745 [= RM 7,7]
Mia madre, venho-vos rogar

Mia madre, venho-vos rogar
como roga filh’a senhor:
o que morre por mí d’amor
leixade-m’ir co[n] el falar:
quanta coita el sigo ten
sei que toda lhi por mí ven.
E sodes desmesurada,
que vos non queredes doer
do meu amigo, que morrer
vejo, e and’eu coitada:
quanta coita el sigo [ten
sei que toda lhi por mí ven].
Vee-lo-ei eu, per bõa fe,
e direi-lhi tan gran prazer
per que el dev’a gradecer,
poi-lo seu mal cedo meu é:
quanta coita el sigo [ten
sei que toda lhi por mí ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 730, V 331

Ambos os manuscritos acrecentan un verso final na composición, sen separación tipográfica do refrán: <Oie sse parto coraçon> B, <oie sse parto coraçon> V.

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 150 [= LPGP 95]); Cohen (2003: 219); Marcenaro (2013: 97); Littera (2016: I, 59-60).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 131); Braga (1878: 63); Machado & Machado (1953: IV, 27).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 54); Bernárdez (1952: 66); Nunes (1959: 315-316); Tavares (1961: 50-51); Torres (1977: 75); Ferreira (1988: 68); Ferreira (1991: 83); Jensen (1992: 12); Diogo (1998: 254).

Variantes manuscritas


3 morre] moire B   7 E ssodes desmesurada (q̄uꝯ nō q̄re) V   9 morrer] moirer B   10 and’eu] audeu B

Variantes editoriais


En Nunes o refrán da derradeira estrofa incorpora mecanicamente o final textual de BV:
        quanto coita el sigo ten
        sei que toda lhi por mi ven:
        oje se part’o coraçon!

4 leixade-m'ir co[n] el] leixade min co[n] el Marcenaro : leixade-m’ir co el Littera   8 vos] vós Marcenaro   15 per] por Nunes; el] [m]’el Cohen, Littera; dev’a gradecer] deva guarecer Nunes

Paráfrase


(I) Miña nai, véñovos rogar como un/ha fillo/a roga ao/á seu/súa señor/a (pai/nai): deixádeme ir falar co que morre de amor por min: canta coita el consigo ten, sei que toda por min lle vén.

(II) E sodes inxusta, porque non queredes ter dó do meu amigo, a quen vexo morrer, e estou moi preocupada: canta coita el consigo ten, sei que toda por min lle vén.

(III) Heino ir ver, abofé, e direille algo tan pracenteiro polo que el deba estar agradecido, pois o seu mal logo é mal meu: canta coita el consigo ten, sei que toda por min lle vén.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (I, III [= RM 160:321]) + 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (II [= RM 160:416])

Encontros vocálicos: 13 -lo͜-ei

Notas


Texto
  • *

    A ausencia de separación tipográfica do derradeiro verso dos manuscritos e a súa desconexión semántica e rimática coa cantiga levou –acertadamente na nosa opinión– á súa expunción por parte de Cohen (e de Littera). Probabelmente se trate dunha espuria incorporación dunha nota marxinal ou dun verso procedente doutra composición (descoñecida).

  • 4

    Nótese o erro de interpretación na edición de Marcenaro (leixade min), que le erradamente a secuencia <leixade mir> de BV.

    Por outra banda, consideramos a lección <co> como un erro banal por <cō el>, con omisión da consoante nasal (ou a súa abreviación) na preposición con, feito con presenza nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.); na realidade, é un lapso similar ao frecuente erro de copia <no>/<nō>, por máis que na secuencia con el se rexistre en diversas ocasións (véxase tamén 714.4, 1026.3, 1214.13 e 1492.23). Unha crase do tipo co’el (actualmente dialectal en galego) sería anacrónica por canto ese proceso de desaparición de -n- secundario por fonética sintáctica é un fenómeno que só se produciu moi tardiamente. Cfr. nota a 338.3

  • 8

    Non ten sentido unha interpretación vós para a lección <u9> dos cancioneiros (véxase Marcenaro), cando a forma átona vén asociada ao uso pronominal que doer ten neste verso.

  • 15

    Non acollemos a reintegración do pronome me que realizou Cohen (e Littera) por non ser necesaria a presenza do complemento indirecto de gradecer.

Procurar
    Não foram encontrados resultados