I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 830 [= LPGP 284]); González Martínez (2012a: 71); Littera (2016: I, 303).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 132); Machado & Machado (1950: II, 136); Rios Milhám (2018a: II, 321).
13 e lh’a] Ela B 14 S[ei] eu] Seu B 16 val] mal B
6 dé] dê Michaëlis, Littera 7 E] om. González Martínez 10 ca nunca] a min, ca Michaëlis 12 dé] dê Michaëlis, Littera 13 e l[h]a] El a González Martínez : E la Littera 15 ca ‘ssi] c’assi Michaëlis : ca si González Martínez : e assi Littera; vos] vus Michaëlis 16 mi] m’i González Martínez 18 dé] dê Michaëlis, Littera
(I) Vós non me queredes crer, señora, a coita que me facedes padecer, e, xa que sempre a hei de sufrir, non me ten proveito xurárvolo unha vez máis; mais Deus, que tira as coitas e as dá, (que) El lle dea gran coita a quen coita non ten!
(II) E non me credes que coita (tan grande) sufrín sempre por vós, nin canto afán padecín, e mirade agora que faredes con isto, porque nunca vola máis xurarei; mais Deus, que tira as coitas e as dá, (que) El lle dea gran coita a quen coita non ten, (III) e que non lla quite mentres viva! Eu sei moi ben que vivirá moi mal, pois así me aconteceu a min desde que vos vin; e, aínda que volo xuro, non me vale de nada; mais Deus, que tira as coitas e as dá, (que) El lle dea gran coita a quen coita non ten!
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:8)
Encontros vocálicos: *8 cree·des
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, con ligazón copulativa das dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 74.
Perante a lección enviada polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional, a solución michaëliana semella a máis acaída do punto de vista semántico-discursiva, ao tempo que supón unha mínima intervención sobre o texto manuscritos: nos apógrafos italianos é doado localizar o erro <lh>/<l>, tal como acontece co pronome lhe en diversas pasaxes: lhi <lhi> B, <li> V (581.14); lho <lo> B, <lho> V (597.4); lh’ <l> B, <lh> V (614.9); lhi <lhi> B, <li> V (841.19); lh’ <l> B, <lh> V (989.11); lh’ <lh> B, <l> V (998.5); lhe <le> B, <lhe> V (1199.16); lhi <lhi> B, <li> V (1267.9); lh’ <l> B, <lh> V (1630.15) etc.
Neste sentido, a próclise do pronome na edición de González é sintacticamente anómala, mentres que se torna aínda máis incomprensíbel na edición de Littera, cunha suposta forma pronominal la inédita nunha cantiga de amor.
Perante a presenza dunha lacuna textual que supón máis dúas sílabas métricas, recorremos á emenda de <seu> en sei eu, como acontece nunha pasaxe de Afonso Lopez de Baian, onde en face da correcta lección sei eu de A aparece a errada copia <seu> en BV. Ao mesmo tempo, a outra sílaba é recuperada a partir da reintegración de mui, un adverbio moi frecuente neste tipo de expresións e presente no propio Cogominho: sei eu mui ben que lhi verra (323.5). Sobre a frecuente necesidade de reintegración de mui véxase nota a 76.13.
A lección <Cassy> de B confirma a resistencia á sinalefa de ca, neste caso de un hipotético *ca‿assi. Precisamente o adverbio assi presenta a súa forma reducida por necesidades métricas con frecuencia despois desta conxunción causal (82.10, 94.10, 239.10, 290.16, 702.11, 983.3, 1022.r2, 1231.7, 1364.r3). Véxanse tamén nota a 179.30 e mais a 481.13.
A segmentación de i en non mi val non acrecenta nada significativo na interpretación, para alén de no corpus ser moi frecuente esta frase, en que mi convive con me, que non admitiría tal deglutinación.