478 [= RM 18,26]
Non me posso pagar tanto

Non me posso pagar tanto
do canto
das aves nen de seu son,
nen d’amor nen da misson
nen d’armas (ca ei espanto
por quanto
mui perigo[o]sas son),
come d’un bõo galeon
que mi alongue muit’aginha
deste demo da campinha
u os alacrães son,
ca dentro no coraçon
senti deles a espinha!
E juro par Deus-lo santo
que manto
non tragerei nen granhon,
nen terrei d’amor razon
nen d’armas porque quebranto
e chanto
ven delas toda sazon;
mais tragerei ũu dormon
e irei pela marinha
vendend’azeite e farinha,
e fugirei do poçon
do alacran, ca eu non
lhi sei outra meezinha.
Nen de lançar a tavolado
pagado
non sõo, se Deus m’ampar
(ad’eu), nen de bafordar;
e andar de noite armado
sen grado
o faço, e a rolda[r],
ca máis me pago do mar
que de seer cavaleiro,
ca eu foi ja marinheiro
e quero-m’oimais guardar
do alacra e tornar
ao que me foi primeiro.
E direi-vos ũu recado:
pecado
i á, ja me i pod’enganar
que me faça ja falar
en armas, ca non m’é dado
(doado
m’é de as eu razõar,
pois-las non ei a provar);
ante quer’andar sinlheiro
e ir come mercadeiro
algũa terra buscar,
u me non possan colpar
alacra negro nen veiro.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 
45
 
 
 
 
50
 
 

Manuscritos


B 480, V 63

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 13-16 [= LPGP 151-152]); Paredesa (2001: 207-208); Lopes (2002: 66-67); Paredesb (2010a: 187-188); Littera (2016: I, 91-93).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 30); Braga (1878: 12-13); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 166-167); Machado & Machado (1950: II, 339-340); Paredes (2010b: 142-147); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 167-168); Paredes (2010c: 97-99); Rios Milhám (2018b: III, 478).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 18-19); Álvarez Blázquez (1975: 171-172); Correia (1978: 188-190); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 35-36); Gonçalves & Ramos (1983: 193-194); Dobarro Paz et alii (1987: 72-73); Tavares & Miranda (1987: 9-10); Montoya (1988: 302-303); Alvar & Beltrán (1989: 180-181); Pena (1990: 244-246); Sansone (1990: 212-214); Jensen (1992: 50-52); Alonso Girgado (1992: 15-16); Pena (1993: 143-145); Delgado León (1996: 123-124); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 54-55); Diogo (1998: 176-177); Morán (1999: 21-23); [Morán] (2001: 14-16); Arias Freixedo (2003: 336-338); Marcenaro (2006: 50-54); Alvar & Talens (2009: 434-436); Mongelli (2009: 236-237); Souto Cabo (2017: 35-36); Álvarez Maneiro & Borriero (2018: 34-36).

Variantes manuscritas


2 canto] tanto BV   3 aves] dues V   4 da misson] damicō B : da miçō V   8 bõo] brō B : bēo V   11 os] es V; alacrães] alatraes BV   13 deles] delꝉs B :  dells̄ V   18 quebranto] q̄ biāco V   20 ven] nē BV; toda] tõda B : teda V   22 marinha] marmha V   23 azeite e farinha] a zene / effarmha V   24 fugirei] ffuguey V; poçon] pocō B : paçō V   25 alacran] alacrar B : alarray V   26 lhi sei outra] phy ssey ouq(u)a V   29 sõo] sscõ BV   30 ad’eu] adeo B : ade o V   31 noite] noide B : noude V   32 grado] grad V   33 faço, e a] ffaco ra B   35 seer] sser V; cavaleiro] caualrō B : caualr̄o V   39 ao] om. V; primeiro] pmo V   40 vos] uos BV   42 i á, ja me i] iaia mei B : ia ia mei   43 faça] faca B   45 doado] do ad V   46 razõar] rrazc̄ar B : rrazonar V   47 ei] ay B   48 andar] andir B : anday V   49 mercadeiro] mer cadeyto B   51 colpar] culpaʳ B : culpā V   52 veiro] ueys V

