754 [= RM 6,6]
Madre, des que se foi d’aqui

Madre, des que se foi d’aqui
meu amigo non vi prazer
nen mi-o queredes [vós] creer,
e moir’, e, se non é assi,
non vejades de mí prazer
que desejades a veer.
Des que s’el foi, per bõa fe,
chorei, madre, dos olhos meus
con gran coita, sab’oje Deus,
e moir’, e, se assi non é,
non vejades de mí prazer
[que desejades a veer].
De mia mort’ei mui gran pavor,
mia madre, se cedo non ven,
e al non dovidedes én,
ca, se assi non é, senhor,
non vejades [de mí prazer
que desejades a veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 738bis, V 340

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 156-157 [= LPGP 89]); Cohen (2003: 227); Lorenzo Gradín (2008: 133); Littera (2016: I, 48-49).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 133); Braga (1878: 65); Machado & Machado (1953: IV, 39).

Variantes manuscritas


6 a veer] auer B   7 el] ele BV   10 non] enō B : (o) nō V   15 én] en (casse) B : eu V

Paráfrasis


(I) Madre, desde que se foi o meu amigo de aquí non vin pracer nin vós non mo queredes crer, e morro, e, se non é así, non vexades de min o pracer que desexades ver.

(II) Desde que el se foi, abofé, chorei, madre, cos meus ollos con gran coita, sábeo Deus, e morro, e se así non é, non vexades de min o pracer que desexades ver.

(III) Sinto un pavor moi grande pola miña morte, se el non vén cedo, miña nai, e non temades outra cousa, pois, se así non é, non vexades de min o pracer que desexades ver.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8B 8B (I [= RM 151:7]) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C (II-III [= RM 160:315])

Encontros vocálicos: 3 mi͜-o

Notas


Texto
  • 4

    Neste verso rexístrase a única ocorrencia da dialefa e | assi na lírica trobadoresca profana, pois é sistemática a sinalefa na secuencia éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32), que convive coa forma adverbial con aférese (é ‘ssi): 179.30, 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23.

  • 6

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo), mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 428.2, 635.6, 899.10, 952.8, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

    Por outra parte, a alternancia, e diverxencia, (a) veer vs. aver é relativamente frecuente nos cancioneiros, onde se detectan leccións diverxentes entre códices. Para alén de contextos con codex unicus que deben ser emendados (véxase 56.10veer > aver– e 61.21aver > veer–), a esta ocorrencia da variación a veer V vs. aver B hai que acrecentar as seguintes: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11).

  • 7

    A métrica indica o carácter errado da variante ele fronte a el, que obriga á emenda da lección de BV. Neste sentido, debe terse en conta que este carácter espurio pode comprobarse en contextos de refrán (véxase, por exemplo, 1133.r1, que na estrofa I presenta o necesario el, fronte ao incorrecto <ele> de BV na estrofa II; algo similar acontece en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV). Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (236.21491.6, 667.14, 1119.25 etc.).

  • 10

    Neste verso tamén resulta obvio o carácter espurio da copulativa na lección <enō> de B (nótese a corrección en V), que provocaría un texto inintelixíbel.

Buscar
    Sin resultados