla posibilidade sintáctica de utilización de futuro de subxuntivo ou, alternativamente, presente indicativo en cláusulas subordinadas relativas con sentido condicional. Ademais, neste caso B nivelou metricamente o verso coa inclusión do adverbio i para compensar a sílaba perdida co uso do presente (viveren / i viven).

  • 16

    Enténdase: ‘como é un asunto entre eu e Deus / práceme moito ...’.

  • 20

    É lexítimo deglutinar mi a (pronome persoal + artigo), tal como Michaëlis fixo, e fixar un texto porque mi a coita forçou meu sén (= porque a coita mi forçou meu sén).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Procurar
    Não foram encontrados resultados