1262 [= RM 95,8]
Id’oj’, ai meu amigo, led’a San Salvador

Id’oj’, ai meu amigo, led’a San Salvador:
eu vosco irei leda, e, pois eu vosco for,
mui leda irei, amigo,
e vós ledo comigo.
Pero sõ[o] guardada, toda via quer’ir
convosc’, ai meu amigo, se mi a guarda non vir:
mui leda [irei, amigo,
e vós ledo comigo].
Pero sõo guardada, toda via irei
convosc’, ai meu amigo, se a guarda non ei:
mui leda [irei, amigo,
e vós ledo comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manoscritti


B 1246, V 851

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 416 [= LPGP 634-635]); Fernández Graña (1994: 102); Cohen (2003: 481); Littera (2016: II, 111).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 292); Braga (1878: 160); Machado & Machado (1956: V, 360); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 74); Celeiro Álvarez (2021: 99).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 301); Álvarez Blázquez (1975: 73); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 169).

Varianti manoscritte


1 Id’oj’, ai] Hidolay V   2 vosco irei leda] uosca \h/irey leda V; eu vosco for] ē uosco for B   4 ledo] leda BV   5 Pero] Po V   10 meu] om. V

Varianti editoriali


En Fernández Graña e Cohen o refrán está constituído por un único verso de 13 sílabas, con rima grave.

Parafrasi


(I) Ide hoxe ledo, ai meu amigo, a San Salvador: eu irei leda convosco, e, unha vez que estea convosco, moi leda irei, amigo, e vós ledo comigo.

(II) Aínda que me vixían, de todos os modos quero ir convosco, ai meu amigo, se a garda non me ve: moi leda irei, amigo, e vós ledo comigo.

(III) Aínda que estou vixiada, de todos os modos irei convosco, ai meu amigo, se non teño garda: moi leda irei, amigo, e vós ledo comigo.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 13a 13a 6’B 6’B (= RM 37:23)

Encontros vocálicos: 3 leda‿irei; 6 mi‿a; 7 leda‿irei; 11 leda‿irei

Note


Testo
  • 1

    San Salvador de Valongo talvez se refira a unha ermida do lugar de Valongo, na parroquia de Aguasantas (Cotobade, Pontevedra), moi preto de Perocelo (cfr. Martin de Padrozelos), próxima á igrexa de San Salvador da Lama, tamén en Pontevedra (Souto Cabo 2018: 93).

  • 5

    O v. 9 confirma que a integración de unha sílaba nel, necesaria para regularizar a medida, ten de provir da forma sõ[o], que convive con soo e son. Véxase nota a 10.25.

Cerca
    Nessun risultato trovato