158 [= RM 108,2]
Nostro Sennor, en que vos mereci

Nostro Sennor, en que vos mereci
por que me fostes tal sennor mostrar,
a máis fremosa que eu nunca vi,
a que non ouso nulla ren falar?
Pero a vejo, non ll’ouso dizer
a mui gran coita que me faz aver,
e ei-mi assi mia coit’a endurar.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscripts


A 69, B 182

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 147 [= LPGP 699]); Littera (2016: II, 198).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 74); Carter (2007 [1941]: 42); Marques Braga (1945: 137); Machado & Machado (1949: I, 280); Muriano Rodríguez (1996: 73); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 158).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 154).

Manuscript variants


1 vos] uus A   2 me] mj B   5 non] nou B   6 gran] om. A   7 e ei-mi assi] [E]y miassi A; e ey mi assi] massy B

Editorial variants


1 vos] vus Michaëlis   7 e] om. Michaëlis

Paraphrase


(I) Noso Señor, en que vos merecín que me fósedes tal señora mostrar, a máis fermosa que eu nunca vin, a quen non me atrevo a falar? Aínda que a vexo, non lle ouso dicir a moi grande aflición que me fai ter, e así teño que soportar a miña coita.

Metrics


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= RM 101:17)

Encontros vocálicos: 7 miassi

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga é atribuída a Nuno Porco no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 4

    De novo o relativo que presenta o valor de ‘quen’. Véxase nota a 47.21-22.

  • 7

    A copulativa inicial, ausente no Cancioneiro da Ajuda mais presente en B, é necesaria para a medida decasilábica do verso, que ficou hipométrico na edición de Michaëlis.

Search
    No results