Variantes editoriales


4 da misson] de mixon Lapa, Paredesa, Paredesb : de misson Lopes, Littera   7 mui perigo[o]sas] mui[to] perigosas Lopes : mui perigosas Littera   8 bõo] bon Lapa, Paredesa, Paredesb : bom Lopes, Littera   9 mi] m’ Paredesa, Paredesb   16 non] não Lopes   20 toda] tod’a Lopes, Littera   21 ũu] un Lapa, Paredesa, Paredesb : um Lopes, Littera; dormon] dornom Lopes   23 azeite e] azeit’e Lapa, Paredesa, Paredesb   25 alacran] alacrã Lopes, Littera   27 tavolado] tav’lado Lopes : tavlado Paredesb   30 ad’eu] aquí Lapa, Paredesa : adés Lopes, Paredesb, Littera   31 noite] noute Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   38 alacra] alacran Lapa, Paredesa, Paredesb : alacrã Lopes, Littera   40 ũu] un Lapa, Paredesa, Paredesb : um Lopes, Littera   41-42 pecado / i á, ja me i pod’enganar] pecado / nunca me pod’ enganar Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   46 m’é de] de me Lopes   47 pois-las] poi’las Lopes   51 colpar] culpar Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera; alacra] alacran Lapa, Paredesa, Paredesb : alacrã Lopes, Littera

Paráfrasis


(I) Non podo sentir tanto deleite do canto das aves nin da súa melodía, nin do amor nin da actividade militar nin das armas (das que sinto espanto porque son moi perigosas), como dun bo galeón que axiña me leve lonxe deste demo da campiña onde están os alacráns, porque o ferrete deles sentín dentro, no corazón!

(II) E xuro por Deus santo que non traerei manto nin deixarei barba, nin falarei sobre o amor nin sobre as armas, porque delas ven sempre quebranto e pranto; mais traerei un galeón e irei pola mariña vendendo aceite e fariña, e fuxirei da pezoña do alacrán, porque eu non sei outra menciña.

(III) Nin sinto pracer en lanzar ao taboado, así Deus me ampare, engado eu, nin dos exercicios militares; e andar de noite armado a roldar, tamén o fago a desgusto, porque me gusta máis o mar que ser cabaleiro, pois eu xa fun mariñeiro e de aquí en diante quérome protexer do alacrán e tornar a aquilo que fun primeiro.

(IV) E direivos unha cousa: pecado hai aí hai, xa me pode enganar ben quen me faga falar de armas, pois iso non é o meu (e seríame doado falar sobre elas, pois non as hei de probar); prefiro andar só e ir como mercador á procura dalgunha terra onde non me poida ferir nin alacrán negro nin pinto.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 2’a 7b 7b 7’a 2’a 7b 7b 7’c 7’c 7b 7b 7’c (= RM 41:1)

Encontros vocálicos: 8 bo͂͜o; 9 mialongue 21 u͂͜u; 31 noitearmado; 40 u͂͜u; 42 iá, mei

Notas


Texto
  • *

    O esquema métrico desta cantiga aparece, como mostra de intertextualidade métrica, na cantiga 545, de Don Denis (vid. Gonçalves 2016 [1992]: 229-230).

  • 4

    A lección dos manuscritos (<damicõ> B, <da miçõ> V) parece indicar que estamos perante o substantivo misson (ou mixon), con troca gráfica na consoante sibilante, voz que se atesta tamén en 1413.23 e 1655.19, en ambos os contextos coa acepción de ‘gastos, despesas’; no entanto, nesta pasaxe afonsina é máis acaído o sendo de ‘actividade militar’ que missionem presentaba tamén no latín. No CGPA aparece tanto missõ ~ missom como mixon ~ mixom ~ mixõ, en xeral co significado de ‘encargo, cumprimento, obriga’ (tamén aceptábel para esta pasaxe afonsina), ambas as dúas formas con variación fono-gráfica similar que responde á mesma diverxencia evolutiva que se produce, por exemplo, en prijon ~ prison (con palatalización por iode vs. desaparición do iode, véxase Ferreiro 1999: §107b). Diversas variantes gráficas desta voz (missõ, mison, [mixon], myssõ) poden verse en Machado Filho (2013: s.v.).

