I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 16-17); Marroni (1968: 74-75 [= LPGP 83-84]); Littera (2016: I, 41-42).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 14); Braga (1878: 4); Machado & Machado (1950: II, 210-211); Rios Milhám (2018b: III, 373).
1 sen[h]or] senʳo B 3 vos] uos B 4 queredes] q̄reds̄(ds̄) B 5 vos] uos B : nos V; posso] rosso V 7 vos] uos BV 8 queredes] q̄peds̄ V 9 vos] uos BV; Deus] dz̄ V 10 est[ra]nho d'andar] estuho(r) dandar B : estaho dandat V 11 de falar] deffalaʳi B : desfalaʳ V 12 se non] senoʳ B : tenoʳ V; averia] auia V 13 dizer] diz V 14 falar] sfalar V 15 sen[h]or] setʳis V 17 podesse nulh’omen guardar] pedesse uulho mē gªrdar B : pedesse nullo mē g̃ du V 18 vos] nō B : uos V 19 algũa] al̄gua V
2 perca] perça Nunes, Marroni 11 algũu] algũ(u) Nunes, Marroni : algum Littera 13 algũu] algũ(u) Nunes, Marroni : algum Littera 19 oisse] oyss(e) Nunes 21 [falasse no vosso gram ben, senhor] Nunes
(I) Tendes gran pracer, miña señora, en que nunca perda coita nin pesar eu que vos amo máis que a ninguna outra cousa, pois non queredes que fale do ben que vos fixo Deus, pois non podo perder a gran coita, porque non ouso dicir o moito ben que Deus vos fixo, señora, (II) porque, xa que vós non queredes, miña señora, que fale do ben que Deus vos quixo dar, sempre terei que andar moi afastado dos que han de falar dalgún ben, pois, se non, non tería poder, cando eu ouvise falar dalgún ben, de non falar do voso ben, señora, (III) porque é tantísimo o voso ben, señora, que eu non penso nin podo pensar que ningún home que vos vise e coñecese o voso ben puidese evitar que, se escoitase nalgún momento a alguén falar dalgún ben, que non [...], señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10d 10d 10a (= RM 204:1)
Encontros vocálicos: 11 al·gu͂͜u; 13 al·gu͂͜u; 19 oisse‿en
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15. Fronte a esta ligazón causal, en todas as edicións precedentes a cantiga é editada con independencia sintáctica de todas as estrofas.
Por outra parte, é de sinalar a repetición da palabra rimante senhor nos versos primeiro e derradeiro de todas as estrofas.
A reconstrución conxectural sobre as leccións <estuho(r)> de B e <estaho> de V non é plenamente satisfactoria, como tampouco o sería a variante minoritaria estrao, documentada coas formas e flexións estrao, estraa, estrãa e estráá en diversos documentos galegos, así como na tradución da Geral Estoria (véxase TMILG s.v.). Porén, a expresión andar estranho (de alguén) é utilizada en Nun’Eanes Cerzeo:
Estranho and’eu dos que me queren ben
e dos que viven migo t[o]da via (103.13-14).
Enténdase, pois: ‘sempre hei de andar afastado dos que falen de cousas moi boas (pois non podería evitar falar da senhor e delatarse)’.
O indefinido algu͂u (como neu͂u), tamén no v. 13, debería, aparentemente, computar como trisilábico; porén, u͂u na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica (e algu͂u como bisilábico), revelando dese xeito que se trata de grafías conservadoras. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Nótese a inusual aparición da grafía <ll> de null(o) en V, fronte a <lh> en B: a utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
Obsérvese a (probábel) repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
que, se oisse en algũa sazon
alguen falar en algun ben, que non [...].
Para o último verso, que falta nos dous manuscritos, a palabra rimante ten de ser necesariamente senhor por estar condicionada polo artificio do dobre. Unha hipótese de reconstrución conxectural, tendo en conta que o contido será similar ao verso correspondente da estrofa II, podería ser: [quisesse no vosso falar, senhor] ou, alternando os dous verbos de dicción tamén presentes na estrofa anterior, [quisesse do vosso dizer, senhor].