1172 [= RM 145,3]
Mui gran temp’á que servo ũa senhor

Mui gran temp’á que servo ũa senhor
e avia eu i tan gran prazer,
meus amigos, assi Deus me perdon,
que ant’eu quisera en poder d’Amor
morrer ou viver, segundo meu sén,
ca, u a máis servid’avia, non
quer que a veja nen lhi quera ben.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscrits


B 1159, V 762

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 513); Macchi (1966: 19 [= LPGP 905]); Littera (2016: II, 463).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 264); Braga (1878: 144); Machado & Machado (1956: V, 252).

Variantes manuscrites


1 Mui] M mui B; temp’á] tenp̄ a V   2 tan] fra V   3 meus] Meu B; perdon] pardon B   5 morrer] Moirer B   6 avia] ama BV

Variantes éditoriales


1 servo] serv(o) Nunes   3 perdon] pardon Macchi   4 quisera] quiser(a) Nunes   7 quer] que[rer] Nunes; quera] que[i]ra Nunes, Macchi, Littera

Paraphrase


(I) Moito tempo hai que sirvo unha señora e eu sentía con iso unha satisfacción tan grande, meus amigos, así Deus me perdoe, que eu quixera antes morrer ou vivir en poder de Amor, na miña opinión; porque cando máis a estaba servindo, (vai e) non quere que a vexa nin a ame.

Métrique


Esquema métrico: 10a 10b 10c 10a 10d 10c 10d (= RM 214:1).

Encontros vocálicos: 1 servoũ·a; 4 quiseraen

Notes


Texte
  • *

    É probábel que esta cantiga estea incompleta. Con todo, percíbese claramente o ton irónico.

  • 1

    A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir presenta iode na desinencia (sĕrviō > sérvio; sĕrvĭam > sérvia etc.) nun primeiro momento evolutivo, que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Neste verso achamos un testemuño de servo, que se suma aos presentes en 36.14, 374.14, 849.13 e 1543.7, formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia. Cfr. nota a 1109.14.

  • 3

    É necesario emendar a lección <pardon> de B, aparente variante de influencia francesa, lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (neste verso, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 6

    Nótese o erro <m>/<ui> de BV (<ama> avia) que se rexistra en diversas pasaxes dos apógrafos italianos. Veáse nota a 1161.15.

  • 7

    A diferenza de Nunes, Macchi e Littera, mantemos quera a partir da unánime lección dos manuscritos por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé