621 [= RM 25,54]
Non sei oj’, amigo, quen padecesse

Non sei oj’, amigo, quen padecesse
coita qual padesco que non morresse
senon eu, coitada (que non nacesse!),
porque vos non vejo com’eu queria;
e quisesse Deus que m’escaecesse
vós, que vi, amig[o], en grave dia.
Non sei, amigo, molher que passasse
coita qual eu passo que ja durass’e
que non morress[e] ou desasperasse,
porque vos non vejo com’eu queria;
e quisesse Deus que me non nembrasse
vós, que vi, amig[o], en grave dia.
Non sei, amigo, quen o mal sentisse
que eu senço que o sol encobrisse
senon eu, coitada, que Deus maldisse,
porque vos non vejo com’eu queria;
e quisesse Deus que nunca eu visse
vós, que vi, amig[o], en grave dia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 604, V 207

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 100 [= LPGP 202]); Nunes (1973 [1928]: 54-55); Cohen (2003: 641); Littera (2016: I, 242).
II. Outras edicións: Moura (1847: 195-196); Monaci (1875: 81); Braga (1878: 41); Machado & Machado (1952: III, 240-241); Júdice (1997: 57); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 78); Torres (1977: 262); Correia (1978: 254); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 32).

Manuscript variants


2 morresse] moiresse B   9 morress[e] ou] moiressou B; desasperasse] des asperaʳsse V   10 vos] uos BV; vejo] ueieu BV; com’eu] comen B   13 quen o]  q̄ mho BV   16 eu] eo B   18 grave] gue V

Editorial variants


En Lang e Nunes non se marca tipograficamente o primeiro verso do refrán.

4 vos] vós Lang   5 quisesse] quizesse Lang   6 vós] vos Cohen   8 durass’e] durasse Lang, Nunes, Cohen, Littera   9 morress[e] ou] morress’ou Lang, Nunes   10 vos] vós Lang   11 quisesse] quizesse Lang   12 vós] vos Cohen   16 vos] vós Lang   17 quisesse] quizesse Lang   18 vós] vos Cohen

Paraphrase


(I) Non coñezo hoxe, amigo, ninguén que padecese unha coita como a que eu padezo que non morrese agás eu, coitada –oxalá que non nacese!–, porque non vos vexo como eu querería; e oxalá quixese Deus que me esquecese de vós, a quen vin, amigo, en día aciago.

(II) Non coñezo, amigo, muller que pasase unha coita como a que eu paso que aínda vivise e que non morrese ou perdese a esperanza, porque non vos vexo como eu querería; e oxalá quixese Deus que non me lembrase de vós, a quen vin, amigo, en día aciago.

(III) Non coñezo, amigo, ninguén que sentise o mal que eu sinto que simplemente o encubrise, senón eu, coitada, a quen Deus maldiciu, porque non vos vexo como eu querería; e oxalá quixese Deus que eu nunca vos vise a vós, a quen vin, amigo, en día aciago.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’a 10’B 10’a 10’B (= RM 13:39)

Notes


Text
  • 3

    Neste verso aparece a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 41.3, 178.17, 179.4, 270.20, 610.15, 647.15, 911.9, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).

  • 6

    A aparición de vós como complemento sen preposición ligado a escaecer (v. 6) e nembrar (v. 12) resulta sorprendente e conforma un uso sintáctico de rara aparición no corpus, pois os dous verbos rexen habitualmente a preposición de (escaecesse / vós ... nembrasse / vós = escaecesse ~ nembrasse de vós). Porén, nunha cantiga de Pero Garcia Burgalés achamos exactamente a mesma construción con escaecer (véxase tamén 50.8):

    ca nunca eu no mundo pud’achar,
    des quando me vos Deus fez[o] veer,
    dona que me fezess’escaecer
    vós, ... (194.17)

    Na estrofa III, o uso de vós como CD sen preposición de veer (visse / vós) é frecuente nas cantigas, tal como acontece con todas as formas pronominais tónicas oblicuas.
    É de notar que Cohen considera sistematicamente átono este pronome, que, como vimos, ten de ser necesariamente tónico en todas as ocorrencias do segundo verso do refrán (vv. 6, 12, 18).

  • 8

    A segmentación da copulativa en durass’e supón unha maior fluidez sintáctica e evita a consideración de xustaposicións, a pesar de que ningunha das edicións precedentes o considerou.

  • 10

    Perante a lección unánime de BV, podería pensarse nunha variación vejo (I, III) vs. vej’eu (II) no primeiro verso do refrán (cfr. nota a 27.4). Porén, a presenza de eu a seguir (*porque vos non vej’eu com’eu queria) aconsellan considerar a aparición de eu en vej'eu como un erro de transmisión por antecipación.

  • 13

    A lección < mho> BV normalmente implicaría unha interpretación que mi-o, mais neste caso o contexto condiciona unha lectura diferente (quem ho = quen o), cunha rara presenza de h- inicial na forma do pronome <ho>. Véxase, con todo, 3.4 (BL), 425.6 (BV), 758.7 (B vs. V)...; e a forma feminina <ha> pode verse, por exemplo, en 1468.16 (B vs. V).

Search
    No results