51 [= RM 46,2]
Gran mal me faz agora’l-rei

Gran mal me faz agora’l-rei,
que sempre servi e amei,
porque me parte d’u eu ei
prazer e sabor de guarir:
se m’eu da Marinha partir,
non poderei alhur guarir.
Muit’é contra mí pecador
el-rei, fort[e] e sen amor,
porque me quita do sabor
e grande prazer de guarir:
se m’eu da Marinha partir,
[non poderei alhur guarir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 78

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 712); Martínez Pereiro (1992: 55 [= LPGP 310]); Lopes (2002: 31); Littera (2016: I, 343-344).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 26); Machado & Machado (1949: I, 102); García (2001: 37); Rios Milhám (2017: I, 51); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 58).
III. Antoloxías: Jensen (1992: 112); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 70); Arias Freixedo (2003: 206-207).

Variantes manuscritas


3 parte d’u] parce hu B   5 Marinha] Marmha B   7 pecador] pcc̄ador B   8 fort[e] e] force B   10 prazer] sabor B   11 Marinha] Mariā B

Variantes editoriais


1 agora ‘l] agor ‘el Lopes

Paráfrase


(I) Gran mal me fai agora o rei, a quen sempre servín e amei, porque me afasta de onde eu teño pracer e gusto de vivir: se me eu da Mariña afastar, non poderei vivir noutro lugar.

(II) Moito peca contra min o rei, cruel e sen amor, porque me afasta da alegría e do gran pracer de vivir: se me eu da Mariña afastar, non poderei vivir noutro lugar.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8a 8a 8b 8B 8B (= RM 19:27)

Notas


Texto
  • 1

    Non é frecuente a crase vocálica do artigo el- co vocábulo anterior. Véxanse outros casos en pera ‘l-rei (892.1) e manda ‘l-rei (1434.15), que invalidan a opción banalizadora de Lopes. Véxase nota a 73.19.

  • 3

    A semántica impón a emenda de B, partindo do erro <h>/<d> (cfr. en B <hu͂a> vs. d’u͂a, 633.4), que crea a confusión <hu>/<du>, confusión que se pode encontrar, por exemplo, en 213.2.

  • 5

    Nótese o xogo con Marinha, antropónimo e/ou topónimo.

  • 10

    O erro de copia en B é evidente, considerando que sabor se encontra no verso precedente. Para a emenda, temos presente o v. 4, cos dous substantivos afectados colocados en orde inversa.

Procurar
    Não foram encontrados resultados