I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 115-116); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 99 [= LPGP 648-649]); Littera (2016: II, 128).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 68); Carter (2007 [1941]: 35); Marques Braga (1945: 113-114); Machado & Machado (1949: I, 250-251); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 141).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 33); Torres (1977: 480).
1 vos] uus A 5 vós] uus A 6 ouver] oer B 7 me] mj B 9 cuita’n] coitan B 10 vos] uos A 12 fazede] fazed A; mi al] mal B 13 mi Amor] mia sēnor A 16 morrer] moirer B 17 coido] cuydo B 18 mí] mj̄ B
1 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 6 coita] coit(a) Michaëlis 7 me] mi Bertolucci Pizzorusso 9 cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera 10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; én] em Littera 12 mi] m’ Bertolucci Pizzorusso 17 coido] cuydo Bertolucci Pizzorusso : cuido Littera 18 mí] min Bertolucci Pizzorusso : mim Littera
(I) Meu Señor Deus, se vos prouguer, tirade a Amor (o poder que ten) sobre min e non me deixedes así vivir en tamaña coita, pois vós debedes socorrer todo aquel que tiver coita, (II) porque sería o que máis me é preciso, xa que el me ten na maior coita en que Amor ten a alguén; e, Deus, se vos parece ben, sacádeme do seu poder e despois facédeme outra cousa calquera.
(III) E desde que Amor non me faga levar a coita que levo, Deus, nunca por outro pesar terei desexo de morrer, que eu penso non perder mentres Amor teña poder sobre min.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8a (= RM 189:32)
Encontros vocálicos: 6 coita‿ouver; 12 -mi‿al
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas (ausente nas edicións de Bertolucci Pizzorusso e de Littera), véxase nota á cantiga 55.
Nótese a variación ouver A ~ oer B que apaga as formas do tipo oer ~ ouer, oera, oesse. O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), pois end’o poder oer (561.6), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
Neste verso comparece a preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
É preferíbel a lección bisilábica <mhamor> de B á lección <mia sennor> de A, que faría hipermétrico o verso.
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :