452 [= RM 18,25]
Mester avia Don Gil

Mester avia Don Gil
ũu falconci[nh]o bornil
que non voasse
nemigalha nen filhass’, e
ũu galguili[nh]o vil
que ũa lebor, de mil,
non [a] filhasse,
mais rabejasse e ladrass’, e
podengo de Riba de Sil
que custasse un maravedil,
que lhi mejasse
quando lebor i achass’, e
osas d’ũu javaril,
que dessen per seu quadril,
[.................. -asse]
quando lebor levantasse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscrits


B 457

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 51-52 [= LPGP 151]); Paredesa (2001: 98); Lopes (2002: 46); Paredesb (2010: 81); Littera (2016: I, 79).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 149); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 475); Machado & Machado (1950: II, 300); Paredes (2010c: 53); Rios Milhám (2018b: III, 452).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 17); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 58); Tavares & Miranda (1987: 346).

Variants manuscrites


2 ũu] Hūn B   9 E podengo derribo de sil B   10 custase un maravedil] cufiasse hun mj̄r B   12 quando lebor i achasse] A don gil qʷndo lebor aichasse B   13 javaril] joudaril B   16 Dom gil qʷndo lebor leuātasse B

Variants editorials


2 ũu] un Lapa, Paredesa, Paredesb : um Lopes, Littera   3 voasse] voass’e Lapa, Paredesa, Paredesb   4 nen] non Lapa : nom Lopes, Littera; filhass’, e] Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   5 ũu] Uum Littera   7 non [a]] nõn’[a] Lopes   8 ladrass’, e] ladrasse Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   9 de Riba de Sil] de riba Sil Lapa, Lopes, Littera : riba de Sil Paredesa, Paredesb   10 custasse un maravedil] enfiasse un [...] Paredesa, Paredesb : cufiasse um mujil Lopes, Littera    11 lhi mejasse / a Don Gil Lapa, Lopes, Littera    12 achass’, e] Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   13 d’ũu javaril] d’ũu joubaril Lopes : d’uum joubaril Littera   15 [e embargasse] / [a] Don Gil Lapa : [e s’embargasse,] / [i] Dom Gil Lopes, Littera

Paràfrasi


Don Gil precisaba dun falconciño bornil que non voase nada nin cazase, e (II) un galguiño ruín que non cazase unha lebre de mil, mais que rabexase e ladrase, e (III) un podengo de Santo Estevo de Ribas de Sil que custase un maravedí, que lle mexase cando achase unha lebre, e (IV) polainas de coiro de xavarín que lle chegasen ao cadril [...] cando levantase unha lebre.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 7a 7a 4’b 7’b (= RM 37:58)

Encontros vocálicos: 2 u͂͜u; 5 ũ·u; 8 rabejassee; 10 custasseun; 13 ũ·u

Notes


Text
  • *

    A deglutinación da copulativa no final de verso permite subliñar o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, que ningunha das edicións precedentes considera. Véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    Non existe proposta de identificación deste Don Gil da composición afonsina.

  • 2

    Como nos vv. 5 e 13, o indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

    Bornil ten que se referir a unha especie de falcón, que se caracteriza por un voo pouco potente e que fai o seu niño sempre á beira de correntes de auga.

  • 3

    Do punto de vista sintáctico non cadra a segmentación da copulativa no final do verso (Lapa, Paredes), xa que nemigalha é o CD de voasse.

  • 4

    A ligazón interestrófica coa segmentación da copulativa no final dos vv. 4, 8 e 12 facilita a sintaxe e confire fluidez á «narración», pois trátase, con clareza, dunha enumeración. A ausencia desta copulativa en todas as edicións confire un ton sincopado e sintacticamente ríxido á composición.

