1188 [= RM 85,13]
Mal me tragedes, ai filha, porque quer’aver amigo

Mal me tragedes, ai filha, porque quer’aver amigo,
e, pois eu, con vosso medo, non o ei nen é comigo,
non ajades a mia graça
e dé-vos Deus, ai mia filha, filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça.
Sabedes ca sen amigo nunca foi molher viçosa,
e, porque mi-o non leixades aver, mia filha fremosa,
non ajade-la mia [graça
e dé-vos Deus, ai mia filha, filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça].
Pois eu non ei meu amigo, non ei ren do que desejo,
mais, pois que mi per vós vẽo, mia filha, que o non vejo,
non ajade-la mia [graça
e dé-vos Deus, ai mia filha, filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça].
Per vós perdi meu amigo, por que gran coita padesco,
e, pois que mi-o vós tolhestes e melhor ca vós paresco,
non ajade-la [mia graça
e dé-vos Deus, ai mia filha, filha que vos assi faça,
filha que vos assi faça].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 1171, V 777

Só os vv. 1-2 aparecen dispostos en versos longos en BV. Colocci anotou na marxe dereita do primeiro deles 16 syll.

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 362-363 [= LPGP 581]); Reali (1964: 37-38); Lopes (2002: 263); Cohen (2003: 405); Littera (2016: II, 37).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 268); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 268-269).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 35); Seoane (1941: 68-70); Nemésio (1961 [1949]: 60-61); Álvarez Blázquez (1975: 201-202); Torres (1977: 89-90); Alvar & Beltrán (1989: 318); Pena (1990: 126-127); Sansone (1990: 260-262); Jensen (1992: 200); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 144-145); Arias Freixedo (2003:573-574).

Manuscript variants


1 ai] ey B   3 graça] graza V   4 faça] faza V   5 faça] faza V   6 foi molher] foy (s) molher V; viçosa] uicosa V   8 ajade-la] aia delha B   13 ajade-la mia] aiadela (mlh) mha B   16 gran] g̃ra B   17 tolhestes] Tolestes B

Editorial variants


En Nunes o segundo verso do refrán é dividido en dous versos heptasilábicos. Reali e Lopes editaron toda a cantiga en versos heptasilábicos.

2 non o] nõn’o Lopes; nen] non Reali   3 ajades a] ajade-la Nunes, Cohen : hajade’la LopesLittera   4 dé] dê Nunes, Lopes, Reali; vos ... vos] vus ... vus Reali   5 vos] vus Reali   9 dé] dê Nunes, Lopes, Reali; vos] vus Reali; vos] vus Reali   12 per] por Lopes, Cohen, Reali, Nunes; vẽo] veo Lopes   14 dé] dê Nunes, Lopes, Reali   16 padesco] paresco Reali   19 dé] dê Nunes, Lopes, Reali

Paraphrase


(I) Maltratádesme, ai filla, porque quero ter amigo, e, xa que eu, con temor de vós, non o teño nin está comigo, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga. 

(II) Sabedes que sen amigo nunca houbo muller feliz, e, porque non mo deixades ter, miña filla fermosa, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga.

(III) Xa que eu non teño comigo o meu amigo, non teño nada do que desexo, mais, xa que é culpa vosa, miña filla, que non o vexo, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga.

(IV) Por vós perdín o meu amigo, por quen sufro gran coita, e porque vós mo prohibistes e son máis fermosa ca vós, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga. 

Metrics


Esquema métrico: 4 x 15’a 15’a 7’B 15’B 7’B

Encontros vocálicos: 8 mi͜-o; 17 mi͜-o

Notes


Text
  • 2

    A fórmula con vosso medo ‘con temor de vós’, construída polo modelo exhortativo de con vossa graça (véxase nota a 47.1), suxire o temor reverencial que a nai ten da amiga, unha ruptura total cos cánones do xénero (véxase tamén 99.1 e 1200.2 e 11).

  • 3

    Nesta primeira ocorrencia do primeiro verso do refrán non se reflicte graficamente a asimilación fonética do artigo á forma verbal: ajades a mia graça (I) vs. ajade-la mia graça (II-IV) (cfr. nota a 27.4). En calquera caso, unha vacilación gráfico-fonética similar pode verse en 656.1 e 4: Levad’, amigo, que dormides as manhanas frias vs. Levad’, amigo, que dormide-las frias manhanas.

  • 6

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece de modo esporádico como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

     

Search
    No results