317 [= RM 72,11]
Nostro Sennor, que non fui guardado

Nostro Sennor, que non fui guardado
d’eu en tal tempo com’este viver,
que o que soian por ben tẽer
ora o teen por desguisado,
que este mund’é ja tornad’en al
que todo prez teen ora por mal:
a que mal tempo eu sõo chegado!
Que mal fui eu desaventurado
que en [a]tal tempo fui ben querer
atal dona, de que non poss’aver
ben e por que ando mui coitado,
e as gentes, que me veen andar
assi coitado, van én posfaçar
e dizen: «Muit’anda namorado».
E de min an ja muito posfaçado
porque saben ca lle quero gran ben,
que me devian a preçar por én,
e por én sõo máis pouco preçado;
e viv’en coita (nunca maior vi!),
e mia sennor non me quer valer i,
e assi fiquei desamparado.
E esta coita ten-me chegado
a mort’, e non guarrei per niun sén,
pois mia sennor non quer por mí dar ren
de que eu sempre andei enganado;
e moir’e, pois preto da mort’estou,
muito me praz, que enfadado vou
deste mundo, que é mal parado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 206, B 357

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 401-402 [= LPGP 474]); Littera (2016: I, 551-552).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 130-131); Carter (2007 [1941]: 121); Machado & Machado (1950: II, 126-127); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 317).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 104); Arias Freixedo (2003: 505-506).

Variantes manuscrites


2 eu] en B; com’este] como est B   3 tẽer] teer B   4 desguisado] desaguisado B   5 tornad’] tornado B   7 eu sõo chegado] en son achegado B   13 van] uay A   14 anda] aua A   15 E] Que B; posfaçado] posfacado A   16 ca lle] cale A : quelhi B   17 devian] deuuā A   18 sõo] son B   19 e viv’en] e uiuu en A : Eu men B   21 desamparado] dessamparado A   22 E] om. A   23 guarrei per niun] gʷrirey pᵉ non B   25 sempre andei] semp̃ndey B   26 e moir’e, pois preto da mort’estou] E moyro poys da morte pretestou B   27 me] mj B

Variantes éditoriales


3 tẽer] teer Littera   4 teen] tẽen Michaëlis : têm Littera   6 teen] tẽen Michaëlis : têm Littera   7 sõo chegado] som achegado Littera   9 [a]tal] tal Michaëlis, Littera   15 E] om. Littera; muito] mui Michaëlis   16 lle] l[h]e Michaëlis   18 sõo] som Littera   25 sempre] sempr(e) Michaëlis 

Paraphrase


(I) Noso Señor, como non fun gardado de vivir en tal tempo como este, que o que adoitaban considerar como un ben agora é considerado un despropósito, (e) como este mundo se tornou noutra cousa, de modo que todo o que é digno de estima é considerado agora un mal! A que mal tempo eu cheguei!

(II) Que desventurado eu fun, que en tal tempo fun amar tal dona de quen non podo ter ben e por quen ando moi coitado!, e as xentes, que me ven andar así coitado, búrlanse diso e din: «Anda moi namorado».

(III) E xa me escarneceron moito porque saben que a amo, aínda que me debían prezar por iso, e por iso son menos estimado; e vivo en coita –nunca a vin maior!–, e a miña señora non me quere valer nesa situación, e así fiquei desamparado.

(IV) E esta coita tenme preto da morte, e non sobrevivirei de ningún modo, xa que á miña señora, de quen eu sempre tiven unha idea errada, non lle importo nada; e morro e, pois preto da morte estou, moito me prace, porque estou aborrecido deste mundo, que está mal organizado.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a (= RM 161:221)

Encontros vocálicos: 3 so·i·an; 7 so͂͜o; 14-15 namoradoE; 18 so͂͜o; 25 sempreandei

Notes


Texte
  • 2

    Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.471.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

  • 4

    A variante desaguisado de B (subliñada por Colocci) levaría consigo a sinalefa ora‿o, inexistente na lección de A polo uso da forma desguisado. Véxase nota a 179.2.