  • 5

    O diminutivo galguilinho parece ser produto da acumulación dos sufixos -elo e -inho, con asimilación regresiva, similar a outras construcións lexicais diminutivas presentes nas cantigas, como manselinho (735.2 e 5, 864.26, 1277.8), mocelinha (765.14) ou fraquelinha (1518.3). Fóra do corpus profano, nas Cantigas de Santa Maria aparecen varias formas diminutivas con duplo sufixo:

    Aquesto foi feito por hũa menynna 
    que chamavan Musa, que mui fremosinna 
    era e aposta, mas garridelinna 
    e de pouco sen (CSM 79.14).

    ...: Vel da farỹa me dade, 
    De que papelynnas faça que dé a este menỹo, 
    que me non moira de fame, ca non peço pan nen vỹo (CSM 335.40).

    fez que o moço pedisse de comer, e foi aginna
    guarid’ e trebellou logo conos outros moçelinnos (CSM 289.38). 

    Mesmo na produción notarial, nun documento de 1348, achamos un duplo diminutivo deste tipo: 

    et trage hua pedrelina preta que trage figura d angeo engastoada en prata por sinal que andan en liña branqua (véxase CGPA, s.v. pedrelina). 

    E aínda se atesta mancebilinha no Orto do Esposo (véxase Maler 1964: s.v. mancebelinha), xunto con  outras formas recollidas en glosarios e dicionarios, cales barquelinha, eigrejalinha ou mancebelĩo (Nunes 1928-1929, s.v.; Machado Filho 2013, s.v)1 .

    Por outra parte, o indefinido u͂u (tamén no v. 13) ten de funcionar como bisilábico neste verso, aínda que en xeral esta forma arcaica do indefinido é unisilábica, mostrando como na realidade a pronuncia xa tiña evoluído, tal como acontece coas formas do tipo veerei, que poden ser uni- ou bisilábicas. Véxase nota a 47.20.

  • 6

    A voz lebor, evolución concorrente con lebre do lat. lĕpŏrem, só ten un outro rexistro no corpus das cantigas (1633.22). Na prosa atéstase como topónimo nun documento de 1331 e, coa forma lebore, nos Miragres de Santiago (cfr. CGPA, s.v. lebor, lebore):

    dis y a o outeyrinno de su a penna da Lebor contra [...] (doc. 1331).

    Et ao jantar comja pouco pan et comja hũu carto de carneiro, ou dúas galinas, ou hũa pata, ou hũa perna de porquo, ou hũu poón, hũa grúa ou hũa lébore (Miragres de Santiago).

    Tamén na tradución galega do Liber de medicina equorum:  

    et faz ende poo e amasa este poo con craras d’ovos moito anaçadas e mesturalle moitos dos cabelos da lebore (Pérez Barcala 2013: 160-161).

  • 8

    Rabejar ‘dar ao rabo’ tamén se rexistra nunha cantiga de Airas Veaz: [e] é caçurr’e vejo que rabeja (427.12).

  • 9

    A presenza inicial da conxunción no manuscrito (excedente do punto de vista métrico) parece confirmar que a ligazón copulativa das estrofas é correcta; a pesar da expunción da copulativa, o verso continúa a ser hipermétrico, por máis que nas anteriores edicións se tentase restaurar a isometría coa supresión da preposición de (tanto en Lapa e Lopes como en Paredes, de modo diverso), que xerou unha expresión estraña (de riba Sil) ou unha especie de locución inexistente (riba de) e que escureceu e anulou a referencia toponímica.
    O topónimo Riba de Sil, abondosamente presente en múltiplos documentos medievais (véxase CGPA, s.v. Riba de Sil, Riba de Syl), ten de corresponder ao actual Santo Estevo de Ribas de Sil, onde se conserva un importante mosteiro beneditino (fundado por San Martiño Dumiense segundo a tradición), no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na Ribeira Sacra.

