931 [= RM 142,3]
Id’é meu amigo d’aqui

Id’é meu amigo d’aqui
e non me quis ante veer,
e Deus mi tolha parecer
e quanto de ben á en mí
se el ven e m’eu non vingar
quand’el quiser migo falar.
E cuida-s’el que lhi querrei,
por esto que m’el fez, melhor;
mais log’el seja o senhor
e eu sua, que non seerei,
se el ven e m’eu [non vingar
quand’el quiser migo falar].
Que viss’eu que non dava ren
el por mí, non se m’espediu
quando se da terra partiu;
mais logo me lh’eu quera ben
se [el ven e m’eu non vingar
quand’el quiser migo falar].
E veerá mui ben o meu
amigo quant’el ora fez,
a que lhi salra esta vez,
ca en seu poder seja eu
se el ven [e m’eu non vingar
quand’el quiser migo falar],
ca lhi non querrei ascuitar
nulha ren do que m’el rogar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manoscritti


B 928, V 516

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 242-243 [= LPGP 891]); Cohen (2003: 329); Arias Freixedo (2010: XXI); Littera (2016: II, 450).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 187); Braga (1878: 98); Machado & Machado (1953: IV, 292-293).

Varianti manoscritte


2 non] nou B   3 mi] nu V; tolha] tolhar B   4 en] ca B : eu V   5 m’eu] meus BV   6 quand’el] quandei B   7 querrei] queirey B   9 log’el seja] logue eia V   10 e] om. V   14 non] uā V   15 terra] tirā B : tiran V   16 logo] logue B   17 se] semendeu V   21 salra] salira BV   22 en] eu B   25 querrei] queirey B : q̅irrey V

Varianti editoriali


16 lh’eu quera] lhe’eu queira Nunes

Parafrasi


(I) Foise o meu amigo de aquí e non me quixo ver antes, e Deus me tire a fermosura e canto ben hai en min se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo. 

(II) E coida el que o quererei máis por isto que me fixo; mais sexa el logo o señor e eu súa, que non serei, se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.

(III) Para que vise eu que eu non lle importaba nada, non se despediu de min cando marchou da terra; mais logo lle queira eu ben se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo. 

(IV) E verá moi ben o meu amigo en que resultará esta vez canto agora el fixo, pois así fique eu no seu poder se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo, (1) pois non lle quererei escoitar nada do que me el queira rogar.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:374) + 8c 8c

Encontros vocálicos: 10 se͜e ·rei

Note


Testo
  • 4

    Para fixar o texto deste verso debemos partir da lección <eu> (= <en>, pola confusión <u>/<n>) de V, pois o copista de B presenta un lapso de copia que deixaría sen sentido o verso (... quanto de ben á en); o mesmo lapso de copia <Ca>/<En> pode verse en V na cantiga 642.5.

  • 5

    Nótese tamén o lapso de copia nos dous cancioneiros que atinxe a este verso, cun aparente posesivo meus por m’eu (se el ven e m’eu non vingar). O texto móstrase correcto na seguinte ocorrencia do refrán.

  • 13

    Repárese na inusual presenza da conxunción Que en abertura da estrofa, con valor final.

  • 16

    Fronte a Nunes, mantemos o quera da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

  • 17

    Neste verso do refrán detéctase outro erro en V na copia fragmentaria do retrouso; neste caso, amplía o contexto iniciado pola condicional se para un errado *se m’end’eu, talvez arrastrado pola aparición na estrofa precedente do segmento se el uē emeu, un segmento que podería estar presente no seu modelo con erros na súa transcrición (cfr. 526.15, 798.8).

Cerca
    Nessun risultato trovato