1152 [= RM 77,17]
Mia madre velida, e non me guardedes

Mia madre velida, e non me guardedes
d’ir a San Servando, ca, se o fazedes,
morrerei d’amores.
E non me guardedes, se vós ben ajades,
d’ir a San Servando, ca, se me guardades,
morrerei [d’amores].
E, se me vós guardades d’atal perfia,
d’ir a San Servando fazer romaria,
morrerei [d’amores].
E, se me vós guardades, ben vo-lo digo,
d’ir a San Servando veer meu amigo,
morrerei [d’amores].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1149, V 741

A copia da estrofa III en B aparece duplicada, con interferencia textual da estrofa II.

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 338-339 [= LPGP 506]); Cohen (2003: 376); Littera (2016: I, 586).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 258-259); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 222-223); Camargo et alii (1990: 36); Burgazzi (2015: 34-35).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 87); Nunes (1959: 304-305); Oliveira & Machado (1959: 95); Álvarez Blázquez (1975: 95); Magalhães (2007: 103); Fidalgo (2009: 134).

Variantes manuscritas


3 morrerei] Moirerey B   6 morrerei] Moirerey B : morrey V   7 vós] nō BV   7-9 E sseme nō guardades datal perfia / Dir a sā seruando ca seme guardades / Moirerey // E sseme(l) nō guardades datal perfia / Dir a sā seruādo fazer romaria / Moirerey B   9 morrerei] Moirerey B   10 ben] en bē B : eu ben V   12 morrerei] Moirerey B

Variantes editoriales


10 ben vo-lo digo] eu ben vo-lo digo Nunes, Littera : |eu| ben volo digo Cohen

Paráfrasis


(I) Miña nai belida, non me privedes de ir a San Servando, pois, se o facedes, morrerei d’amores.

(II) E non me empezades, así teñades ben, ir a San Servando, pois, se mo prohibides, morrerei d’amores.

(III) E se vós me impedides ir a San Servando facer romaría, morrerei d’amores.

(IV) E se vós me prohibides, ben volo digo, ir a San Servando ver o meu amigo, morrerei d’amores.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 11’a 11’a 5’B (= RM 26:62)

Notas


Texto
  • *

    A primeira copia da estrofa III en B presenta cruzamento coa estrofa anterior, pois o segundo hemistiquio do v. 7 foi substituído polo correspondente do v. 5.

  • 2

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

  • 7

    O sentido e o paralelismo co v. 10 evidencia o erro <nō>/<uos>, común aos dous apógrafos italianos, que se pode achar tamén en 923.4, na copia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 10

    A presenza de eu desequilibra a métrica do verso e indica que máis unha vez o pronome persoal de P1 aparece espuriamente no texto, como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

Buscar
    Sin resultados