  • 7

    Como acontece no v. 4, véxase a coexistencia das solucións sõo (A) e son (B), sen problema métrico no antigo Colocci-Brancuti polo uso da variante achegado (vs. chegado). Véxase nota a 10.25.

    Canto á medida do verso, o ritmo acentual suxire a posibilidade da sinalefa tempo‿eu, aínda que o cómputo unisilábico de sõo no v. 18 parece indicar que se lle debe atribuír a mesma medida neste verso.

  • 9

    A hipometría do verso, inadvertida en Michaëlis (e Littera), resólvese coa variante atal, presente tamén no verso seguinte. Na lingua trobadoresca a forma atal aparece en concorrencia coa forma simple tal, mesmo con convivencia das dúas variantes na mesma composición: 128, v. 17 tal vs. 12 e 17 atal; 147, vv. 1, 8 e 15 tal vs. v. 14 atal; 200, vv. 24 e 26 tal vs. v. 15 atal; 222, vv. 4 e 10 tal vs. v. 8 atal etc.). Ademais, pode comprobarse como nos diversos manuscritos alternan as dúas formas: 82.11: atal don’amar A vs. tal dona amar B; 128.12 e 17: d’atal A vs. de tal B; 143.9: tenh’atal A vs. tenho tal B; 430.27: co[n]ven tal afan a sofrer A vs. conven atal afan sofrer B. Así mesmo, nalgún caso A ofrece atal onde B ofrece un verso hipómetro (véxase 202.15), ao tempo que B pode presentar a variante atal (vs. tal A) que debe ser corrixida para evitar a hipermetría (167.2, 188.2, 200.15). Cfr. nota a 83.7.

  • 15

    A episinalefa (namorado/E) resolve a hipermetría do verso, que Michaëlis tentou arranxar convertendo muito nun anómalo mui a preceder un participio, face a Littera, que expuxiu a copulativa inicial da estrofa.

    Obsérvese, ademais, a alternancia entre a copulativa e en A e a causal que (ou ca) en B, presente tamén noutras pasaxes (80.14, 94.22, 140.28, 317.15). Porén, tamén se rexistra a alternancia contraria (véxase nota a 64.15).

  • 16

    Neste verso, xunto con 89.3 e 5, 238.13 e 252.6 en A rexístrase aparentemente a forma le(s) para o pronome lle(s), hipotético testemuño da forma arcaica do pronome (procedente do lat. ĭllī), que se atesta por veces en textos prosísticos e mais nas Cantigas de Santa Maria. Na realidade, é dificil determinar se se trata dun lapso de escrita con omisión de <l> (cfr., por exemplo, <filei> por <fillei> en 132.9 e 10, 133.4, ou <alur> por <allur> en 403.3) ou se verdadeiramente son formas reais. Cfr. nota a 423.18.

    Por outra banda, a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 18

    A forma sõo (cfr. son en B) é monosilábica neste verso, pois, aínda que, en xeral as formas sõo e soo (do lat. sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas, tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 1118.8 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2), do mesmo modo que ũu (cfr. nota a 47.20) e bõo ~ boo (cfr. nota a 241.10). Cfr. nota a 10.25.

  • 21

    A variante amparar só en limitadas ocasións B presenta lección coincidente con A (tamén en 72.3, 191.10), pois o Cancioneiro da Biblioteca Nacional prefire a variante emparar. Véxanse notas a 310.15 e 506.18.

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <dessamparado> pesar neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 23

    En diversas ocasións B presenta, en vez da xeral guarrei, unha aparente forma analóxica guarirei de futuro que provocaría hipermetría versal, e que constitúe unha forma errada, coa alternativa correcta noutro testemuño: 306.1 fronte a A; 1210.5 fronte a V.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé