I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 251); Spampinato Beretta (1987: 108-109 [= LPGP 291-292]); Littera (2016: I, 322).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 101-102); Carter (2007 [1941]: 74); Marques Braga (1945: 234); Machado & Machado (1949: I, 386); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 222).
1 Meu] Eu A : Men B; vos] uus A 4 nunca] nuca B 5 me façades] me façedes A : mj facades B 7 ca] (E) Ca B 8 o] a B; ést’atal] ental B 11 me façades] Mi facades B 14 sennor o] senholo B 17 me façades] Mi facades B
1 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 9 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 16 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta
(I) Meu Señor Deus, véñovos eu rogar coa maior coita que eu nunca vin sufrir a ninguén: tende dó de min, Señor, e nunca tal pesar me fagades ver, meu Señor Deus, polo que eu teña que perder a vida, (II) porque eu estou hoxe con moito pavor de o ver, e o meu pensamento é o de vos rogar por isto e non por outra cousa que nunca da miña señora tal pesar me fagades ver, meu Señor Deus, polo que eu teña que perder a vida.
(III) E ben sei eu claramente que, se a miña señora fixer o que ten na súa mente, perderei eu a vida; mais non, se vos prouguer, nunca tan gran pesar me fagades ver, meu Señor Deus, polo que eu teña que perder a vida.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:52)
A lección hipométrica de B parece, en principio, debida a un erro de transmisión.
Máis unha vez se rexistra o fenómeno, frecuente na lingua trobadoresca, da repetición da conxunción completiva ca (ou que) após unha cláusula parentética (véxase nota a 52.2-3):
E ben sei eu de pran ca, se fezer
mia sennor o que ten no coraçon,
ca perderei eu o corpo; ...
Repárese, ademais, na hipérbole: a perda do corpo, isto é, a morte, non implica o cesamento do pesar.
Neste caso B presenta a asimilación gráfica senho-lo, que esporadicamente se rexistra no corpus. Véxase nota ao 139.2.