  • 8

    A forma bo͂o, con grafía conservadora (véxase a significativa situación de 887.42, coa oposición <bon> A vs. <bo͂o> BV), é metricamente unisilábica, por tanto perfectamente equivalente de bon, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (241.10, 464.8, 475.31, 724.7, 805.9, 889.24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Esta alternancia gráfico-métrica é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / so͂o) e, tamén, a un / u͂u. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  • 10

    A expresión demo de, seguida dun nome, funciona como adxectivo co sentido de ‘demoníaco, malvado’. Véxase nos corpus das cantigas profanas: 

    d’al and’ora máis nojoso 
    do demo d’ũa meninha (383.25).

    ca o dem’agora d’Amor 
    me fez fillar outra sennor (901.5).

  • 11

    Eis a primeira aparición dos alacrães (nótese a variación alacran ~ alacra, cfr. vv. 25, 38, 52), que se dotan de valores metafóricos e simbólicos derivados do carácter ponzoñoso deste animal (Montero Curiel & Montero Curiel 2005: 307-310).

  • 13

    A grafía <ll> de BV en <elles>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 14

    Nótese a grafía arcaica da asimilación que se produce no encontro de Deus co pronome identificador (Deus-lo santo, v. 14; pois-las, v. 45). A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con algúns vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 16

    En Afonso X o granhon ‘barba’ aparece asociado aos coteifes (véxase tamén 477.1, 489.32), aínda que esta voz aparece tamén en 1613.17 e 1631.6. Fóra de apelativo como sobrenome ou alcume, só o achamos nas Cantigas de Santa Maria (CSM 293.28 grannon, 305.58 grannões; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. grannon) e nos Miragres de Santiago:

    Et entõ tomaras dous dentes et hũu pouquo de granõ et a cabeça darla as aa rreyna dona Orraqua (Pensado 1958: 66).

  • 19

    Chanto é a evolución patrimonial de planctum ‘pranto’, que se corresponde co verbo changer (<plangĕre), atestado en 1585.24.

  • 21

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico (tamén no v. 40), e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

    O dormon ‘barco’, conservando a lección transmitida por BV, é un hapax na lingua medieval e moderna, procedente do gr. dromon ‘navío de carga’. Tamén foi interpretado tal termo como dornon, aumentativo de dorna ‘barca’, mais a dorna medieval que está atestada (véxase CGPA, s.v. dorna) refírese sempre a un recipiente onde se recolle o viño despois de pisar a uva e nunca a unha embarcación, que parece ser unha evolución semántica posmedieval (véxase Varela Sieiro 2003: 293-294). Véxase Ferreiro 2015: 263-264.

  • 24

    O verbo fugir é variante da forma, aínda maioritaria, fogir (< fŭgĕre), que sofreu un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.

    O galicismo poçon ‘veneno’ (tamén en 1590.10) é voz literaria (cfr. a forma xeral peçonha, poçoia, peçoia etc.), moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria, mais ausente da restante produción medieval.

  • 27

    Conservamos a forma tavolado (‘armazón de táboas utilizada en xogos cabaleirescos’) dos manuscritos, aínda que moi probabelmente sexa un lapso por tavlado desde o momento en que o verso ficaría hipermétrico e a forma con síncope aparece atestada en Lopo Lias:

    Podedes én bafordar
    e o tavlado britar (1365.16).

    Lançar a tavolado equivale, pois, a bafordar (véxase v. 30).

