604 [= RM 25,39]
Gran temp’á, meu amigo, que non quis Deus

Gran temp’á, meu amigo, que non quis Deus
que vos veer podesse dos olhos meus,
e non pon con tod’esto en mí os seus
olhos mia madr’, amig’; e, pois ést’assi,
guisade de nos irmos, por Deus, d’aqui,
e faça mia madr’o que poder des i.
Non vos vi, á gran tempo, nen se guisou,
ca o partiu mia madr[e], a que pesou
daqueste preit’, e pesa, e min guardou
que vos non viss’, amig’; e, pois ést’assi,
guisade [de nos irmos, por Deus, d’aqui,
e faça mia madr’o que poder des i],
que vos non vi á muito e nulha ren
non vi des aquel tempo de nen un ben,
ca o partiu mia madr[e] e fez por én
que vos non viss’, amig’; e, pois ést’assi,
guisade de nos irmos, por Deus, d’aqui,
[e faça mia madr’o que poder des i].
E, se [o] non guisardes mui ced’assi,
matades vós, amig’, e matades min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 587, V 190

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 89-90 [= LPGP 194-195]); Nunes (1973 [1928]: 39-40); Cohen (2003: 623); Littera (2016: I, 232-233).
II. Outras edicións: Moura (1847: 171-172); Monaci (1875: 75); Braga (1878: 38); Machado & Machado (1952: III, 221-222); Júdice (1997: 47); Montero Santalha (2004).
III. Pimpão (1942: 71).

Manuscript variants


1 quis] ꝗs V   5 nos irmos] uꝯ humꝯ V   6 mia] ma B   7 gran] g̃ra B   13 muito] muyta B   15 ca o] cau V   17 irmos] humos V

Editorial variants


2 vos] vós Lang   9 min] mi Nunes, Littera   10 vos] vós Lang   13 vos] vós Lang   14 nen un] nenhum Lang, Nunes : nẽum Littera   16 vos] vós Lang   20 matades vós] matades-vos Littera; matades min] matades mi Lang, Nunes : matades-mi Littera

Paraphrase


(I) Moito tempo hai, meu amigo, que non quixo Deus que vos puidese ver cos meus ollos, e por iso xa miña nai non pon tanto os seus ollos en min (para me vixiar), amigo; e, xa que é así, tratade, por Deus, de nos irmos de aquí, e despois miña nai que faga o que puider.

(II) Non vos vin desde hai moito tempo, nin cadrou, porque o impediu miña nai, a quen lle pesou e pesa esta relación, e vixioume para que non vos vise, amigo; e xa que isto é así, tratade, por Deus, de nos irmos de aquí, e despois miña nai que faga o que puider, (III) porque hai moito tempo que non vos vin e desde entón non vin ningunha cousa de ben, pois impediumo miña nai e por iso fixo que non vos vise, amigo; e xa que isto é así, tratade, por Deus, de nos irmos de aquí, e despois miña nai que faga o que puider.

(1) E se non o fixerdes así moi cedo, amigo, matádesvos vós e matádesme a min.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 11a 11a 11a 11b 11B 11B + 11b 11b (= RM 19:6)

Notes


Text
  • *

    Nótese a repetición da secuencia final e, pois ést’assi no cuarto verso (vv. 4, 10, 16) das tres estrofas (en realidade, no caso dos vv. 10 e 16 repítese literalmente o verso íntegro).

  • 6

    En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 9

    Nesta cantiga aparecen varios pronomes (min, v. 9; vós e min, v. 20), que, cal as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), funcionan como complemento directo sen preposición, como forma libre.

  • 19

    A hipometría versal confirma a ausencia do CD de guisar, restaurado xa por todos os editores a seguir a condicional, con interpolación xeral na lingua das cantigas. Cfr., por exemplo, e, se o non ar quiseren fazer (170.25); e, se o non fezesse assi (215.17); e, se o non fezerdes (1674.10) etc.

  • 20

    A lección de Littera (matades-mi vs. matades mí), que implica un pronome átono en posición de rima (véxase nota ao v. 9), non é posíbel. Neste caso,  cumpre función de CD sen preposición, tal como acontece con certa frecuencia coas formas pronominais tónicas oblicuas.

Search
    No results