222 [= RM 43,5]
Meu Sennor Deus, venno-vos eu rogar

Meu Sennor Deus, venno-vos eu rogar
con a maior coita que nunca vi
aver a ome: avede de mí
doo, Sennor, e nunca tal pesar
me façades, meu Sennor Deus, veer
per que eu aja o corp’a perder,
ca estou eu oj’a mui gran pavor
de o veer, e meu sén ést’atal
de vos rogar por est’e non por al
que nunca tal pesar de mia sennor
me façades, meu Sennor D[eus], v[eer]
p[er] q[ue] e[u] a[ja] o [corp]’a [perder].
E ben sei eu de pran ca, se fezer
mia sennor o que ten no coraçon,
ca perderei eu o corpo; mais non,
tan gran pesar, nunca, se vos prouguer,
me façades, meu Sennor D[eus], v[eer]
per q[ue] e[u] a[ja o corp’a perder].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 122, B 238

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 251); Spampinato Beretta (1987: 108-109 [= LPGP 291-292]); Littera (2016: I, 322).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 101-102); Carter (2007 [1941]: 74); Marques Braga (1945: 234); Machado & Machado (1949: I, 386); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 222).

Variants manuscrites


1 Meu] Eu A : Men B; vos] uus A   4 nunca] nuca B   5 me façades] me façedes A : mj facades B   7 ca] (E) Ca B   8 o] a B; ést’atal] ental B   11 me façades] Mi facades B   14 sennor o] senholo B   17 me façades] Mi facades B

Variants editorials


1 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   9 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   16 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta

Paràfrasi


(I) Meu Señor Deus, véñovos eu rogar coa maior coita que eu nunca vin sufrir a ninguén: tende dó de min, Señor, e nunca tal pesar me fagades ver, meu Señor Deus, polo que eu teña que perder a vida, (II) porque eu estou hoxe con moito pavor de o ver, e o meu pensamento é o de vos rogar por isto e non por outra cousa que nunca da miña señora tal pesar me fagades ver, meu Señor Deus, polo que eu teña que perder a vida.

(III) E ben sei eu claramente que, se a miña señora fixer o que ten na súa mente, perderei eu a vida; mais non, se vos prouguer, nunca tan gran pesar me fagades ver, meu Señor Deus, polo que eu teña que perder a vida.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:52)

Notes


Text
  • 8

    A lección hipométrica de B parece, en principio, debida a un erro de transmisión.

  • 13-15

    Máis unha vez se rexistra o fenómeno, frecuente na lingua trobadoresca, da repetición da conxunción completiva ca (ou que) após unha cláusula parentética (véxase nota a 52.2-3): 

    E ben sei eu de pran ca, se fezer
    mia sennor o que ten no coraçon,
    ca perderei eu o corpo; ...

    Repárese, ademais, na hipérbole: a perda do corpo, isto é, a morte, non implica o cesamento do pesar.

  • 14

    Neste caso B presenta a asimilación gráfica senho-lo, que esporadicamente se rexistra no corpus. Véxase nota ao 139.2.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat