I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 60-61 [= LPGP 513-514]); Littera (2016: I, 639-640).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 45); Carter (2007 [1941]: 19-20); Marques Braga (1945: 60-61); Machado & Machado (1949: I, 173-174); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 94).
2 poderi’] poderia B 3 nulla] nulla B 4 fazi’] fez hi B 8 guardar] g̃dar B 10 ca ‘ssi] ca assi B 18 nembrar] nebrar B 19 me enton] mentō B 20 que sei ca] ca sei q̄ B 22 E averei muit’a] Ca au’ei muyto a B 26 que] ca B
10 ca ‘ssi estarei] c’assi (e)starei Michaëlis : ca ‘ssi ‘starei Littera 19 me enton] m(e) enton Michaëlis : m’entom Littera 20 punnarán] punharan Michaëlis 21 en a] en-na Michaëlis : ena Littera 27 preguntarán] preguntaran Michaëlis
(I) Xa houbo un tempo en que eu pensei que Amor non me podería de forma ningunha facer peor do que me facía entón; e agora xa sei del unha cousa: que xa en maior coita me ten por unha dona que non direi (II) mentres eu viva; antes evitarei que mo saiba a miña señora, pois así estarei mellor con ela e dela tanto disto recibirei: en canto non souberen quen é a dona que amo, algunha vez a verei.
(III) Mais teño moito medo de que me force o seu amor, cando a vir, e non poida afastar os meus ollos dela nin lembrarme de cantos entón me verán, pois sei que todos, para o meu pesar, se esforzarán en saber quen é.
(IV) E terei que xurar moito para a negar, e mentir, e farei o posíbel por me afastar de quen me quixer preguntar pola miña señora, pois sen dúbida sei que dos que me preguntarán e dos outros me hei de gardar.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:252)
Encontros vocálicos: 9 mi-‿o, sá·bia; 10 ‘ssi‿estarei; 19 me‿enton ve·e·rán
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional refai estilisticamente o verso para evitar a inusual crase fazi’enton, coa reconversión de fazia no pretérito fez co adverbio i.
A respecto da diverxencia ca ‘ssi A / ca assi B, nótese como en B existe certa tendencia á aparición da forma plena assi mesmo en contextos en que é de regra a forma reducida ‘ssi (239.10) ou noutros en que o seu uso implicaría unha sinalefa é‿assi: 179.30, 218.8 e 11, 246.15. Véxase nota a 82.10.
Moi probabelmente teñamos que considerar a sinalefa me‿enton antes do que a contaxe bisilábica de veerán, pois en todo o corpus trobadoresco profano só achamos dous contextos certos en que me ou lle aparecen en hiato coa voz seguinte cando esta comeza por vogal: ca Don Ansur, u me el meos val (480.6); e maravilho-me ende (1012.10).
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
Mentir forma parte da perífrase aver + a + infinitivo; isto é: ‘E terei que xurar moito e mentir, para negar que é ela’.