733 [= RM 3,1 (= 101,4)]
Ir-vos queredes, amigo, d’aquen

Ir-vos queredes, amigo, d’aquen
e dizedes-mi vós que vos guis’eu
que faledes ante comig’; e, meu
amigo, dized’ora ũa ren:
como farei eu [a]tan gran prazer
a quen mi tan gran pesar quer fazer?
Rogades-me vós mui de coraçon
que fale vosc’, e al non á ja i,
e queredes-vos, amig’, ir d’aqui;
mais dized’ora, se Deus vos perdon:
como farei eu [a]tan [gran prazer
a quen mi tan gran pesar quer fazer?]
Queredes que vos fale, se poder,
e dizedes que vos queredes ir;
mas, se Deus vos leixe cedo viir,
dized’, amigo, se o eu fezer:
como farei eu [atan gran prazer
a quen mi tan gran pesar quer fazer?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 718, V 319; B 403, V 13

En B 403 e V 13 só foi copiada a primeira estrofa, coa anotación stāza sola de Colocci na copia de B.

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 877); Nunes (1973 [1928]: 139-140 [= LPGP 667]); Cohen (2003: 205); Littera (2016: II, 156).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 12, 127); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1950: II, 203; 1953: IV, 12-13).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 91-92); Seoane (1941: 128-129); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 105).

Variantes manuscrites


1 Ir] hur V’   4 dized’ora] dizede ora B : dizede orra V   7-18 om. B’V’

Variantes éditoriales


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   4 dized’] dized(e) Michaëlis : dizede Nunes, Littera   5 [a]tan gran] tan gran[de] Michaëlis, Nunes   8 á ja] aja Michaëlis, Nunes, Cohen : haja Littera   9 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   11 [a]tan gran] tan gran[de] Michaëlis, Nunes   13 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 mas] mais Michaëlis, Nunes : ma[i]s Cohen, Littera; vos] vus Michaëlis; viir] vĩir Michaëlis   17 [a]tan gran] tan gran[de] Michaëlis, Nunes

Paraphrase


(I) Querédesvos ir, amigo, de aquí e dicídesme que eu dispoña as cousas para que faledes antes comigo; e, meu amigo, dicídeme agora unha cousa: como farei eu tan gran pracer a quen me quere facer tan gran pesar?

(II) Rogádesme vós moi de corazón que fale convosco, certamente, e querédesvos ir, amigo, de aquí; mais dicídeme agora, así Deus vos perdoe: como farei eu tan gran pracer a quen me quere facer tan gran pesar?

(III) Queredes que vos fale, se puider, e dicides que vos queredes ir; mais, así Deus vos deixe vir cedo, dicídeme, amigo: se eu o fixer, como farei eu tan gran pracer a quen me quere facer tan gran pesar?

Métrique


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:178)

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga presenta dupla transmisión nos apógrafos italianos, tamén con dupla atribución autorial. Así, na primeira ocorrencia dos textos, B (403) copia só unha estrofa da cantiga, a primeira, baixo a atribución de Afonso Fernandez Cebolhilha, seguida dunha tensó tamén numerada coa cifra 303. Pola súa parte, V reproduce esa mesma cobla con atribución a Tenoiro. Na segunda copia dos textos, tanto B como V envían a versión completa do poema, atribuíndoo, nos dous casos, a Tenoiro. Á vista dos datos que achega a tradición manuscrita, o problema radica na atribución de B 403, diverxente con respecto á de V e á segunda versión da cantiga que ambos os dous códices lle outorgan a Tenoiro. Como moi ben anotou Marcenaro, que analiza con detalle o argumento, probabelmente a atribución diverxente entre B e V se deba a un erro na colocación da rúbrica no primeiro sector de B: “il primo testo attribuito da B a Cebolhilha (398) si apre infatti con il medesimo sintagma Senhor fremosa di B 404, sicuramente di Cebolhilha. Non è quindi escluso che un ribricatore –non sappiamo a quale altezza della tradizione– si sia semplicemente confuso anticipando la rubrica di Cebolhilha e così sottraendo inconsapevolmente i testi che il canzoniere vaticano assegna correttamente a Tenoiro” (2015b: 89).

  • 5

    A forma grande en posición proclítica (Michaëlis, Nunes) non ten apoio no corpus (cfr. nota a 481.7), razón que explica a conveniencia da reintegración da variante [a]tan, xa presente na edición de Cohen (e de Littera).

  • 8

    A reiteración da construción (e) non á ja i al, xunto con ja i al non á (véxase Glosario, s.v. aver1) obriga a presentar deglutinada a lección <aia> para facer transparecer a frase adverbial e al non á ja i, con mudanza de posición de al. Cfr. nota a 105.9.

  • 15

    Todos os editores emendan a conxunción adversativa mas, forma minoritaria e concorrente con mais (presente nesta mesma composición no v. 10), que presenta abondosas documentacións no corpus trobadoresco e na lingua medieval en xeral.

    A variante reducida da adversativa (mas), forma, en xeral, máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), só presenta catorce ocorrencias en BV (véxase tamén 749.15, 789.6, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

    Nótese, por outra banda, o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6, 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 845.11, 940.10, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé