933 [= RM 142,4]
Madre, pois amor ei migo

Madre, pois amor ei migo
tal que non posso sofrer
que non veja meu amigo,
ma[ndade-mi-o ir veer;
se non, irei sen mandado]
vee-l’e sen vosso grado.
Gran coita me faz ousada
de vo-lo assi dizer,
e, pois eu vivo coitada,
mandade-mi-o ir veer;
se non, irei sen mandado
[vee-l’e sen vosso grado].
E ja que per mí sabedes
o ben que lh’eu sei querer,
por quanto ben mi queredes
mandade-mi-o ir veer;
se non, irei sen mandado
[vee-l’e sen vosso grado].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 930, V 518

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 245 [= LPGP 891-892]); Cohen (2003: 331); Arias Freixedo (2010: XXIII); Littera (2016: II, 451).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 188); Braga (1878: 99); Machado & Machado (1953: IV, 295).
III. Antoloxías: Torres (1977: 287); Mongelli (2009: 127).

Variantes manuscrites


1 migo] uirgo B   2 sofrer] sorrer V   4-6  Ma / Veole sen uosso grado B : ueole sen uosso grado V   8 dizer] dazer B   9 vivo] niuo B   10 ir veer] hu meer B : hor ueer V   11 sen] seu V   17 sen] seu V

Variantes éditoriales


6 -l’e] -lo Cohen   12 -l’e] -lo Cohen   18 -l’e] -lo Cohen

Paraphrase


(I) Madre, xa que sinto un amor tal que non podo soportar non ver o meu amigo, mándademo ir ver; se non, irei sen mandado velo e sen o voso consentimento. 

(II) A gran coita faime ousada para volo así dicir, e, xa que vivo coitada, mándademo ir ver; se non, irei sen mandado velo e sen o voso consentimento.

(III) E xa que sabedes por min o moito que o eu amo, por todo canto (vós) me queredes, mándademo ir ver; se non, irei sen mandado velo e sen o voso consentimento.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 7’a 7b 7’a 7B 7’C 7’C (= RM 99:66)

Encontros vocálicos: 4 -mi͜-o; 10 -mi͜-o; 16 -mi͜-o

Notes


Texte
  • 1

    Nótese o erro <uirgo> de B para migo, que xa se pode ver en 923.5 (véxase nota).

  • 6

    A copia dos dous primeiros versos do refrán nas estrofas II e III permite a súa reconstrución na primeira estrofa, onde eses dous versos foron omitidos en BV, sen dúbida por problemas no antecedente.

    No v. 6 Cohen interpretou que a lección <ueole> presenta unha troca de posición das vogais (= <ueelo>) en vez do erro <o>/<e> (= <ueele> = vee-l’e):
              ma<ndade mho ir veer;
              se non, irei sen mandado>
              vee-lo sen vosso grado.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé