258 [= Tav 152,5]
[M]uito pun[n]ei de vos negar

[M]uito pun[n]ei de vos negar,
sennor fremosa, o gran ben
que vos quero; mais ja per ren
no[n] ei poder de me guardar
que vos non aja de fazer,
do ben que vos quero, saber.
Quisera-m’eu que foss’assi
que podesse meu coraçon
encobrir; mais no’me perdon
Deus se ja poss’al fazer i
que vos non aja de fazer,
[do ben que vos quero, saber],
ca entendi eu, por meu mal,
que vós parecedes mellor
de quantas eu vi, mia sennor;
pero non poss’i fazer al
que vos non aja de fazer,
[do ben que vos quero, saber].
Tal ben vos quero que ben sei
per ren que non posso guarir;
pero non me poss’eu partir,
mais é ‘ssi que poder non ei
que vos non aja de fazer,
[do ben que vos quero, saber],
ca todo non sei oj’eu quen
o podesse dizer per ren;
e negara-vo-l’eu, mais non
quis Deus nen o meu coraçon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 150

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 300-301 [= LPGP 956]); Piccat (1995: 183-184); Littera (2016: II, 504-505).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 90); Machado & Machado (1960: VII, 8-9); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 258).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 232); Arias Freixedo (2003: 853-854).

Variantes manuscrites


1 vos] uus A   3 vos] uus A   5 vos] uus A   6 vos] uus A   11 vos] uus A   17 vos] uus A   19 vos] uus A   23 vos] uus A

Variantes éditoriales


1 vos] vus Michaëlis, Piccat   3 vos] vus Michaëlis, Piccat   4 no[n]] no Piccat   5 vos] vus Michaëlis, Piccat   6 vos] vus Michaëlis, Piccat   9 no’me] no me Piccat : nom me Littera   11 vos] vus Michaëlis, Piccat   12 vos] vus Michaëlis, Piccat   13 entendi] entend’i Michaëlis, Littera   17 vos] vus Michaëlis, Piccat   18 vos] vus Michaëlis, Piccat   19 vos] vus Michaëlis, Piccat   21 eu] én Michaëlis : en Littera   22 é ‘ssi] é’ si Michaëlis : é si Piccat   23 vos] vus Michaëlis, Piccat   24 vos] vus Michaëlis, Piccat

Paraphrase


(I) Moito me esforcei en vos ocultar, señora fermosa, o moito que vos amo; mais xa por cousa ningunha non teño poder para evitar que non vos teña que facer saber o moito que vos amo.

(II) Eu querería que fose de forma que puidese ocultar o meu corazón, mais que Deus non me perdoe se eu xa niso podo facer outra cousa que non vos teña que facer saber o moito que vos amo, (III) pois eu comprendín, para a miña desgraza, que vós sodes a máis fermosa de todas cantas (donas) eu vin, miña señora; porén, non podo ao respecto facer outra cousa diferente que non vos teña que facer saber o moito que vos amo.

(IV) Ámovos tanto que sei ben que non podo sobrevivir; porén, eu non podo deixar de o facer (amarvos), mais acontece que non teño poder para que non vos teña que facer saber o moito que vos amo, (1) porque non coñezo hoxe eu quen, por cousa ningunha, o puidese expresar todo; (2) e ocultaríavolo eu, mais non quixo Deus nin o meu corazón.
 

Métrique


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8d 8d + 8e 8e (= Tav 160:390)

Notes


Texte
  • 4

    Nótese, na edición de Piccat, a inexistente forma no, como se o adverbio negativo puidese presentar unha variante no perante vogal.

  • 9

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza doutros editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 13

    A liña conceptual e expresiva da cantiga non achega datos para considerar que entendi deba ser interpretado como entend’i (= entendo + i), tal como decidiron Michaëlis e Piccat. O pronome adverbial presente nos vv. 10 e 16 refírese á circunstancia concreta de o trobador querer evitar declarar á dona o moito que a ama e ao feito de que lle resulta imposíbel. O pretérito entendi do presente verso refírese á causa de que iso sexa así: aínda que intentou ocultarllo (negar, v. 1; encobrir, v. 9), entendeu  (entendi) que ela era a máis fermosa de cantas viu. Por outro lado, nótese que nos versos 10 e 16 o pronome adverbial é grafado no manuscrito como <y> precedido e seguido de espazo. No caso deste v. 13, a forma verbal está grafada como <entendy>, sen espazo de separación, e aínda hai na marxe dereita unha anotación do revisor indicando que esa grafía equivale a <j>.

  • 21

    A lección de A é claramente eu, sen posibilidade, neste caso, de confusión con én.

  • 22

    Resulta significativo comprobar a existencia da aférese de assi no encontro coa forma verbal é (véxanse tamén 179.30, 218.8 e 11, 246.15, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23), que convive coa sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32; só existe hiato en 754.4) e co xeral ést’assi para evitala, co recurso á variante éste (cfr. nota a 88.10). En calquera caso, non existe unha dupla forma assi / si para o adverbio, senón que ‘ssi é produto dunha aférese.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé