I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 865-866 [= LPGP 303]); Littera (2016: I, 334).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142); Machado & Machado (1950: II, 175); Rios Milhám (2018b: III, 357); Bruno (2022: 119-120).
2 prazer] prazei B 8 morrer] moirer B 9 veer] ucer B 11 perç’eu o] Perceuo B 13 vivi] uinj B 15 vivi] umi B 17 perç’eu o] Pereceno B 20 morress’assi] moiressassy B
2 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis; dev’a prazer] dev’aprazer Littera 6 mesura] mesur(a) Michaëlis; e quant'eu valh'en mí] [a]quant'e[u] valh', en mi Bruno 12 Véxase v. 6 14 sofrendo] sofrend’o Littera 15 cuid’a viver] cuida[v’a] viver Michaëlis, Littera, Bruno 18 Véxase v. 6 19 vos] vus Michaëlis
(I) Eu morro por vós, miña señora, e sei ben que vos prace; mais non vos debería pracer porque eu perdo niso e vexo que vós perdedes máis do que eu perdo, e explicaréivolo: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.
(II) Coa gran coita xa non me importa a miña morte, señora, e véxome morrer por vós, a quen vin –que eu non vos debera ver, nin vós a min!–; e vede o que por iso acontece: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.
(III) Moito vivín, señora, abofé, sufrindo un mal que non podo soportar, e vivín máis do que penso vivir; e, pois morro por vós, así é: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.
(1) E fun voso, señora, desde que vos vin, e máis sería se non morrese así!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:57)
Encontros vocálicos: 6 mesura‿e; 12 mesura‿e; má·is; 18 mesura‿e
Todo indica (cf. <deua prazer>) que é errada a ausencia de deglutinación da preposición a na perífrase dever + a + infinitivo (dev’aprazer) por parte de Littera (véxase nota a 34.11).
Valh’en mí quere dicir ‘vallo por min mesmo’.
A interpretación das secuencias do tipo <auia>, <deuia>, <ouuera> + inf. como avi’a / devi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), e <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Se se quixer introducir máis determinación no mal que sofre o trobador sería necesario segmentar sofrendo (sofrend’o mal), tal como se fixo en Littera.
Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). Así, máis unha vez, é innecesaria a suplementación silábica e a mudanza temporal que Michaëlis (e os posteriores editores) introduciu en cuido, transformado nunha forma de copretérito (cuidava).