135 [= RM 97,19]
Muitos me veen preguntar

Muitos me veen preguntar,
mia sennor, a quen quero ben,
e non lles quer’end’eu falar
con medo de vos pesar én,
nen quer’a verdade dizer;
mais jur’e faço-lles creer
mentira por vo-lles negar
e porque me veen coitar
do que lles non direi per ren:
ca m’atrev’eu en vos amar;
e, mentr’eu non perder o sén,
non vos én devedes temer,
ca o non pod’ome saber
per min se non adevinnar.
Nen sera tan preguntador
null’ome que sábia de min
ren per que seja sabedor
[d]o ben que vos quix, pois vos vi;
e, pois vos praz, nega-lo-ei
mentr’o sén non perder, mais sei
que mi-o tollerá voss’amor.
E, se per ventura assi for,
que m’ar pregunten des aqui
se sodes vós a mia sennor
que amei sempre e servi,
vedes como lles mentirei:
d’outra sennor me lles farei,
ond’aja máis pouco pavor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 48, B 160

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 103-104); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 86-87 [= LPGP 649]); Littera (2016: II, 123-124).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 65); Carter (2007 [1941]: 30-31); Marques Braga (1945: 99-100); Machado & Machado (1949: I, 239-240); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 135).
III. Antoloxías: Jensen (1992: 226); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 138); Fidalgo (2009a: 60).

Variantes manuscrites


2 quen] queu B   3 lles] lhis B   4 vos] uos A   6 faço-lles] facolhis B   7 lles] lhis B   9 lles] lhis B   10 vos] uos A   12 temer] atemer B   15 Nen] Nō B   16 null’ome] nullome B   18 quix] quis B   19 vos] uos A   20 mentr’o] metro B   23 ar] er B   25 amei sempre e servi] ame q̄ semp’ ƥuj B   26 lles] lhis B   27 lles] lhis B

Variantes éditoriales


1 Muitos] Muitus Bertolucci Pizzorusso; veen] vẽem Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : vêm Littera   3 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   4 vos] vos Michaëlis : vus Bertolucci Pizzorusso   6 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   7 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   8 veen] vẽen Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : vêm Littera   9 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   10 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   12 vos én devedes temer] vus devedes a temer Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : vos devedes a temer Littera   14 per] por Michaëlis   15 Nen] Non Bertolucci Pizzorusso   16 min] mi Michaëlis   17 per] por Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; quix] quis Bertolucci Pizzorusso, Littera; vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   22 ventura] ventur’ Michaëlis   23 ar] er Bertolucci Pizzorusso   25 amei sempre e servi] am’e que sempre servi Bertolucci Pizzorusso   26 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso   27 lles] lhis Bertolucci Pizzorusso

Paraphrase


(I) Moitos me veñen preguntar, miña señora, a quen amo, e non lles quero eu falar dese asunto con medo de que iso vos cause pesar, nin quero dicir a verdade; mais xuro e fágolles crer unha mentira para vos ocultar deles (II) e porque me veñen aflixir (preguntándome) polo que non lles direi por nada do mundo: que eu me atrevo a vos amar; e mentres eu non perda a razón, vós non vos debedes preocupar por iso, porque ninguén o poderá saber por min se non for adiviño.

(III) Nin ninguén será tan preguntador que saiba de min nada polo que sexa coñecedor do ben que vos quixen desde que vos vin; e, pois vos prace, negareino mentres non perda o siso, mais sei que me privará del o voso amor.

(IV) E se por acaso así ocorrese, que tamén me pregunten a partir de aquí se sodes vós a miña señora que sempre amei e servín, vede como lles mentirei: fareime pasar por (vasalo) doutra señora, de quen teña menos pavor.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= RM 100:48)

Encontros vocálicos: 16 sá·bia; 21 mi-‿o; 22 venturaassi

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga comparte incipit (e tema) cunha composición de Pero d’Armea, cuxa primeira estrofa presenta un desenvolvemento similar:
              Muitos me veen preguntar,
              senhor, que lhis diga eu quen
              ést’a dona que quero ben;
              e con pavor de vos pesar
              non lhis ouso dizer per ren,
              senhor, que vos eu quero ben (1088.1-6).

  • 7

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115)

    e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37)

    foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CM 55.72).

  • 10

    Téñase en conta que atrever-se, á parte da preposición a e de, rexe tamén a preposición en noutra ocorrencia co valor de ‘atreverse, ousar’ (663.8), e, especialmente, sempre que significa ‘confiar en, fiarse de’ (174.8, 978.9, 134.4, 1599.11).

  • 12

    A lección de B, coa preposición a na perífrase obrigativa dever + infinitivo (en A a preposición está cancelada) fai hipermétrico o verso (cfr. nota a 55.17). Con todo, as edicións precedentes optaron por manter a preposición na perífrase e expunxir o pronome én.

  • 13-14

    Cfr. E des oimais non pod’El saber ren / de mia fazenda senon devinnar (254.13-14).

  • 14

    Sendo posíbel calquera das posibilidades, entre  senon (preposición ‘excepto’) e se non (condicional + negación), propomos a segunda opción, porque só alguén que tiver capacidades adiviñatorias poderá coñecer o que o trobador sente pola senhor, cuxo amor nega aos que o interrogan. 

  • 15

    Preguntador é formación lexical única na lingua trobadoresca e, en xeral, na lingua medieval.

  • 16

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 18

    Para alén das formas quise (véxase nota a 56.14) e quiso (véxase nota a 53.16), quis pode presentar a variante monosilábica con palatalización da alveolar final quix (véxase nota a 74.13). Neste caso os manuscritos presentan lección diverxente, o mesmo que acontece entre os apógrafos italianos en 502.11 e 528.7.

    Por outra parte, o adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

  • 23

    Sobre a variación ar ~ er véxase nota a 134.15.

  • 25

    Como é habitual, en caso de leccións equipolentes, priorizamos A sobre a lección de B, que combina o presente e o pasado, adoptada por Bertolucci Pizzorusso, tamén ten pleno sentido, pois o sentimento e servizo amoroso aínda está vixente.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé