894 [= Tav 155,3 (= 157,27)]
[J]a eu, sennor, muitas coitas passei

[J]a eu, sennor, muitas coitas passei
sempr’atendendo ben que non prendi
de vós, que eu en mal dia servi;
e non vos pes, e preguntar-vos-ei,
sennor de mí e de quanto ............
..........................................................
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


A 302

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 603 [= LPGP 972]); Littera (2016: II, 551).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 176-177); Machado & Machado (1960: VII, 67); Arbor Aldea (2016b).

Variantes manuscritas


4 et non uos pes et preguntar / uos ey A

Variantes editoriais


4 e non vos] et non vos Michaëlis; preguntar-vos-ei] preguntar-vus-ei Michaëlis

Paráfrase


(I) Eu, señora, xa pasei moitas coitas esperando o ben que non acadei de vós, a quen en mal día eu servín; e non vos pese, e preguntareivos, señora de min e de canto...

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a [...]

Notas


Texto
  • *

    Aínda que esta fragmentaria composición non ofrece correspondencia en BV, manuscritos a que se recorre para atribuír as cantigas de A, todas anónimas ao carecerem de rúbricas neste cancioneiro, non hai dúbida, no estado que presenta este último manuscrito, e atendendo aos seus criterios organizativos, de que o seu autor debe ser Vaasco Rodriguez de Calvelo. Non por acaso, e aínda que a peza está incompleta por accidente material de A (cfr. Arbor Aldea 2009: 118 para comentario desta lacuna), [J]a eu, sennor, muitas coitas passei pecha o ciclo poético do trobador, que, como é habitual, comeza con espazo para a miniatura, que neste caso non chegou a debuxarse, e que continúa copiándose de forma compacta até este poema: con excepción de A 299, que tampouco conta con correspondencia nos apógrafos italianos, o resto dos textos, oito en total, son atribuídos nestes a Calvelo, autor que, salvo erro nos materiais que se empregaron para a copia deste sector de A, debe ser atribuída a este trobador.

  • 4

    A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A2, B92], v. 7; 82 [A 16, B 109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A 283, B 1220, V 825], v. 10; 982 [A 289, B 980, V 567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A 295, B 995, V 584], vv. 2 e 9; 1000 [A 296, B 996, V 585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A 300, B 991, V 579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A 301, B 993, V 581], v. 6; 894 [A 302], v. 4; 896 [A 304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

Procurar
    Não foram encontrados resultados