I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 75); Vallín (1995b: 179 [= LPGP 730]); Littera (2016: II, 235-236).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 59); Carter (2007 [1941]: 22-23); Marques Braga (1945: 72-73); Machado & Machado (1949: I, 216); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: 1, 120).
III. Antoloxías: Torres (1977: 504); Alvar & Beltrán (1989: 93-94); Alvar & Talens (2009: 328); Corral Díaz & Vieira (2023: 133).
1 ollos] olhus B; vos] uus A 2 veer] uueer A 4 eu] en B 5 vos] uus A 7 cedo] ce’do B 8 eu] ei B 9 me] mj B 10 e non poss’or’] ent̄ ir ssora B 11 vos] uus A 13 quen] ꝙʷ B 15 morrer] moir B 16 ollos] os ollos A; poss’eu osmar] ousosmar B
1 vos] vus Michaëlis, Vallín 5 vos] vus Michaëlis, Vallín 7 vos] vus Michaëlis 11 vos] vus Michaëlis, Vallín 13 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis
(I) Ollos meus, quérevos Deus agora facer ver un pesar tan grande de que eu non penso poder librarme sen morrer, e non podo eu saber por que vos fai agora Deus tanto mal, ai ollos meus!
(II) Porque cedo vos farán ver que casa aquela por quen eu morro, e nunca me quixo dar ben dela, e non podo agora entender por que vos fai agora Deus tanto mal, ai ollos meus!
(III) E (daquela) de quen isto vos (Deus) mostra nunca vos mostrará nada pracenteiro, pois eu penso morrer logo por iso, ollos, e non consigo imaxinar por que vos fai agora Deus tanto mal, ai ollos meus!
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:368)
Eis unha das escasísimas alusións ao casamento da dona como razón para a coita de amor, que tamén se adiviña na cantiga 121, do mesmo trobador. Véxase tamén a cantiga 417, de Fernan Velho, e outras co mesmo motivo implícito no verbo levar (900, de Roi Fernandiz de Santiago), ou no verbo casar (1104, Lourenço).
Nótese o lapso de A ao introducir o artigo con ollos, que no contexto está a funcionar como vocativo a que se dirixe o trobador.