  • 10

    Neste verso foi Lapa quen fixou inicialmente o verbo cufiar (con atestación problemática en portugués con significado de ‘rascar suavemente’), aceptado por todos os editores por canto supuña a translación literal da lección manuscrita. Como palabra rimante o manuscrito achega a lección <mj̄r>, que habitualmente é representación de vĩir; dado que esta interpretación non é posíbel no contexto, tamén Lapa propuxo o hapax muril, voz que significaría ‘lousa que está tras a lareira’, de modo que a estrofa falaría dun podengo que, en lugar de cazar, se dedicaría a rascarse na pedra da chaminea. Pola súa parte, Lopes (e despois Littera) prefire ler mujil como palabra rimante, que sería unha hipotética variante –non documentada– de muxe ou muxo, nome dun peixe moi común na costa atlántica.
    Calquera das lecturas presenta problemas semánticos graves, para alén de seren hapax verdadeiros no territorio galego-portugués; é por isto que, recollendo a suxestión de Montero Santalla para a palabra rimante (2000: 381), propoñemos custasse un maravedil, con perfecta coherencia semántica e evidente encaixe paleográfico. En custasse debéronse producir dous erros de copia: en primeiro lugar, a confusión entre <ſ> alto e <f>, moi frecuente nos dous cancioneiros italianos; eis algúns exemplos deste erro en B: <diffeinda> B diss’einda (330.15), <ffazõ> BV sazon (628.8), <ſabedor> A, <fabedor> B, <sabedor> V sabedor (995.16), <fodes> B, <sodes> V sodes (1234.17), <fabedes> B, <ſabedes> V sabedes (1248.1), <fendel> B, <sendel> s’end’el (1344.8), <ſangou> B, <san grou> V sangrou (1344.8) etc. Algo similar acontece coa confusión <t>/<i>, tamén habitual en B e V. Velaí algunhas mostras: <auire> antre (336.3), <ien> B, <ren> V ten (839.3), <irabador> B, <trobador> V trobador (1595.17), <breiēha> B, <breienha> V Bretanha (1618.17) etc. Por outra banda, a abreviatura <mj̄r> ben pode representar a de maravedil (forma documentada en 1604.13 e concorrente con maravedi): nótese que Nunes (1981: 58) recolle a abreviatura <mj̄s> para maravedis, moi similar, por outra parte, a <r> BV maravedil, en 1604.13.
    Canto a maravedil, na lingua trobadoresca alterna esta forma (presente en 1604.13), coa variante maravedi (1543.1, 1645.6), tal como acontecía tamén en castelán medieval a partir do ár. murābit̥î ‘relativo aos Almorábides, que acuñaron esta moeda’ (Corominas & Pascual 1981-1990, s.v. morabito).
    O único problema que detectamos no verso, finalmente, é a súa hipermetría, a pesar da sinalefa custasse‿un. Porén, sería posíbel pensar nunha forma verbal custe, considerando que a forma de pretérito de subxuntivo podería ser inducida pola frecuencia deste tempo verbal na composición. Alternativamente, tamén se podería considerar unha forma sincopada *marvedil, con unha única documentación na prosa medieval (véxase CGPA, s.v. marvedis)2 , para alén de trece ocorrencias durante o século XIII en castelán conforme os datos subministrados polo CORDE, s.v. maruedi.

  • 12

    No manuscrito, no inicio dos vv. 12 e 16, aparece <A don gil> e <Dom guil>, respectivamente, o cal debe constituír un erro de copia. Sobre esta intromisión textual na cantiga véxase Gonçalves (2016 [1995]: 294-296).

  • 13

    As osas son ‘botas altas, polainas’ (Varela Sieiro 2003: 123). Véxase na gesta de maldizer:

    trag’ũa osa e ũa geolheira,
    estrebeirando vai de mui gran maneira (1489.48).

    Canto a javaril, forma antiga, parece lectura máis axeitada do que o joubaril (‘pescador de xoubas’) proposto por Lopes.

  1. ^

    E aínda unha outra forma como pouquetinho en Machado Filho (2013: s.v.).

  2. ^

    No CGPA aínda se rexistra outra aparición de maruedis nun documento en castelán de 1396.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat