1211 [= RM 92,4]
Mandad’ei migo qual eu desejei

Mandad’ei migo qual eu desejei,
gran sazon á, madre, per bõa fe,
e direi-vo-lo mandado qual é,
que nulha ren non vos én negarei:
o meu amigo sera oj’aqui,
e nunca eu tan bon mandad’oi.
E, pois mi Deus fez tal mandad’aver
qual desejava o meu coraçon,
madr’e senhora, se Deus mi perdon,
que vos quer’eu [o] mandado dizer:
o meu amigo sera oj’aqui,
[e nunca eu tan bon mandad’oi].
E por én sei ca mi quer ben fazer
Nostro Senhor, a que eu fui rogar
por bon mandad’, e fez-mi-o El chegar,
que poderedes, mia madre, saber:
o meu amigo sera oj’aqui
[e nunca eu tan bon mandad’oi].
Melhor mandado nunca ja, per ren,
daqueste, madre, non poss’eu oir,
e por én non me quer’eu encobrir
de vós, ca sei que vos praz de meu ben:
o meu amigo sera oj’aqui
[e nunca eu tan bon mandad’oi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1195, V 800

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 381-382 [= LPGP 614]); Cohen (2003: 428); Littera (2016: II, 83).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 274-275); Braga (1878: 150); Machado & Machado (1956: V, 300); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 299-300).

Variantes manuscritas


8 qual] q̄l V   16 que] q̅l V; saber] faz’ B : fab̃ V  22 meu] me\u/ B

Variantes editoriais


4 én] eu Nunes   9 senhora, se] senhor, ase Cohen   15 El] el Littera   16 que] qual Nunes, Cohen   22 de] do Nunes

Paráfrase


(I) Teño novas comigo como eu desexei ter hai moito tempo, madre, abofé, e direivos cal é a nova, que non vos negarei nada: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

(II) E, dado que Deus me fixo recibir tal nova como desexaba o meu corazón, madre e señora, así Deus me perdoe, quérovos eu dicir a nova: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

(III) E por iso sei que me quere facer ben Noso Señor, a quen eu fun rogar por boas novas, e fíxomas El chegar, e poderédelas, miña nai, saber: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

(IV) Mellor nova ca esta nunca podo ouvir, madre, de ningunha maneira, e por iso non volo quero eu ocultar a vós, porque sei que vos prace o meu ben: o meu amigo estará hoxe aquí, e nunca eu tan boa nova ouvín.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:168)

Encontros vocálicos: 15 -mi͜-o

Notas


Texto
  • 9

    O feminino analóxico senhora é aínda excepcional na lingua trobadoresca con relación á forma invariábel senhor, xa que só se atesta en Afonso Sanchez (383.27), Estevan Faian (402.16), Don Denis (551.24), Martin de Caldas (1211.9), Fernand’Esquio (1315.3, 8 e 13) e Gil Perez Conde (1546.23, 1547.16). É por isto que resulta inxustificada a inesperada segmentación de Cohen, que reconverte senhora en senhor para estabelecer unha inexistente forma ase (por se  ‘así’) na lingua das cantigas profanas (cfr. nota a 701.9-10).

  • 10

    A necesaria introdución, desde o punto de vista métrico, do artigo neste verso (... quer’eu [o] mandado dizer) vén indicada pola súa presenza no v. 3 (...direi-vo-lo mandado ...).

  • 16

    Repárese na concorrencia das variantes que (B) / qual (V), situación que se produce nalgunha outra pasaxe das cantigas: que A vs. qual B (181.4); qual A vs. que B (353.7); que V vs. qual B (776.1)...

Procurar
    Não foram encontrados resultados