  • 30

    O primeiro elemento do verso ofrecido polos manuscritos é <adeo> B, <ade o> V, feito que provocou diversas interpretacións a partir da existencia dun erro de transmisión: desde propostas conxecturais como oimais (Michaëlis) até aqui (Lapa), face a ades (ou adés), proposto por Lopes (e aceptado por Paredes en 2010 e continuado en Littera), como un provenzalismo co significado de ‘decote’. Porén, este empréstimo sería un hapax, razón que nos leva a propor ad’eu, considerando a presenza do verbo ader e dunha forma <eo> errada por eu, cun erro <-o>/<-u> que se detecta en vocábulos como deu (1531.6) seu (1309.9) ou meu (540.1, 553.3, 570.7, 1186.6, 1570.28), para alén de se rexistrar directamente <eo> en vez de <eu> no propio pronome (61.12, 621.16, 1161.8)1 . Canto ao verbo ader (< addere) ‘acrecentar, engadir’, é pouco frecuente (o verbo xeral é e͂ader, procedente de in-addere), mais é recollido por Nunes no seu vocabulario arcaico (Nunes 1929: s.v. ader) e encóntranse algunhas ocorrencias no Corpus Galego-Portugués Antigo: por exemplo, na carta de confirmación das partillas de Joana Diaz polos fillos e netos de seu marido Fernan Fernandiz Cogominho do ano 1278:

    e os scritos e as cartas e os strumẽtos que ende per dante mj̃ mostrarõ e léér fezerõ, e que por mercéé e por dereyto se hy algũã cousa era pera correger ou pera tolher ou pera ader que eu que o fezesse.

    Véxase tamén ader nun documento de 1433 do Livro do Concello de Pontevedra:

    Rúa dos Arçedianos: postores, Johán Porquello e Johán de Vylauerde; colledor, Vaasco de Deça, DCCCL XII mrs que aderon CL mrs.

    Tamén aparece na tradución galega da General Estoria:

    et diz que põys que em estes nõ se começarõ amellorar que nõ ouvo coydado delles em ader nẽ de asperar los (Martínez López 1963: 36)

    E para alén de varias obras recompiladas no Dicionário dos Primeiros Livros Impressos em Língua Portuguesa (Machado 2015: s.v. ader), podemos achar máis ocorrencias en textos sinodais portugueses de finais do século XIV ou comezos do XV:

    Item declarando e adendo em hũa constituçom que hé ordinhada de gram tempo na nossa eigreja de Coinbra (...) Ademos ainda mais e defendemos que os alcaides, alvaziis, juizes, moordomos e outros quaaesquer oficiaes ou seus homẽes se non tremetam nem presumam de se tremeterem de castigar nem punir nem correger os exeços dos clerigos e religiosos a nós sojetos (García y Garcia 1982: 199, 330).

    Téñase en conta, ademais, a existencia do derivado nominal adimento (véxase Roberts 1940: s.v. aditamento).
    Desta forma, ad’eu constituiría unha expresión parentética, cunha explicitación da primeira persoa, que xa está presente nos vv. 25, 36 e 46.
    Bafordar ‘tirar lanzas en xogos de cabalaría’ (tamén en 723.2, 769.2 e 9, 1365.15) é sinónimo de lançar a tavolado (véxase v. 27). Ambas as dúas accións aparecen decote unidas en diversas narracións medievais de teor cabaleiresco:

    Os castelãos a hũu cabo alançauã et quebrantauã os tauolados, et os outros tragiã armas et bufurdauã (...) Et forõ y grandes alegrias ademays de lãçar a taualados et de bofurdar et correr touros et de jogar tavolas et açedrẽches et moytos iograres (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España; Lorenzo 1975: I, 138, 176).

    Mays todos cada día andauã ante ela bufurdando et lançando o trauado (...) Et os caualeyros lançauã a trauados et bufurdauã (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 720, 721).

