797 [= RM 107,5]
Madre, pois non posso veer

Madre, pois non posso veer
meu amig’, atanto sei ben:
que morrerei cedo por én;
e queria de vós saber,
se vos eu morrer, que sera
do meu amig’ou que fara.
E, pois aquestes olhos meus
por el perderan o dormir
e non poss[o] end’eu partir
o coraçon, madre, por Deus,
se vos eu morrer, que sera
[do meu amig’ou que fara?]
E a min era mui mester
ũa morte que ei d’aver
ante que tal coita sofrer,
e pesar-mi-á se non souber,
se vos eu morrer, que sera
[do meu amig’ou que fara].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 801, V 385

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 192-193 [= LPGP 696]); Cohen (2003: 269); Littera (2016: II, 193).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145-146); Braga (1878: 73); Machado & Machado (1953: IV, 99-100).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 40-41); Nemésio (1961 [1949]: 166); Varela Jácome (1953: 39-40).

Variantes manuscritas


3 morrerei] moirerei B   5 morrer] moirer B   11 morrer] moirer B   17 morrer] moirer B

Variantes editoriais


9 poss[o] end’] poss’end[e] Nunes : [ar] poss’end’ Cohen

Paráfrase


(I) Madre, xa que non podo ver o meu amigo, dunha cousa estou segura: de que morrerei axiña por iso, e quería saber de vós, se vos eu morro, que será do meu amigo ou que fará. 

(II) E xa que estes ollos meus perderon por el o sono, e non podo apartar del o meu corazón, madre, por Deus, se vos eu morro, que será do meu amigo ou que fará?

(III) A min cómpreme moito unha morte que terei antes do que sufrir tal coita, e pesarame se non souber, se vos eu morro, que será do meu amigo ou que fará.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:366)

Encontros vocálicos: 16 mi͜-a

Notas


Texto
  • 8

    O sentido aconsella o tempo antepretérito en perderan: a amiga xa non dorme e en ningún momento pode deixar de pensar no amigo.

  • 11-12

    A liña discursiva da cantiga explica que o refrán nas estrofas I e III sexa formulado como unha interrogación indirecta, que contrasta coa estrofa II, onde o refrán está constituído por unha interrogativa directa.

Procurar
    Não foram encontrados resultados