598 [= RM 25,46]
Meu amigo, non poss’eu guarecer

Meu amigo, non poss’eu guarecer
sen vós nen vós sen mí: e que sera
de nós? Mais Deus, que end’o poder á,
lhi rog’eu que El quera escolher,
por vós, amigo, e des i por mí,
que non moirades vós nen eu assi
como morremos, ca non á mester
de tal vida avermos de passar,
ca máis nos valria de nos matar;
mais Deus escolha, se a El prouguer,
por vós, amig[o], e des i por mí,
[que non moirades vós nen eu assi]
como morremos, ca ena maior
coita do mund’ou ena máis mortal
vivemos, amigo, e no maior mal;
mais Deus escolha, come bon senhor,
por vós, amigo, e des i [por mí,
que non moirades vós nen eu assi]
como morremos, ca, per bõa fe,
mui gran temp’á que este mal passou
per nós, e passa, e muito durou;
mais Deus escolha, come quen Ele é,
por vós, amigo, e des i por mí,
[que non moirades vós nen eu assi]
como morremos, e Deus ponha i
conselh’, amigo, a vós e a min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manoscritti


B 581, V 184

Edizioni


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 85-86 [= LPGP 198]); Nunes (1973 [1928]: 33-34); Cohen (2003: 616); Littera (2016: I, 229).
II. Outras edicións: Moura (1847: 161-163); Monaci (1875: 73); Braga (1878: 37); Machado & Machado (1952: III, 214-215); Cohen (1987: 78-79); Júdice (1997: 41); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 69); Spina (1972: 363); Torres (1977: 255).

Varianti manoscritte


3 Deus] al deꝯ V; end’o] ando B   7 morremos] moiremus B : morremˢ   8 avermos] auermus B   9 valria] ualiria BV; nos] uꝯ BV   11 vós] om. B   13 morremos ca ena] moiremus B : mo[*****] ca [***] V   14 mund'ou ena] mūdo nena B : mūdo uena V   15 vivemos] Viuemus B; amigo] amiga BV   16 senhor] senor B   19 morremos] moiremus B : morremus V   20 gran]  g̃ra B   23 amigo, e] amigꝯ B : amigue V   25 morremos] moiremꝯ B : morremˢ V

Varianti editoriali


3 nós] vós Lang, Nunes, Cohen, Littera; Deus] al Deus Lang   4 quera] queira Nunes, Littera : querrá Lang   9 nos ... nos] vos ... nos] vos Cohen   11 mí] min Lang   14 mund’ou ena] mundo nen [n]a Cohen : mundo, nen'a Littera   26 min] mi Lang, Nunes

Parafrasi


(I) Meu amigo, eu non podo vivir sen vós nin vós sen min: e que será de nós? Mais a Deus, que ten o poder para iso, lle rogo que El queira escoller, por vós, amigo, e tamén por min, que non morrades vós nin eu así (II) como morremos, porque non hai necesidade de termos que levar tal vida, pois máis nos valería matarnos; mais Deus escolla, se lle a El prouguer, por vós, amigo, e tamén por min, que non morrades vós nin eu así (III) como morremos, pois na maior coita do mundo ou na máis mortal vivimos, e no maior mal; mais Deus escolla, como bo señor, por vós, amigo, e tamén por min, que non morrades vós nin eu así (IV) como morremos, pois, abofé, xa hai moito tempo que este mal nos pasou e nos pasa, e (xa) durou moito; mais Deus escolla, como quen El é, por vós, amigo, e tamén por min, que non morrades vós nin eu así (1) como morremos, e Deus nos axude niso, amigo, a vós e a min.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:21)

Encontros vocálicos: 15 amigo,e; 22 Eleé

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga de amigo presenta o amor recíproco infeliz dos amantes, con claras conexións coa cantiga 1016 de Joan Airas de Santiago.

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    A pregunta que formula a amiga debe referirse a ambos os namorados, de modo que, en liña co nos do v. 9 (onde semella necesaria a emenda de <uꝯ> para nos), tamén neste paso debemos estabelecer o pronome de 4ª persoa, especialmente tendo en conta que en B a grafía é ambigua e mesmo se podería ler <nos>. En calquera caso, a recorrente confusión das grafías <n> e <u> non permite tomar unha decisión clara (nótese como Cohen optou por vós/vos en ambos os casos, vv. 3 e 9). Porén, a implicación afectiva da protagonista feminina expresada reiteradamente no refrán e tamén na fiinda, así como nos vv. 7, 13 e 19, é argumento de peso abondo para editarmos nos en todos os casos.

  • 4

    Mantemos a forma quera da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

  • 5

    Neste verso detéctase outra reminiscencia de Rodrig’Eanes de Vasconcelos (véxase 329.8).

  • 14

    A emenda de Cohen regulariza a expresión introducindo unha conxunción copulativa nen (en frase negativa); no entanto, a lección de V, que Lang adopta, é tamén factíbel.

Cerca
    Nessun risultato trovato