203 [= RM 125,22]
Mentre non soube por min mia sennor

Mentre non soube por min mia sennor,
amigos, ca lle queria gran ben,
de a veer non lle pesava én
nen lle pesava dizer-lle «sennor»;
mais alguen foi que lle disse por mí
ca lle queria gran ben, e des i
me quis gran mal e non mi ar quis veer:
confonda Deu-lo que llo foi dizer!
De me matar fezera mui mellor
quen lle disse ca ll’eu queria ben,
e de meu mal non lle pesava én
e fezera de me matar mellor,
ca, meus amigos, des que a non vi
desejo morte, que sempre temi,
e ei tan gran coita po-la veer
qual non posso, amigos, nen sei dizer.
A esta coita nunca eu vi par,
ca esta coita peor ca mort’é,
e por én sei eu ben, per bõa fe,
que non fez Deus a esta coita par,
ca, pero vej’u é mia sennor, non
ous’ir vee-la, si Deus me perdon;
e non poss’end’o coraçon partir
nen os ollos, mais non ous’ala ir.
E, quand’a terra vej’e o logar
e vej’as casas u mia sennor é,
vedes que faç’enton, per bõa fe:
pero mi as casas vej’e o logar,
non ous’ir i e peç’a Deus enton
mia morte muit’e mui de coraçon,
e choro muit’e ei-m’end’a partir,
e non vou i nen sei pera u ir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


A 110, B 219

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 225-226); Blasco (1984: 203-204 [= LPGP 822]); Marcenaro (2012b: 301-302); Littera (2016: II, 362-363).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 94); Carter (2007 [1941]: 67-68); Marques Braga (1945: 212-213); Machado & Machado (1949: I, 358-359); Fernández Pousa (1953: 25-26); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 203).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 105-106); Alvar & Beltrán (1989: 203-204); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 194-195); Arias Freixedo (2003: 757-758); Alvar & Talens (2009: 476-478); Souto Cabo (2017: 116).

Variantes manuscritas


1 min] mj B   2 lle] lheu B   3 lle pesava] lhi pesaria B   4 lle pesava] lhi pesaua B; dizer-lle] dizer lhi B   5 lle] lhi B; mí] min A   6 lle] lhi B   7 mi ar] mar B   8 confonda Deu-lo que] cofonda de a quen B   10 quen lle disse] (q̄lho) quēlho disso B   11 de meu mal non lle pesava] domeu mal nōsse doya B   14 temi] temj̄ B   15 e] {τ} A : om. B   16 posso, amigos] possa mig B   17 A esta] Eesta B   18 mort’é] morte e B   19 sei eu ben] sei muj bē B   22 si Deus me] se de9 mj B   25 E, quand’a terra vej’e o logar] Pero mhas casas ueie o log̃r B   26 e vej'as casas] eueias tirās B; sennor] senor A   27 faç’] faz A   29 peç’a Deus] pecad’s B   30 mia morte muit’e] muyto mha morte B   32 vou i] uoy y A

Variantes editoriais


5 mí] min Blasco, Marcenaro : mim Littera   16 posso] poss(o) Michaëlis   22 ous’ir] ousei Michaëlis   28 mi] mí Marcenaro

Paráfrase


(I) Amigos, mentres a miña señora por min non soubo que a amaba, non lle pesaba que a vise nin lle pesaba que a chamase «señora»; mais houbo alguén que lle dixo de min que a amaba, e desde ese momento quíxome moi mal e non me quixo ver máis: Deus confunda a quen llo foi dicir!

(II) Moito mellor fixera se me matase o que lle dixo que eu a amaba, e da miña dor non lle pesaba nada, e fixera mellor se me matase, porque, meus amigos, desde que non a vexo desexo a morte, que sempre temín, e sufro tan gran coita por vela que, amigos, non podo nin vola sei dicir.

(III) A esta coita nunca lle vin igual, pois esta coita é peor que a morte, e por iso sei eu ben, abofé, que non fixo Deus coita igual, porque, aínda que vexo onde está a miña señora, non ouso ir vela, así Deus me perdoe; e non podo apartar de alí o corazón nin os ollos, mais non ouso ir aló.

(IV) E, cando vexo a terra e o lugar e vexo as casas onde está a miña señora, vede o que fago daquela, abofé: aínda que vexo as casas e o lugar, non me atrevo a ir alí e entón pido moito a Deus a miña morte e moi de corazón, e choro moito e debo partir de alí, e non vou alí nin sei para onde ir.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d 10d (= RM 168:1)

Encontros vocálicos: 7 miar; 16 posso,amigos; 28 mias

Notas


Texto
  • 8

    Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cf. nota a 379.11.

  • 10

    Fronte a disse en A, en B aparece a forma disso, mostrando como na lingua trobadoresca, na P3 dos pretéritos fortes xa aparece, en convivencia coas maioritarias formas etimolóxicas, a desinencia analóxica -o (Ferreiro 1999: §§203a, 203b), acrecentada en formas verbais coa desinencia ø (fez fezo, pôsposo, quisquiso) ou substituíndo a desinencia -e (dissedisso ~ dixo, ouveouvo, pôdepodo). Véxase nota a 53.16. Con todo, o máis frecuente é que as formas innovadoras na P3 do pretérito de dizer se encontren no Cancioneiro da Ajuda, fronte aos apógrafos italianos (disso A vs. disse BV: 281.9, 414.r1 e 7).

  • 11

    Obsérvese a mudanza de redacción entre A (non lhe pesava) e B (non se doia).

  • 14

    A lección <temj̄> de B non indica o aparecemento da moderna desinencia galega da P1 de pretérito indicativo das segunda e terceira conxugacións, senón un descoido na copia inducida pola frecuencia do pronome min (<mj̄>).

  • 22

    Michaëlis reconverte en ousei o ous’ir deste verso, que ten o seu correlato no final do v. 24 (mais non ous’ala ir).

  • 25-26

    De novo B resenta unha interesante variación estilística nestes versos: E, quand’a terra vej’e o logar / e vej’as casas... vs. Pero mi as casas vej’e o logar / e vej’as terras...

  • 26-28

    As casas da sennor nesta cantiga de Pero Garcia Burgales semellan as ‘mesmas’ casas da senhor que canta Joan Garcia de Guilhade (véxase 396.10, 13 e 16).

  • 27

    A aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que debe ser posta en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

Procurar
    Não foram encontrados resultados