    Vaasco Gonçalvez Peixoto, que foi de boas manhas em lançar a cavalo a tavolado e em bafordar e em nas outras cousas que perteencem a fidalgo (Livro de Linhagens do Conde D. Pedro; Mattoso 1980: II/2, 42).
     
    E baffordavã e britavã tavolados e filhavã escudos e lanças (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: III, 80).

  • 31

    Perante as lección <noide> e <noude> de B e V, respectivamente, concedemos prioridade a B, tendo en conta, ademais, que a variante noute é extremamente rara nos textos medievais, aínda que existe unha atestación conxectural en 1487.21.

  • 33

    A voz roldar, anterior a rondar, é a forma utilizada nos textos medievais, en xeral relacionada coa actividade militar. Entre outros:

    poserõ dez mill caulayros que rroldassen a oste aquela noyte (Crónica Troiana; Lorenzo 1985: 404).

    e foy feita em quãto roldarom e velarom e roldarom (sic) a primeira guarda (...) sofrendo muyto afam, ca muytas vezes el per seu corpo velava e roldava o arreal con suas guardas (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: II, 114; IV, 487).

    e alcançarom voz por o Meestre, rrolldamdo e vellamdo a villa aas portas fechadas em nome delle (Crónica de D. João I; Fernão Lopes 1994: 85).

  • 36

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 38

    A variante alacra (tamén no v. 52) convive na cantiga (vv. 11 e 25) e na lingua medieval coa forma alacran e con outras variantes descendentes da base árabe. Cfr. as variantes alacrã, alacraia, alacran, alacrau, lacrau etc. no Dicionário de Cândido de Figueiredo (1978, s.v.).

  • 42

    Fronte á proposta de emenda dos diversos editores, neste verso interpretamos literalmente, como xa fixeran os Machado, a lección coincidente dos manuscritos (<ia ia mei>), con pleno sentido no contexto, de modo que son necesarias as sinalefas i‿á e mais me‿i.

  • 47

    Para o formato gráfico arcaico no encontro pois-las véxase nota ao v. 14.

  • 48

    Fronte á forma xeral senlheiro, aparece esporadicamente a variante fonética sinlheiro (tamén en 479.7 e 1402.11), que se rexistra, aliás, na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: III, 145). Cfr. tamén nota a 1298.2.

  • 49

    A rima debeu impor a forma mercadeiro, que só se atesta en Afonso X (tres ocorrencias, tamén en rima, nas Cantigas de Santa Maria; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.), pois non conseguimos achalo en ningún outro autor ou obra medieval, face á forma xeral mercador (non rexistrada nas cantigas profanas, mais si nas relixiosas). Neste sentido, seguramente se trate dun castelanismo do rei Afonso X.

  • 51-52

    Non existe dúbida sobre a unánime lección de BV, que levaría a culpar, tal como todos os editores fixaron no v. 51. No entanto, do punto de vista semántico, non ten sentido nin é coherente atribuír este verbo aos alacráns. É por isto que a nosa proposta acode a colpar (suporía un erro <u>/<o>, bastante frecuente), verbo derivado de colpe ‘golpe’ (véxanse as variantes colpe, colbe e golpe no Glosario). O verbo colpar xa está presente noutra cantiga de Afonso X a través do participio:

    mais empero era-x’el tan braceiro
    que ouv’end’ela de ficar colpada (493.7).

    E tamén se rexistra nunha cantiga de Joan Baveca:

    E ali logo, u sa lide avolver,
    verran-vos deles deante colpar;
    des i os outros, por vos non errar,
    ar querran-vos por alhur cometer (1472.9).

    Deste xeito, o final da cantiga preséntase coherente: ‘prefiro mellor andar só e ir como mercador á procura dalgunha terra onde non me poida picar nin alacrán negro nin pinto’.

  1. ^

    Véxanse numerosas aparicións da forma eo ‘eu’ no Corpus do Galego-Portugués Antigo (CGPA, s.v. eo).

Buscar
    Sin resultados