1248 [= RM 64,14]
Madr’, o que sei que mi quer mui gran ben

Madr’, o que sei que mi quer mui gran ben
e que sempre fez quanto lh’eu mandei
(e nunca lhi desto galardon dei,
mia madre) ven e el quer ja morrer
por mí d’amor, e, se vos prouguer én,
vós catad’i o que devo fazer,
ca non pode guarir se per min non,
ca o am’eu, e el, des que me viu,
[a]quanto pôd’e soube me serviu;
mais, pois lh’eu poss’a tal coita valer
come de morte, se Deus vos perdon,
vós [catad’i o que devo fazer],
ca d’el morrer, madre, per bõa fe,
mi pesaria quanto mi pesar
máis podesse, ca en todo logar
me serviu sempr’a todo seu poder;
e, pois veedes com’este preit’é,
vós catad’i [o que devo fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 1232, V 837

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 403-404); Zilli (1977: 130 [= LPGP 417]); Cohen (2003: 467); Littera (2016: I, 484-485).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 288); Braga (1878: 158); Machado & Machado (1956: V, 345-346).

Manuscript variants


1 Madr’, o] M(uyto) adro B; gran] grã B   4 morrer] moirer B   11 perdon] pardon B   13 morrer] moirer B; bõa] boa B   16 me] meu B; poder] om. V   17 com’este] Cōmeste B

Editorial variants


5 vos] vus Zilli   9 [a]quanto] [a] quanto Zilli, Cohen   10 poss’a tal coita valer] poss’atal coita valer Littera   11 vos perdon] vus pardon Zilli   13 d’el] del Littera; bõa] boa Zilli

Paraphrase


(I) Madre, o que sei que me ama moito e que sempre fixo canto lle mandei –e nunca por isto lle dei galardón, miña nai– vén el e quere xa morrer por min de amor, e, se iso vos prouguer, vede vós en tal situación o que debo facer, (II) porque non pode sobrevivir se non é por min, porque eu o amo, e el, desde que me viu, sempre me serviu canto puido e soubo, mais, dado que lle podo valer en tal coita de morte, así Deus vos perdoe, vede vós en tal situación o que debo facer, (III) porque, se el morrese, madre, abofé, pesaríame canto máis me puidese pesar, pois en todo lugar me serviu sempre canto puido, e, pois vedes como está a situación, vede vós en tal situación o que debo facer.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= RM 183:5)

Notes


Text
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin fose así considerada nas precedentes edicións. Véxase nota á cantiga 15.

  • 10

    Atal debe ser segmentado pola necesaria rexencia de valer coa preposición a.

  • 11

    Seleccionamos a lección de V <perdon>, fronte á forma *pardon (<pardon>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85). En efecto, de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 16

    Talvez a lección <meu> de B deba ser interpretada como <men>, de modo que se poida segmentar o pronome én no verso: ca en todo logar / m’én serviu sempr’a todo seu poder...

  • 17

    A grafía <cōm|> de B para com(o) mostra unha grafía latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos, mais que é moi frecuente na prosa galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.

Search
    No results