1105 [= Tav 64,16]
Meus amigos, non poss’eu máis negar

Meus amigos, non poss’eu máis negar
o mui gran ben que quer’a mia senhor
que lho non diga, pois ant’ela for;
e des oimais me quer’aventurar
a lho dizer, e, pois que lho disser,
mate-m’ela se me matar quiser,
ca, per bõa fe, sempre m’eu guardei
quant’eu pudi de lhi pesar fazer;
mais, como quer, ũa mort’ei d’aver,
e con gran pavor ave[n]turar-m’-ei
a dizer-lh[o], e, [pois que lho disser,
mate-m’ela se me matar quiser],
ca nunca eu tamanha coita vi
levar a outr’ome, per bõa fe,
com’eu levo; mais, pois que assi é,
aventurar-me quero des aqui
a dizer-lh[o], e, pois que lho disser,
[mate-m’ela se me matar quiser].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1103, V 694

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 478-479); Zilli (1977: 56-57 [= LPGP 418]); Littera (2016: I, 473).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 245); Braga (1878: 133); Machado & Machado (1956: V, 150).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 129); Alvar & Beltrán (1989: 209); Alvar & Talens (2009: 484).

Variantes manuscritas


1 amigos] amigus V; máis] om. B   5 disser] dizer B   6 matar] mata B   7 bõa] boa B   9 ũa] hnā B   10 gran] grã B; pavor] pa(z)\s/or V; ave[n]turar-m’-ei] aueturar(a) irey B : aueturar ney V   13 tamanha] Tamhana B   14 bõa] boa B   15 que] om. B   17 lho] llo B

Variantes editoriales


1 amigos] amigus Zilli   7 bõa] boã Nunes : boa Zilli   11 a dizer-lh[o]] a lh[o] dizer Nunes, Littera   14 bõa] boa Zilli   17 a dizer-lh[o]] a lh[o] dizer Nunes, Littera : a dizer-lh’[o] Zilli

Paráfrasis


(I) Meus amigos, non podo eu ocultar máis o moito que amo a miña señora (até o punto) que llo non diga cando estea ante ela; e de hoxe en diante quérome arriscar a dicirllo, e, despois que llo dixer, máteme ela se me matar quixer, (II) porque, abofé, eu sempre me gardei canto puiden de lle causar pesar; mais, de calquera forma, unha morte hei de ter, e con gran pavor arriscareime a dicirllo, e, despois que llo dixer, máteme ela se me matar quixer, (III) porque eu nunca vin a outro home levar unha coita tan grande, abofé, como eu levo; mais, xa que así é, quérome arriscar desde hoxe a dicirllo, e, despois que llo dixer, máteme ela se me matar quixer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:104)

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin fose así considerada nas edicións precedentes. Véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<amigus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 4-6

    Obsérvese a variación lingüística no refrán no relativo á orde de palabras (anulada nas edicións de Nunes e Littera), pois muda a colocación do clítico nas estrofas seguintes: a lho dizer (I) vs. a dizer-lho (II-III). Cfr. nota a 27.4.

  • 17

    Nótese a aparición, absolutamente extraordinaria fóra do indefinido nulho/a, da grafía <ll> en llo en B, que só volveremos encontrar, sempre nese cancioneiro, en <tolle> tolhe (605.3), <uallades> valhades (1078.16), e o pronome <lle> lhe tamén en 1586.3. Cfr. nota a 29.22.

     

Buscar
    Sin resultados