509 [= Tav 25,40]
Grave vos é de que vos ei amor

Grave vos é de que vos ei amor,
e, par Deus, aquesto vej’eu mui ben;
mais empero direi-vos ũa ren,
per boa fe, fremosa mia senhor:
se vos grav’é de vos eu ben querer,
grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer.
Grave vos é, ben vej’eu que é assi,
de que vos amo máis ca min nen al
e que [e]st’é mia mort’e meu gran mal;
mais, par Deus, senhor, que por meu mal vi,
se vos grav’é de vos eu ben querer,
[grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer].
Grave vos ést’, assi Deus mi perdon,
que non podia máis, per bõa fe,
de que vos am’, e sei que assi é;
mais, par Deus, coita do meu coraçon,
se vos grav’é de vos eu ben querer,
[grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer],
pero máis grave dev’a min seer
quant’é morte máis grave ca viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 511, V 94

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 22-23 [= LPGP 195]); Nunes (1972 [1932]: 87-88); Eirín (2015: 101); Littera (2016: I, 173).
II. Outras edicións: Moura (1847: 22-24); Monaci (1875: 42-43); Braga (1878: 19-20); Machado & Machado (1952: III, 30); Júdice (1997: 91); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 198-199).

Variantes manuscritas


5 vos] uos B   6 non] n̄ BV   9 E queste g̃rm mha morte meu mal B : eq̄ste gm̄ mha morte meu mal V   10 mal] mol V   13 perdon] pardō B   14 bõa] boa B   16 coraçon] corazō B   19 dev’a min seer] demamī de seer B : deuiamj̄ de seer V   20 quant’é] Qʷte B

Variantes editoriais


7 que é] qu’é Lang, Nunes; assi] 'si Littera   9 que [e]st’é] qu’este grav’é Nunes   14 podia] poderia Lang; bõa] boa Nunes   19 seer] de seer Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Pésavos o feito de que vos ame e, por Deus, eu ben vexo que así é; mais direivos unha cousa, abofé, miña señora: se vos resulta grave que eu vos ame, tamén me é grave a min, mais non podo facer outra cousa.

(II) Pésavos moito, ben vexo eu que é así, que vos ame máis que a min nin a calquera outra cousa, e (ben vexo) que isto é a causa da miña morte e do meu gran mal; mais, por Deus, señora, que vin para o meu mal, se vos resulta grave que eu vos ame, tamén me é grave a min, mais non podo facer outra cousa.

(III) Tanto vos pesa que vos ame, así Deus me perdoe, que non podía máis, abofé, e eu sei que é así; mais, por Deus, coita do meu corazón, se vos resulta grave que eu vos ame, tamén me é grave a min, mais non podo facer outra cousa, (1) aínda que a min deve serme tanto máis grave (que a vós) como máis grave é morrer que vivir.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:20)

Encontros vocálicos: 7 é‿assi

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta unha obvia intertextualidade coa cantiga 946, de Joan Airas de Santiago, que parece aproveitar o texto de Don Denis (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 226-228).

  • 3

    A conxunción adversativo-concesiva empero ‘porén, aínda que’ (véxase 277.8), forma derivada de pero, aparece maioritariamente formando parte de locucións conxuntivas de tipo adversativo ou concesivo, como ma(i)s empero (276.15 e 493.6) e tamén e empero (véxase nota a 315.18).

  • 6

    Nótese a abreviatura <ñ> para non, que só volve aparecer en BV en 521.11, mais que V presenta en 544.6, 857.13 e 1447.10 (<ũ> = <ñ>). No Cancioneiro da Ajuda é certamente rara a súa aparición, que só localizamos na abreviación de non no refrán da derradeira estrofa de A 75 (164.24) e mais en A (214.13).

  • 7

    Nótese como Lang e Nunes emendan o texto para estabelecer unha errada crase de que (véxase tamén nota ao v. 9), no canto de consideraren a frecuente sinalefa é‿assi (véxase nota a 179.30). No mesmo sentido debemos interpretar a redución do adverbio assi en Littera.

  • 8

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 9

    A solución langiana para este verso semella preferíbel á de Nunes, pois precisa emendar o anómalo gran de BV (grave como substantivo, ademais, non cadra no contexto) ao tempo que presenta, de novo, unha errada crase de que.

  • 13

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 19

    A lección dos manuscritos supón hipermetría, pois presentan unha perífrase dever + de + infinitivo, co verbo principal en copretérito (devi'a seer); mais o verso anterior aconsella tempo presente, ao tempo que a vacilación na presenza / ausencia da preposición de neste tipo de perífrases obrigativas é constante no corpus das cantigas, o cal permite realizar a emenda que restaura a isometría versal (dev'a seer). Nese sentido, cabería aínda a posibilidade dunha edición devia min seer, onde devi podería ser unha forma gráfica de deve, tal como sabi aparece por sabe en 109.20 (sabi a coita).
    Finalmente, repárese en que a preposición de é raramente utilizada neste tipo de perífrases (que prefiren a preposición a, véxase nota a 53.9), pois só se rexistra en 101.2, 1017.8 e 1338.2.

  • 19-20

    A fiinda desta cantiga constitúe unha hiperbolización do sufrimento causado polo amor non correspondido. A diferenza entre o pesar que o seu amor lle causa á senhor co pesar que el sofre por non ser correspondido é equiparada á diferenza entre estar morto ou estar vivo: ‘(amarvos éme moi grave, mais non podo facer nada); porén, para min deve serme tan grave como máis grave é morrer que vivir’.

Procurar
    Não foram encontrados resultados