I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 287-288); Rodríguez (1980: 244 [= LPGP 390]); Cohen (2003: 572); Littera (2016: I, 461).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 223); Braga (1878: 120); Machado & Machado (1956: V, 38-39); Fernández Pousa (1959: 261).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 101).
1 Morreredes] Moireredes B 2 mí] min V 3 faça] faca B : faza V 6 morrer] moirer B 7 Ren] Ben BV 8 que morr[er]edes] que moiredes B : q̅m ouedes V 16 jur’e] uire V 19 rog’a Deus] irogad's B
2 mí] min Nunes, Rodríguez, Cohen : mim Littera 6 grav’é] grave Nunes, Rodríguez 7 Ren] Ben Nunes 8 mí] min Nunes 9 min] mi Rodríguez 12 grav’é] grave Nunes, Rodríguez 18 grav’é] grave Nunes, Rodríguez
(I) Morreredes por min, amigo, se eu non vos conceder o meu ben, e non sei que podo facer ao respecto, aínda que penso niso moitas veces; e vede que me acontece con este asunto: para min é moi custoso concedervos o meu ben, e moi doloroso deixarvos morrer.
(II) Non hai nada que vos poida protexer da morte e ben sei que morreredes por min se non obtiverdes algunha recompensa pola miña parte; e no que eu teño a considerar a este respecto, para min é moi custoso concedervos o meu ben, e moi doloroso deixarvos morrer.
(III) Se non vos conceder o meu ben, Amor mataravos por min, sei ben que así será; mais xúrovos e dígovos así, así Deus me deixe nisto facer o mellor: para min é moi custoso concedervos o meu ben, e moi doloroso deixarvos morrer.
(1) E rogo a Deus, que ten o poder para iso, que El me deixe nisto facer o mellor.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:85) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 4 mi‿ aven; 14 sera‿ assi
Os vv. 2-3 de todas as estrofas presentan a mesma palabra rimante: I i; II mi(n); III assi.
Segmentamos a forma verbal é en grav’é para marcar a construción quiasmática no refrán e, asemade, marcar o acento métrico na 4ª sílaba:
é-mi mui grave de vos ben fazer,
e mui grav’é de vos leixar morrer.
A repetición da palabra rimante nos vv. 3-4 de cada estrofa levou á nivelación en min (Nunes) e en mi (Rodríguez) nestes versos.