27 [= RM 47,13]
Min fez meter meu coraçon

Min fez meter meu coraçon
en amar tal senhor que non
sei osmar guisa nen razon
por que lhi máis possa guarir,
pois ora non ei poder d’ir
i nen poss’én meu cor partir.
Gran sandece me fez fazer
por tal dona ir ben querer,
pois non ei ja sén nen saber
per que lh’oimais possa guarir,
pois ora non ei poder d’ir
i [nen poss’én meu cor partir].
Muito tenho que estou mal
se me contra ela non val
Deus, nen ar ei eu sén atal
per que lh’oimais possa guarir,
pois ora non ei poder d’ir
i [nen poss’én meu cor partir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 53

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 672 [= LPGP 318-319]); Littera (2016: I, 350).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 17); Machado & Machado (1949: I, 70-71); Rios Milhám (2017: I, 27).

Variants manuscrites


1 Min] Mm B

Variants editorials


4 lhi máis] lh’oimais Michaëlis, Littera

Paràfrasi


(I) O meu corazón fíxome comezar a amar tal dama que non podo imaxinar maneira nin motivo por que lle poida vivir máis, pois agora non teño poder para ir alí nin de onde ela está podo afastar o meu corazón

(II) Gran loucura me fixo facer (o corazón) por ir amar tal muller, pois non teño xa xuízo nin saber por que lle de hoxe en diante poida vivir, pois agora non teño poder para ir alí nin de onde ela está podo afastar o meu corazón

(III) Acho que estou moi mal se Deus non me axuda a respecto dela, nin tampouco eu teño tal entendemento por que lle poida de hoxe en diante vivir, pois agora non teño poder para ir alí nin de onde ela está podo afastar o meu corazón.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8B 8B 8B (= RM 19:28)

Notes


Text
  • 1

    O pronome min é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas. Cfr. ou por min fazerdes vós ben (18.14); nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz (84.10) etc.

  • 4-6

    Nótese a variación formal que se verifica no primeiro verso do refrán desta cantiga, en que alterna a forma preposicional por (I) con per (II-III) e, por súa vez, o sintagma lhi máis coa solución lh’oimais, que implica unha maior intensidade conceptual no retrouso. Este tipo de leves variacións (gráficas, fonéticas, léxicas, funcionais, redaccionais ou exixidas pola sintaxe) aparece en numerosas cantigas desmentindo a ‘absoluta’ inmobilidade do refrán na lírica galego-portuguesa.
    Por outra parte, na disposición do manuscrito, o refrán está limitado aos dous últimos versos (como sinala a maiúscula na primeira estrofa e na segunda, xunto coa marca de refrán só na segunda cobra); porén, o propio texto dos vv. 4, 10 e 16 indica que tamén estes versos se deben incluír no retrouso, aínda que exista unha minúscula variación expresiva no primeiro deles, tal como acontece en múltiplas cantigas ao longo do corpus.

  • 6

    Neste verso é utilizado o provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua das cantigas. 

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat