1218 [= RM 110,3]
Non vou eu a San Clemenço orar e faço gran razon

Non vou eu a San Clemenço orar e faço gran razon,
ca el non mi tolhe a coita que trago no meu coraçon,
nen mi aduz o meu amigo,
pero lho rog’e lho digo.
Non vou eu a San Clemenço, nen el non se nembra de min,
nen mi aduz o meu amigo, que sempr’amei, des que o vi,
nen mi aduz o [meu amigo,
pero lho rog’e lho digo].
Ca, se el m[e] adussesse o que me faz pẽad’andar,
nunca tantos estadaes arderan ant’o seu altar,
nen mi aduz [o] meu [amigo,
pero lho rog’e lho digo].
Ca, se el m[e] adussesse o por que eu moiro d’amor,
nunca tantos estadaes arderan ant’o meu Senhor,
nen mi aduz [o] meu [amigo,
pero lho rog’e lho digo].
Pois eu e mia voontade de o non veer son ben fis,
que porrei, par caridade, ant’el? Candeas de Paris?
Nen mi aduz [o] meu amigo
[pero lho rog’e lho digo].
En mi tolher meu amigo filhou comigo perfia,
por end’arderá, vos digo, ant’el lume de bogia.
Nen mi aduz [o] meu [amigo
pero lho rog’e lho digo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1202, V 807

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 387-389 [= LPGP 701-702]); Cohen (2003: 435); Littera (2016: II, 200); Eirín (2022: 165-166).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 276-277); Braga (1878: 151-152); Machado & Machado (1956: V, 307-308); Monteagudo (1998b: 145); Pena (1998c: 109-110); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 18-19); Nemésio (1961 [1949]: 163-164); Fernández Pousa (1951: 93-94); Nunes (1959: 317-318); Álvarez Blázquez (1975: 181-182); Landeira Yrago (1975: 92-93); Torres (1977: 381-382); Gonçalves & Ramos (1983: 270); Alonso Girgado (1992: 73); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 180); Arias Freixedo (2003: 661-662).

Variantes manuscritas


1 Clemenço] clemēto B : clemento V; orar] grar B; gran] gr̃a B   5 Clemenço] clemēto B : demenço V   6 sempr’amei] senpemey B   9 se el] se(l) el B   14 tantos] tantus V   18 que porrei] Q poirey B; caridade] candade V   21 perfia] fer fia V

Variantes editoriales


En Nunes os vv. 1-2 de cada estrofa divídense en versos curtos (heptasílabos graves e octosílabos agudos). En Cohen, a cantiga é isométrica, co refrán disposto nun único verso longo de 15 sílabas, igual que os restantes versos.

5 min] mi Nunes   9 el m[e] adussesse] el<e> m’adussesse Cohen : m[i] adussesse Littera; pẽad’] penad’ Nunes   13 el m[e] adussesse] el<e> m’adussesse Cohen : m[i] adussesse Littera   15 nen] non Nunes   17 e] e[n] Nunes, Cohen : e[m] Littera; fis] fiz Littera   19 Nen] non Nunes

Paráfrasis


(I) Eu non vou orar a San Clemenzo e fago moi ben, pois el non me tira a pena que traio no corazón, nin me trae o meu amigo, aínda que llo rogo e llo digo. 

(II) Eu non vou a San Clemenzo, nin el se lembra de min nin me trae o meu amigo, que amei sempre desde que o vin, nin me trae o meu amigo, aínda que llo rogo e llo digo.

(III) Pois, se el me trouxese aquel que me fai andar penada, nunca tantos cirios arderan ante o seu altar, nin me trae o meu amigo, aínda que llo rogo e llo digo. 

(IV) Pois, se el me trouxese aquel por quen morro de amor, nunca tantas candeas arderan ante o meu Señor, nin me trae o meu amigo, aínda que llo rogo e llo digo. 

(V) Pois eu e a miña vontade de o non ver son firmes, por caridade, que porei ante el? Candeas de París? Nin me trae o meu amigo, aínda que llo rogo e llo digo. 

(VI) En me quitar o meu amigo porfía comigo, por iso arderá ante el, como vos digo, lume de vela. Nin me trae o meu amigo, aínda que llo rogo e llo digo.

Métrica


Esquema métrico: 16a 16a 7’B 7’B (I-V) + 15’a 15’a 7’B 7’B (VI)

Encontros vocálicos: 2 tolhea; 3 miaduz; 6 miaduz; 7 miaduz; 11 miaduz; 15 miaduz; 19 miaduz; 23 miaduz

Notas


Texto
  • *

    Montero Santalla (2000: I, 590-591) ofrece unha diferente disposición para esta cantiga, considerando as dúas últimas estrofas como dúas fiindas:
              Pois eu e[m] mià voontade
              de o nom veer som bem fis,
              que porrei, par caridade,
              ant’el?: candeas de Paris?:

     

              Em mi tolher meu amigo
              filhou comigo perfia,
              por end’arderá, vos digo,
              ant’el lume de bogia.

