132 [= RM 97,10]
Ja, mia sennor, niun prazer

Ja, mia sennor, niun prazer
non me fara mui gran prazer
sen vosso ben,
ca outro ben
non me fara cuita perder
mentr’eu viver,
e quen viver
aver-mi-á pois est’a creer.
E que mal consello fillei
aquel dia en que fillei
vós por sennor,
ca, mia sennor,
sempr’eu mia morte desejei:
meu mal cuidei
porque cuidei
d’amar-vos ja, mais que farei?
Que farei eu con tanto mal,
pois vosso ben tod’é meu mal?
Pois ést’assi,
morrer assi
com’om’a que sennor non val
a cuita tal
que nunca tal
ouv’outro ome d’amor nen d’al,
como que me faz desejar
Deus vosso ben por desejar
a mia mort’eu,
pero sei eu,
pois que me Deus non quer quitar
d’en vós cuidar,
ca, a meu cuidar,
non m’avera mort’a fillar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscripts


A 45, B 157

A derradeira estrofa só foi copiada en B.

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 97-98); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 79-80 [= LPGP 645]); Littera (2016: II, 121).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 63-64); Carter (2007 [1941]: 28-29); Marques Braga (1945: 93-94); Machado & Machado (1949: I, 232); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 132).

Manuscript variants


1 niun] neum B   2 me] mj B   5 me fara cuita] mj fara coyta B   9 fillei] filei A   10 fillei] filei A   16 vos] uos B   20 morrer assi] add. {morrendasi} morrer assi A : moirer assy B   21 com’om’] como mē B   22 cuita] coyta B   24 outro ome] outᵒmē B   30 d’en vós cuidar] deuuos andar B   32 fillar] p’nder B

Editorial variants


Os vv. 3-4 e 6-7 de cada estrofa forman un único verso en todas as anteriores edicións, aínda que en Bertolucci Pizzorusso se indica a rima interna cunha separación tipográfica interior neses versos.

1 niun] neum Bertolucci Pizzorusso   2 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   5 me ... cuita] mi ... coyta Bertolucci Pizzorusso : mi ... coita Littera   9 fillei] filei Michaëlis   10 fillei] filei Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis : vos Bertolucci Pizzorusso   21 om’a que sennor] omen / a que, senhor, Bertolucci Pizzorusso   22 cuita] coyta Bertolucci Pizzorusso : coita Littera   24 outro ome] outro / omen Bertolucci Pizzorusso : outr’homem Littera   31 ca] c(a) Michaëlis   32 fillar] prender Michaëlis

Paraphrase


(I) Miña señora, ningún pracer me dará xa un gran pracer sen o voso ben, pois outro ben non me fará perder a coita mentres eu viva, e quen viva ha de me crer isto despois.

(II) Que má decisión tomei aquel día en que vos tomei a vós por señora, pois, miña señora, sempre eu a miña morte desexei: busquei o meu mal porque pensei en vos amar, mais que farei?

(III) Que farei eu con tanto mal, porque todo o voso ben é o meu mal? Xa que é así, morrer así como o vasalo a quen o seu señor non o ampara perante unha coita tal que nunca tal sufriu ningún outro home, de amor nin doutra cousa (IV) como (o feito de) que Deus me fai desexar o voso ben para desexar a miña morte, mais eu sei que, pois Deus non me quere librar de pensar en vós, conforme eu penso, a morte non me ha de levar.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8a 4b 4b 8a 4a 4a 8a (cfr. RM 27:1)

Encontros vocálicos: 8 -mi-‿á; 24 outroome; 31 *ca,a

Notes


Text
  • *

    A estrutura estrófica da cantiga pon en relevo a repetición das palabras rimantes nos vv. 1-2, 3-4 e 6-7.

  • 1

    No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).

  • 9-10

    A lección <filei> de A debe ser similar a aqueloutros casos en que o Cancioneiro da Ajuda presenta <n> por <nn> (cfr., por exemplo, o frecuente <senor>); é por isto que a (errada) opción editorial de Michaëlis é contraditoria cos seus hábitos editoriais. Cfr. nota a 89.3.

  • 16

    Todos os editores, desde Michaëlis, presentan unha puntuación deficiente deste verso (...; ja mais que farei?), xa que manteñen a unidade sintagmática de ja mais sen asociar o adverbio ja a amar. Na realidade, mais deberá ser considerada conxunción adversativa a iniciar a frase interrogativa.

  • 20

    A lección orixinaria de A, confirmada en B, fronte á anotación marxinal do Cancioneiro da Ajuda, presenta o lóxico infinitivo (morrer) como resposta á pregunta dos vv. 17-18.

  • 21

    Nótese, máis unha vez, como a lección omen en B impediría a necesaria crase (ou sinalefa) para a medida octosilábica do verso, correcta en A. Véxase nota a 82.14.

  • 24

    O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.

  • 25

    A locución conxuntiva de carácter causal como que só volve aparecer en dúas ocasións:

    ca mi, sennor, avedes vós mui ben,
    como que vos non ei a custar ren (237.30).

    Jograr, mal desemparado
    fui eu pelo teu pescar,
    como que ouvi a enviar
    aa rua por pescado (1428.3).

  • 30

    A lección <andar> de B (por <cuidar>) explícase facilmente por a haste esquerda de <u> cerrar o <c> inicial e a indeterminación paleográfica entre <u>/<n>/<ii> etc.

  • 31

    Non achamos explicación (nin solución) para a necesaria sinalefa ca‿a, esixida polas catro sílabas métricas do verso.

  • 32

    A errada lección <p’nder> de B, con ruptura da rima, mostra como o copista sofreu un lapso pola frecuencia do sintagma prender morte ~ morte prender. Sorprendentemente, Michaëlis acolleu a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

Search
    No results