314 [= RM 72,10]
Nostro Sennor, que me fez tanto mal

Nostro Sennor, que me fez tanto mal,
ainda me poderia fazer ben
se mia sennor, per quen este mal ven,
eu visse ced’; e non lle peço al,
ca, se eu fosse fis de a veer,
non querria do mundo máis aver.
Por quanto ll’eu roguei e lle pedi
quand’eu podia veer mia sennor,
non llo peço nen querria mellor
de mi-a mostrar u m’eu dela parti,
ca, se eu fosse f[is] d[e] a v[eer,
non querria do mundo máis aver],
ca muit’á ja que ll’eu sempre roguei
por outro ben, e non mi-o quis El dar,
de mia sennor, e fui-mi ora rogar,
que a non vej’e non a veerei,
ca, se eu fosse fi[s] de a v[eer
non querria do mundo máis aver].
E rogo-ll’eu que, se ll’a El prouguer,
mostre-mi-a ced’, e quanto mal me fez
non sera ren se m’oir esta vez
meu Sennor Deus e mi-a mostrar quiser,
ca, se eu fosse f[is] d[e] a veer,
[non querria do mundo máis aver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 203, B 354

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 395-396 [= LPGP 473]); Littera (2016: I, 549-550).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 129-130); Carter (2007 [1941]: 119); Machado & Machado (1950: II, 120-121); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 314).

Variantes manuscritas


1 me] mj B   3 quen este] que meste B   4 lle peço] lhi peçeu B   5 ca] a A   6 querria] queiria B   7 lle] om. B   8 quand’eu] quand(o) eu A   9 llo] lhi B; querria] queiria B   10 mi-a] mj B   15 de mia sennor, e fui-mi ora rogar] Da mha senhor e fuy mho eu gⁱsar B   16 a veerei] au’ey B   19 rogo-ll’eu] irogueilhi B   20 mostre-mi-a ced’, e] Mostramha ceden B   21 m’oir] moiel B

Variantes editoriales


2 poderia] podera Michaëlis : pod’ria Littera    5 fis] fiz Littera   9 non] nen Michaëlis   11 f[is]] fiz Littera   15 rogar] guisar Littera   17 f[is]] fiz Littera   23 f[is]] fiz Littera

Paráfrasis


(I) O Noso Señor, que me fixo tanto mal, aínda me podería facer ben se eu vise axiña a miña señora, por quen sufro este mal; e non lle pido outra cousa, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter.

(II) Por todo aquilo que lle eu roguei e lle pedín cando eu podía ver a miña señora, non llo pido nin querería nada mellor ca que (El) ma mostrase cando eu me afastei dela, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter, (III) pois moito tempo hai xa que eu sempre lle roguei por outro ben, e non mo quixo conceder El da miña señora, e fun agora rogar (a Deus), pois non a vexo e non a verei, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter.

(IV) E rógolle eu que, se a El lle prouguer, ma mostre axiña, e todo canto mal me fixo non será nada se esta vez o meu Señor Deus me quixese ouvir e ma (quixese) mostrar, porque, se eu tivese a certeza de vela, nada máis do mundo querería ter.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:122)

Encontros vocálicos: 2 *ain·da; 10 mi-‿a; 14 mi-‿o; 15 -miora; 20 -mi-‿a; 22 mi-‿a

Notas


Texto
  • 2

    O verso é hipermétrico agás que consideremos unha sinérese en ainda, dun modo similar ao que parece ser frecuente en soia, forma repetidamente bisilábica: esta mesma forma verbal parece computar como dúas sílabas tamén noutras ocasións (20.11, 58.12, 1197.29), para alén de xa se rexistrar a variante suia (<ssuya>) en 921.4, frecuente en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.). 

    Para resolver esta hipermetría, Michaëlis mudou o tempo verbal en prol de podera e en Littera recorreuse a unha síncope pod’ria nunca rexistrada no corpus trobadoresco.

  • 5

    Nótese a teima de transformar o provenzalismo fis (véxase Glosario, s.v.) nunha forma fiz en Litera, en todas as ocorrencias do refrán.

  • 20

    Neste verso detéctase unha anómal posposición do(s) clítico(s) nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal:

    ca en tal ora nado
    foi que, mao pecado,
    amo-a endoado (22.r6-7).

    e sei que faço-vos, de pran,
    pesar (76.15).

    que m’ei a queixar, se quiser-
    -lle pedir alg’ou a veer (123.24-25).

    Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que (véxase nota a 216.3), que se poden achar esporadicamente na prosa:

    et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (General Estoria; Martínez López 1963: 190); 

    E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1990: IV, 442). 

Buscar
    Sin resultados