159 [= RM 106,10]
Ir-vos queredes, mia sennor

Ir-vos queredes, mia sennor,
e fic’end’eu con gran pesar,
que nunca soube ren amar
ergo vós, des quando vos vi;
e, pois que vos ides d’aqui,
sennor fremosa, que farei?
E que farei eu, pois non vir
o vosso mui bon parecer?
Non poderei eu máis viver
se me Deus contra vós non val;
mais ar dizede-me vós al:
sennor fremosa, que farei?
E rog’eu a Nostro Sennor
que, se vós vos fordes d’aquen,
que me dé mia morte por én,
ca muito me sera mester;
e, se mi-a El dar non quiser,
sennor fremosa, que farei?
Pois mi assi força voss’amor
e non ouso vosco guarir,
des quando me de vós partir,
eu, que non sei al ben querer,
querria-me de vós saber,
sennor fremosa, que farei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


A 70, B 183

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 151-152 [= LPGP 687]); Pousada Cruz (2013: 117-118); Littera (2016: II, 177).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 74-75); Carter (2007 [1941]: 42-43); Marques Braga (1945: 128-139); Machado & Machado (1949: I, 281-282); Camargo et alii (1995: 52-53); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 159).
III. Antoloxías: Torres (1977: 515); Correia (1978: 216).

Variantes manuscrites


1 vos] uus A   3 soube] soubi B   4 vos] uus A   5 vos] uus A   10 me] mj B   11 me vos] mj uol B   12 farei] sarei B   13 E rog’eu] Eirogueu B; Sennor] senor A   14 vós] om. B; vos] uus   15 me dé mia morte] mj el de morte B   17 non] uō B   19 mi assi] massi B   23 querria-me] q̄iria B

Variantes éditoriales


1 vos] vus Michaëlis   4 vos] vus Michaëlis   5 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 dé] dê Michaëlis, Littera   20 vosco] vusco Michaëlis

Paraphrase


(I) Irvos queredes, miña señora, e fico eu por iso con gran pesar, pois nunca souben amar outra cousa agás vós, desde que vos vin; e, xa que vos ides de aquí, señora fermosa, que farei?

(II) E que farei eu, cando non vexa a vosa fermosura? Non poderei eu vivir máis se Deus non me vale contra vós; mais dicídeme tamén vós outra cousa: señora fermosa, que farei?

(III) E rogo eu a Noso Señor que, se vos fordes de aquí, me dea morte por iso, pois moi necesaria me será; e se El non ma quixer dar, señora fermosa, que farei?

(IV) Xa que así me forza o voso amor e non me atrevo a vivir preto de vós, despois de me afastar de vós, eu, que non sei amar outra cousa, quería saber de vós, señora fermosa, que farei?

Métrique


Esquema métrico: 4 x 9a 8b 8b 8c 8c 8D (cfr. RM 198:5)

Encontros vocálicos: 17 mi-‿a

Notes


Texte
  • 14-15

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):

    E rog’eu a Nostro Sennor
    que, se vós vos fordes d’aquen,
    que me dé mia morte por én.

  • 24

    Nalgunhas cantigas percíbese unha leve mudanza funcional nunha partícula para acomodar o refrán ao desenvolvemento de cada estrofa (véxase nota a 208.4; cfr. nota a 27.4). Nesta cantiga, que, interrogativo directo no refrán das estrofas I-III, pasa a interrogativo indirecto nesta derradeira cobra, aínda que podería manterse a interrogación directa cunha mudanza de puntuación:
            querria-me de vós saber,
            sennor fremosa: que farei?

Rechercher
    Aucun résultat trouvé