[last revised: 23/02/2024]Print

979 [= Tav 45,1]
Null’ome non pode saber

Null’ome non pode saber
mia fazenda per neun sén,
ca non ous’eu per ren dizer
a que m’en grave coita ten,
e non me sei consello dar,
ca a mia coita non á par,
que me faz seu amor sofrer.
Con tal sennor fui eu prender,
a que non ouso dizer ren
de quanto mal me faz aver,
que me sempre por ela ven,
e mal per-foi de min pensar
Amor, que me seu fez tornar,
ca por ela cuid’a morrer.
E nunca meus ollos veran
con que folgu’o meu coraçon:
mentr’esteveren, com’estan,
alongados dela e non
foren u a vejan, ben sei
que nunca lles ren mostrarei
que lles possa prazer de pran.
E ben sei ca non dormirán
mentr’assi for nen é razon
nen eu non perderei afan,
mal pecado, nulla sazon;
mais, se eu non morrer, irei
ced’u lle mia coita direi,
e por ela me matarán.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


A 286, B 977, V 564

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 569-570 [= LPGP 307-308]); Littera (2016: I, 339-340).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 202); Braga (1878: 108); Carter (2007 [1941]: 168); Machado & Machado (1953: IV, 356-357);  Montero Santalha (2004); Arbor Aldea (2016b).

Manuscript variants


1 Null’] ull A   2 neun] nen hun BV   4 en] eu B   7 me] mj B : mi V   8 eu prender] enprender A : eu p’nder B : eu p̃nder V   9 a] o BV   10 me] mj B : mi V   11 me] mj B : mi V   12 per-] par B   14 ca] E B : e V; morrer] moirer B   16 folgu’o] folgue BV; coraçon] coracon B   19 foren u a] Foran hua B : forā hua V (con til riscado)   20 lles] lhis BV; ren] tē V   21 lles] lhis BV   22 E] om. A   23 nen] uj B : ui V   24 nen] ne A   25 pecado] peccado B : pc̄cado V   26 morrer] moirer B   27 lle] lhy BV   28 e] τ u A

Editorial variants


2 neun] nẽum Littera   8 fui eu prender] fui emprender Michaëlis, Littera   16 folgu’o] folg’o Littera   22 dormirán] dormiran Michaëlis   24 afan] afã Littera   28 matarán] mataran Michaëlis

Paraphrase


(I) Ninguén pode saber de xeito ningún o que me acontece, pois eu por nada me atrevo a dicir o nome da que me ten en tan grave sufrimento, e non se me ocorre un remedio, porque a miña coita, que o seu amor me fai sufrir, non ten par.
(II) Con tal señora fun eu iniciar unha relación, a quen non me atrevo a lle dicir nada de canto mal me fai levar, que sempre me vén por causa dela, e moi mal coidou de min Amor, que me fixo tornar seu (vasalo), pois por ela penso morrer.
(III) E os meus ollos nunca verán nada con que folgue o meu corazón: mentres estiveren, como están, afastados dela e non foren a onde a vexan, ben sei, certamente, que nunca lles mostrarei nada que lles poida pracer.
(IV) E ben sei que non durmirán mentres así for nin é razoábel nin eu perderei o afán nunca, infelizmente; mais se eu non morrer, irei cedo a onde lle direi a miña coita, e por ela me matarán.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= Tav 100:45)

Notes


Text
  • 2

    No Cancioneiro da Ajuda niun é a forma xeral para o indefinido, mais tamén se rexistra neun (fem. neũa); en todos os casos, cando existe copia en BV, a forma nos cancioneiros italianos é nen un (<nen hun ~ nē hū ~ nē hūu...>), agás en 132.1 (<niun> A, <neum> B). De calquera xeito, en textos transmitidos en BV tamén se rexistra a forma feminina neũa en 1267.r1 e 1319.11, xunto coa forma neũu de V en 1007.22).

  • 8

    O feito de que emprender só se documente moi raramente no período medieval (un rexistro en CSM 313.72: e cada ũu enpres / a fazer sas orações aa Sennor mui cortes)1 , aconsella acoller a variante subministrada por BV para estabelecer o verbo prender, de amplísimo uso na lingua trobadoresca. Cfr. un contexto moi similar en Nen m’ar conven que én prenda / con outra (37.15), onde os restantes editores fixaron emprenda.

  • 14

    Nótese a alternancia de leccións entre A e B, coa presenza de ca ~ que en A fronte á copulativa e en B (tamén en 64.15, 94.22, 137.9, 175.22, 349.9); noutras pasaxes, achamos tamén a alternancia contraria, con e en A e ca ~ que en B(V) (véxase nota a 80.14). E resulta significativo que en 526.15, fronte a <Ca> en B se perciba vacilación na copia de V: <(E) Ca>.

  • 22-28

    Os ollos son o suxeito de dormirán (v. 22) e de matarán (v. 28).

  • 28

    A sintaxe e o sentido permiten a expunción do adverbio u, con presenza irregular (lémbrese a imposibilidade da sinalefa da copulativa: *e‿ u) no verso na copia de A (vs. BV), como acontece noutras pasaxes do corpus: 60.13 (B), 194.27 (B vs. A), 540.r1 (B vs. V), 1300.10 (BV vs. N).

     

  1. ^

    Existe escasísima documentación de emprender na prosa portuguesa tardía, pois só localizamos cinco ocorrencias na Crónica de D. Duarte, de Rui de Pina (CdP), e unha ocorrencia no Livro de Montaria (CGPA).

Search
    No results