    As razóns aducidas para soster tal proposta asentan na existencia de rima regular nestas estrofas, na falta de correspondencia paralelística co resto da cantiga, na coincidencia da rima -igo do refrán nos vv. 21 e 23, na distribución gráfica dos manuscritos en versos curtos e, finalmente, no desenvolvemento semántico da cantiga, onde estas fiindas serían unha “espécie de razoamento conclusivo”.

  • 1

    Sobre o tratamento evolutivo do grupo cl- en Clemenço (tamén no v. 5) véxase nota a 1216.18.

  • 9

    Neste verso, como no v. 13 (véxase tamén 1219.9 e 17), reintegramos a vogal ausente no pronome me para conseguir a isometría versal: esta reintegración, que contrasta con el[e] en Cohen, permite fixar tamén nestes dous versos un acento rítmico na 7ª sílaba, presente en toda a cantiga. É certo que habitualmente esta forma pronominal me estabelece sinalefa coa voz seguinte cando esta comeza por vogal, mais tamén é certo que ao longo do corpus podemos achar algún caso en que o cómputo métrico indica o contrario: Faredes-me atal prazer (935.6, verso octosilábico); e maravilho-me ende (1012.10, verso heptasilábico).

    No conxunto das cantigas profanas achamos as variantes pẽa (só en 1348.19) e pea (1440.41), a partir do lat. poenam, con caída regular de -n- intervocálico, fronte á forma pena, maioritaria, con obvia influencia de tipo erudito (10.8, 829.12, 1306.9). Do mesmo xeito, en contraste coa forma xeral penar (864.15, 892.6, 1236.10) e, sobre todo, penado (véxase Glosario, s.v.), neste verso rexístrase a única ocorrencia da forma de participio con desaparición de -n- intervocálico que se documenta no corpus trobadoresco.

  • 10

    Os estadaes, voz única desta composición, son cirios ou velas. Este substantivo é especialmente frecuente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettman 1972: IV, s.v.), que, ao conteren narracións de tipo relixioso, favorecen a súa aparición.

  • 14

    Neste verso detéctase unha aparición da terminación -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os (<tantus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 18

    Este verso (dous en Nunes) foi mal puntuado polo benemérito filólogo portugués (puntuación que continúa Littera):
              que porrei par caridade
              ant’el candeas de Paris?

    O sintagma par caridade (tamén en 336.17, 862.4, 1432.11 e 1667.13) convive con por caridade (551.27, 1354.7 e 1430.1): tal distribución mostra como a variante preposicional par, especializada no uso en invocacións de tipo relixioso (nomeadamente par Deus), tende a estender a súa presenza a fórmulas relacionadas con estas.

    As candeas de Paris eran moi apreciadas na Idade Media, pola súa calidade (nótese o contraste coas bogias, v. 22). Achámolas mencionadas nas ordenanzas municipais de 1400 da cidade de Toledo, no «capítulo x que fabal de las candelas de sebo»:

    Otrosí, que las candelas de París de las mayores aya diez e ocho en la libra, e de las de meaja treinta e seis en la libra, e de las de dos a meaja setenta e dos candelas en la libra. E el pavillo dellas que sea destopa de un filo doblado. E qualquier que lo ansí non fiziere peche setenta e dos mrs. por cada vez, e pierda las candelas. E destos mrs. aya los doze mrs. el almotagén, e los veinte mrs. los fieles. E por una candela o dos de más que aya en la libra non peche caloña alguna. E así desta guisa en las candelas de a meaja e de dos a meaja (Morollón Hernández 2005: 331-332)1 .

  1. ^

    O mesmo texto é recollido no Libro de las Ordenanzas de la çibdad de Toledo (Medina del Campo, 1505), no «Título de las candelas de sebo. XII»: Otrosý que las candelas de París de las mayores que aya dies e ocho en la libra e de las de a meaja treynta e seys en la libra a de las de dos meajas setenta e dos candelas en la libra e el pávido dellas que sea de estopa de vn hylo doblado. E qualquier que lo as´y non fisiere pechen treynta e dos maravedís por cada vez e pierda las candelas, e destos maravedís ayan los dose maravedís el almotaçén, e los veynte maravedís los fieles y por cada vna candela o dos que aya demás en la libra non pechen caloña alguna, e as´y en esta guisa de las candelas de a meaja e de dos a meaja (Transcrición de Juan Carlos Moreno Moreno. Dispoñíbel en https://www.catedrasimonruiz.es/images/Docs_Historicos/6/ordtoledo1505transcrip.pdf).

Buscar
    Sin resultados